Arquivo Setembro 5th, 2010
Se a mina San José estivese aquí
Supoño que moitos de vostedes se preguntaron que farían no caso de ser un deses 33 homes enterrados e encerrados nunha mina chilena. Como afrontarían a cousa a perspectiva de pasar uns tres meses nesa situación, e se a darían aguantado. Iso foi o segundo que me veu á cabeza cando souben do drama. O primeiro, quedar arrepiado polo destino deses homes. O terceiro foi acordarme dunha obviedade. Da película El Gran Carnaval (Ace in the Hole, 1951) de Billy Wilder, porque nela tamén hai mineiros atrapados e atención informativa. Na película é un só mineiro, e un só xornalista (Kirk Douglas) que convence ás autoridades de acometer o rescate non polo sistema máis rápido, que levaría apenas unhas horas, senón por outro, moito máis lento. Así, habería tempo para converter o que sería como moito un accidente laboral dunhas liñas, nun operativo de alcance nacional. E así é, desafortunadamente para o mineiro.


