Eu levei nunha ocasión a un tipo ao cárcere. Ben, levar levouno unha sentencia xudicial, eu acompañeino nun taxi ao cárcere para contar os seus últimos momentos en liberdade. O taxi avariouse a medio camiño e o rapaz estaba todo ansioso por non chegar tarde á cita coa trena. Acordeime del ao ler as informacións do movemento de solidariedade arredor de Benigno Moure, o cura empresario da asistencia á terceira idade, para evitar –para que siga evitando, máis ben– que cumpra unha sentencia de cinco. Claro que o rapaz, un ex ionqui, o que fixera, antes de rehabilitarse, casarse e ter unha filla, fora roubar unha botella de whisky, e con el non se solidarizaron máis que algúns veciños de Noia, a súa localidade natal. E Benigno Moure, que é un benefactor/emprendedor, o que fixo foi estafar a unha señora que tiña Alzheimer e 600.000 euros, que pasaron á conta da Fundación que preside Moure, e a el apóiano as forzas vivas de Ourense, incluídas a Confederación de Empresarios e a asociación de talleres de reparación.
Seguir lendo »
Like this:
Like Cargando...