Sempre que escoito falar de sentencias xudiciais polémicas, como as de Baltasar Garzón ou Alberto Contador, vénme á memoria un conto de Willian Irish no que un vello gánster se queixaba da que lle caira enriba. Era un gánster con máis trienios ca categoría, e notábaselle na cara, así que decidiu atracar pola ídem: aproveitando a súa mala catadura, limitábase a entrar nas tendas dos pobos e pedir os cartos cunha man no peto. Os aterrorizados dependentes dábanlle a recadación, e se o collín, o asaltante argumentaba que llos deran voluntariamente. Ata que deu cun xuíz igual de vello e experienciado, que sentenciou que a súa víctima, ao non ser o dono do establecemento, cometera un roubo dándollos, co que el resultaba ser o cómplice. Ao dependente suspendeulle a condena e a el subiulla o que puido. Máis ou menos, un caso como os que nos ocupan, pero ao revés.
Din os que defenden a condena a Garzón que non se lle xulgou nin por ter perseguido o terrorismo de Estado, nin polos sumarios contra a narcotráfico, nin por pechar Egin e de paso todo o que tiña ou lle parecía que tiña relación con ETA, nin por procesar a Pinochet nin por defender ás vítimas de Franco e compañía. Que foi por vulnerar o dereito dos avogados de ter comunicación confidencial cos seus clientes presos, e que a sentencia é impecable. Din os que defenden a Garzón que este proceso é un ídem do acoso e derribo á súa figura (e de feito é o que cree a maioría dos españois e dos medios de fóra, sabedores de que é moita casualidade que a un representante dunha casta practicamente intocable se lle xunten á vez tres causas), que isto supón un aviso para calquera xuíz que pretenda castigar a outro tipo de delincuentes distintos dos que saen correndo en canto ven a un policía.

De sentencias non entendo, e non porque non teña soportado a lectura dunha chea delas, pero si que aténdose estritamente á lei, a un rapaz que falsificou as notas pódeno condenar por falsidade en documento público. E que as penas teñen que ser proporcionadas aos delitos, e sen cambiar de oficio, que a un xuíz, pola súa relación coa trama corrupta da operación “Malaya” lle caera unha pena de 21 meses de suspensión (que agora ata lle quitan), e a Garzón 11 años de inhabilitación por unha decisión considerada ilegal, media un mundo.

O curioso que mais ou menos os mesmos medios que celebran a condena a Garzón consideran inadmisible a que sancionou a Contador, por moito que a sentencia sexa igual de impecable, e que Contador mareou todo o que quixo ao tribunal correspondente, e a súa defensa –ademais da mirada de inocente que algúns líderes de opinión consideran argumento bastante– é que tivo unha relación tan casual cun chuletón como o capitán Schiettino coa lancha na que caeu. Pero Contador é un deportista, eses patriotas que nos representan aínda que paguen impostos noutro lado. E un deportista español, de Madrid a un lado, non meramente galego, como Ezequiel Mosquera; ou simplemente importado, como aquel “Juanito” Mühlegg que perdeu a españolidade toda cando deu positivo. Así que merece todas as axudas que lle deron os gobernos e as institucións todas, e a solidaridade indignada de todo a cidadanía.

Ata o punto que de Asuntos Exteriores, que non dixo nada nos 80 cando os guiñois británicos, Spitting Images, presentaban ao rei español como un borracho que lle metía man á súa parente ElisabethII, eleva agora unha queixa formal polo tratamento dos guiñois franceses. Liberdade de expresión é cando nos rimos dun profeta musulmán, pero non dun ciclista. Inxerencia é cando un tribunal de fóra inhabilita a un corredor, pero non cando os presidentes doutro país establecen que relacións laborais teñen que rexer neste. O PP prometera “recuperar a posición de España en Europa” e co de Garzón e o de Contador estao conseguindo: África volve empezar nos Pirineos.

About these ads