Etiquetas
Pasos adiante da clase política perante o abismo da falta de credibilidade. (A miña diatriba quincenal, posteada con retraso).
24 Domingo Abr 2011
Publicado en El País
Etiquetas
Pasos adiante da clase política perante o abismo da falta de credibilidade. (A miña diatriba quincenal, posteada con retraso).
20 Mércores Abr 2011
Publicado en Kinopravda
20 Mércores Abr 2011
Publicado en Si home si
Etiquetas
A boa novela negra describe sempre mellor á sociedade na que transcorre que calquera outro xénero literario ou periodístico, porque conta o que pasa onde non hai focos. Por iso mesmo, o máis relevante das informacións sobre corruptelas son –ademais de sacar á luz os feitos e os métodos– son as conversas entre os implicados. Para quen queira saber a triste realidade da relación entre moitas institucións e a sociedade á que teoricamente serven, nada mellor que seguir ao detalle a chamada Operación Orquesta, esa trama de presunta corrupción na Costa da Morte.
Seguir lendo »
13 Mércores Abr 2011
Publicado en Si home si
Hai noticias que incitan a que, logo de experimentar a satisfacción do deber cumprido de colaborar ao sostén dun dos elementos imprescindibles dunha sociedade democrática e ilustrada, o mellor é non abrilos para seguir tendo algo de esperanza no xénero humano. Noticias como a do mozo que estrangulou á súa moza, nai dunha súa filla de tres anos e doutra criatura que nacería dentro de catro meses, e logo contoullo por webcam ao seu pai e avó da nena, con ela no colo, nunha conversa de seis horas. Ou, sen se poñer tan tremendos, a do tipo que entrou na casa dunha veciña ao modo medieval, en todos os aspectos, pero usando como ariete o máis moderno instrumento da bombona de butano, para logo emprendela a puño limpo primeiro co equipo de música e logo coa propietaria.
07 Xoves Abr 2011
Publicado en El País
Etiquetas
Homilía sobre o reparto eólico, os medios e as desculpas.
06 Mércores Abr 2011
Publicado en Si home si
Etiquetas
Con poucos días de diferenza, paseando pola mesma praia, dúas persoas – unha amiga e un amigo- contáronme cadansúa historia, desas que os periodistas chamabamos “de interese humano” antes de que os propios periodistas prostituísemos o concepto. Unha parece sacada dun conto de Dickens: unha nena de doce anos que é depositada polos seus pais nun tren, camiño da cidade, para que alí se ganase a vida como puidese. Pero non é un conto, pasou aquí hai uns 80 anos, e afortunadamente a nena das montañas de Lugo que chegou supoño que aterrorizada e chorosa á Coruña, atopou na mesma estación de San Cristovo o que daquela se chamaba un alma caritativa que a meteu a servir na súa casa. A quen mo contaba contoullo ela, na mesma aldea á que volveu despois dunha daquelas vidas azarosas que tiña a xente antes.