si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Os medios en galego importan

15 comentarios

Saiu a web. Agora a pasmar mirando a quen coñezo.

Como xa dixen por aí, os manifestos non sirven para nada, e as manifestacións tampouco. Como moito sirven os votos (téñenlles máis medo, polo menos), e desde logo, os cartos. Pero trátase de non outorgar. De que saiban que sabemos. E que non, vamos.

Escrito por sihomesi

7 de Setembro, 2010 ás 3:47 p.m.

15 Comentarios to 'Os medios en galego importan'

RSS dos comentarios

  1. [...] Pero trátase de non outorgar. De que saiban que sabemos. E que non, vamos. Vía si home si: sihomesi.com/2010/09/07/os-medios-en-galego-importan/ sen comentarios en: , Política karma: 11 etiquetas: medios, lingua, galego, dilapidamento [...]

  2. Totalmente de acordo: as manifestacións na urna.

    xOsse dorrío

    7 Set 10 at 5:21 p.m.

  3. A CIG responsabiliza á dirección de A Nosa Terra da grave situación económica da empresa
    A federación de Químicas e Enerxía da Confederación Intersindical Galega responsabiliza ás distintas direccións do semanario A Nosa Terra da grave situación económica que atravesa a empresa e que obrigou os seus responsábeis a suspender pagos. Dende a central nacionalista critican tamén o feito de que os xestores da publicación non comunicaron ao representante dos traballadores e traballadoras a entrada no proceso concursal e reclaman que se lles facilite información.

    Guillerme

    7 Set 10 at 7:21 p.m.

  4. Jacinto Rey non pode pechar A Nosa Terra sen negociar un plan de viabilidade

    SXG
    Vigo

    Vigo, 3 de setembro 2010.- O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) reclama ao Grupo San José, propietario do semanario A Nosa Terra (ANT), o mantemento do máximo número posíbel de postos de traballo neste medio de comunicación. O SXG critica que a empresa anunciase na prensa a paralización temporal desta centenaria publicación sen presentar ningún plan de viabilidade, malia que os traballadores levan máis de ano e medio reclamándollo a través do seu delegado sindical, elixido pola CIG.

    Ademais, o SXG denuncia que a empresa acumula continuos atrasos nos pagamentos dos salarios, que neste intre suman dúas mensualidades. O Sindicato esixe o pronto abono das nóminas, pois A Nosa Terra pertence a un gran grupo empresarial, a construtora San José, que dirixe Jacinto Rey, con capacidade suficiente para facer fronte ao soldo de 25 traballadores.

    Segundo a información remitida pola propia compañía ao Rexistro Mercantil, A Nosa Terra facturou en 2009 máis de 1,6 millóns de euros, cantidade de abondo para asegurar a supervivencia do semanario e o pagamento das débedas a curto prazo, que para 2011 e 2012 suman menos de 160.000 euros exclusivamente con Caixanova.

    Quen é o dono de A Nosa Terra?

    Un nivel de débeda asumíbel pola Construtora San José, principal accionista de A Nosa Terra. O grupo construtor controla a editorial a través da sociedade Promoción Cultural Galega 2007, presidida por Alfonso Eiré, tamén presidente de ANT, pero cuxas accións corresponden en máis do 97% a Udra Medios, filial do Grupo San José e que tamén é accionista maioritario de Xornal de Galicia. É inexacto, malia o publicado nalgúns medios, que Alfonso Eiré sexa o propietario da empresa, unicamente é o presidente que actúa de pantalla ante o verdadeiro propietario, Jacinto Rey.

    San José mantén ao fronte aos responsábeis da crise

    Ao igual que xa denunciara a CIG nun comunicado antes do verán, o SXG considera que ANT arrastra dende varios anos unha «mala xestión» que de ningún modo poden pagar exclusivamente os traballadores e traballadoras. Uns traballadores aos que se lles ocultou durante máis dun mes a presentación do concurso de acredores do que tiveron que enterarse pola prensa, actuación da dirección de ANT, presidida por Alfoso Eiré, que só merece o cualificativo de inmoral.

    San José non pode forzar o peche do que fóra voceiro das Irmandades da Fala mantendo a súa vez ao fronte da empresa aos actuais xerentes, que son evidentemente os responsábeis directos do malgasto e da caída de vendas dos últimos anos.

    Responsabilidade da Xunta de Galicia

    Ademais da responsabilidade directa e principal dos actuais xerentes, que a pesar de abocar a ANT a esta situación non foron relevados polo Grupo San José, o SXG considera que o actual goberno da Xunta de Galicia tamén ten a súa parte de responsabilidade debido á drástica redución nas axudas aos medios escritos en galego e ao libro escrito en galego.

    O SXG quere facer chegar unha mensaxe de apoio tanto ao delegado sindical como á CIG nas medidas que estimen oportunas coordinar ante esta difícil solución.

    Por último, o Sindicato chama a todas as administracións a que tomen medidas urxentes ante a continúo feche e despedimentos de medios de comunicación nos últimos meses, especialmente entre os editados en galego. Cómpre lembrar que o Estatuto de Autonomía obriga á Xunta e aos poderes públicos a promover o uso do idioma propio en novos eidos, como os medios de comunicación.

    Guillerme

    7 Set 10 at 7:21 p.m.

  5. Grande parte do galeguismo anda a botar-se as maos à cabeça pola desapariçom do centenário A Nosa Terra que chega trás a morte de Vieiros e Gznación. O presidente da editora Promocións Culturais Galegas, Alfonso Eiré Pucheiro, anunciou-na em declaraçons em numersos jornais como Público De todas as entrevistas a Pucheiro desprende-se a mesma tese vitimista. ANT desaparece pola falta de apoio da Junta enquanto a empresa fará todo o possível para reflotar a cabeceira e defender os postos de trabalho. Este artigo demonstrará que Eiré mente. O seu plano por diluir a responsabilidade da quebra definitiva da direcçom e aforrar-lhe indenizaçons ao verdadeiro dono da empresa, a construturo San José ( http://www.grupo-sanjose.com/) de Jacinto Rey. Asemade, busca perpetuar a sua imagem como suposto mártir do jornalismo galeguista. http://galizalivre.org/?q=noticia/07.09.2010/verdadeira-causa-do-feche-d-nosa-terra

    xosé carlos

    7 Set 10 at 7:26 p.m.

  6. Supoño que pasmaría ao ver a un tal Amancio Ortega Inditex no medio dos asinantes.

    Por certo, parabéns pola conversión de sHs en dazibao.

    eSedidió

    7 Set 10 at 8:08 p.m.

  7. Grande o manifesto.Non polo numero de asinantes, que ao final seremos os 2000de sempre,senon polo seu contido.

    Eu dende logo seria mais humilde que certos internautas.Cando un vai de pedichon pola vida os xestos de ayatollah sonche bastante ridiculos.Ao final Jacinto Rey vaise dar de conta que lle rinden mais os cartos noutra empresa.

    Que me desculpe sHs,mais de quen ven sendo o Sindicato de Xornalistas de Galicia? E que non me imaxino Union of English Journalists,nin tan siquera Sindicato de Periodistas de Espana.Tamen e verdade que a mina ignorancia xornalistica (e non so) e total.

    Alfonso Pardo

    7 Set 10 at 8:08 p.m.

  8. Nestes tempos en que as empresas con problemas adoitan usar aos traballadores (coa sua colaboración entusiasta) como puntas de lanza ante as administracións e a opinión pública, celebro que os de ANT non participen desa crenza.
    Tamén é certo que, cando unha empresa vai mal, vai porque o seu produto ou a súa xestión non son bos, e aí que cadaquén se aplique o conto.
    Pero o manifesto vai doutra cousa -ata o punto de que, por moito que fose o detonante, nin cita a ANT-. Vai, e por iso o asinei, de dicirlle a Administración de que non se pode deixar caer a uns medios e soster a outros por criterios ideolóxicos. E tamén é un dasafogo -e por iso tamén o asinei- contra moita xente que debece pola defensa do galego e a única actividade que parece facer é, polo que se ve, meter o dedo nos ollos alleos.

    sihomesi

    8 Set 10 at 12:04 p.m.

  9. E Alfonso, o SXG é parte da Federación Estatal de Sindicatos de Periodistas. E hai sindicatos en UK, en Alemaña, etc. O que pasa é que os medios de comunicación non son moi amigos de darlles cancha. Debe ser polo de que en casa do ferreiro, etc.

    sihomesi

    8 Set 10 at 12:07 p.m.

  10. Non se me rebote, don Si, que o de dazibao ía polos comentarios, non polo manifesto.

    eSedidió

    8 Set 10 at 12:27 p.m.

  11. Pois o manifesto non irá de ANT. E é unha casualidade que a web do manifesto a rexistrara Alfonso Eiré, presidente de ANT.

    Pedro

    8 Set 10 at 1:44 p.m.

  12. Estou dacordo con sihomesi, tanto co que manifesta aquí como o que está declarando estes días polos medios adiante.
    O Goberno, mal, moi mal, pero non moito pior que o anterior. Cando algúns que agora protestan estaban no Goberno, no 2007 déronlle 7 millóns de euros ao grupo Voz e 630.277 a ANT e 182.000 a Vieiros (por certo, saberemos por que burato se marcharon os cartos desta empresa?). Á edición dixital da Voz, por exemplo, regaláronlle 256.416. As ganas de sair na foto foron superiores ás súas conviccións. Agora toca laiarse.

    M16

    8 Set 10 at 3:48 p.m.

  13. eSe, non me reboto nun con VD, nin cos que usan o blog de taboleiro, que é unha forma de contribuir ao debate, informar, e mesmo un recoñecemento de que se le. O comentario é unha forma de matizar a miña posición sobre un manifesto colectivo, e que non redactei eu.
    Pedro, non dixen que o manifesto «non vaia» de ANT, senón que «non cita». Vai de ANT, de Vieiros, de A Peneira, e de Chuza e dos que veñan, e independentemente de xestións empresariais. E a web rexistrouna Eiré porque que menos, supoño. (Aínda que logo do dazibao/taboleiro, puiden acoller o manifesto aquí, e tería milleiros de visitas, hackeos, centos de comentarios… non, mellor que a rexistrara Eiré)

    sihomesi

    8 Set 10 at 4:56 p.m.

  14. Ainda que non sei o que anda a decir por ahi o Guru, e que algún aqui ensalza, so quédome apapaostiado co resumo deste post que é unha clara concreción do meu pensamento. Ainda que lle retiraria as tres últimas frases e daríalle mais importancia o asunto dos cartiños, non podo menos que volver a repetir o escrito «Como xa dixen por aí, os manifestos non sirven para nada, e as manifestacións tampouco. Como moito sirven os votos (téñenlles máis medo, polo menos), e desde logo, os cartos».
    Chapeau e ande fino que os amigos que se esta buscando sonche de efectos retardados.
    Saude

    alvarez

    9 Set 10 at 10:15 p.m.

  15. http://www.elpais.com/articulo/Galicia/CIG/anuncia/movilizaciones/cierre/Nosa/Terra/elpepiautgal/20100911elpgal_18/Tes

    El sindicato nacionalista CIG ha anunciado movilizaciones por el cierre del semanario A Nosa Terra.

    A pesar de que el consejero delegado de la empresa, Afonso Eiré, aseguró la semana pasada que se mantendrían los 28 puestos de trabajo, la central afirma que la dirección «ha presentado un ERE que afecta a la práctica totalidad de los 28 asalariados». Además, la federación de Química del sindicato, en la que se encuadran los periodistas, denuncian que los trabajadores «sólo reciben información sobre su futuro a través de las entrevistas que Afonso Eiré concede a la prensa».

    Aunque la CIG también critica «el escaso apoyo de la Xunta a los medios que se editan en gallego» -el principal argumento esgrimido por la dirección de la empresa para justificar el cierre-, también señala que ha sido «una mala gestión lo que ha llevado a la actual situación de quiebra económica

    La CIG anuncia movilizaciones por el cierre de 'A Nosa Terra'

    12 Set 10 at 2:37 a.m.

Deixa un comentario

Switch to our mobile site