Etiquetas
No medio do alborozo pola recuperación do Códice Calixtino, non sei se consideran de mal gusto facer preguntas en alto sobre aspectos que non me cadran, pero en definitiva, niso consiste o periodismo. E a verdade, empeza por non me cadrar como deu sobrevivido o pobre do libro oitocentos anos, sempre de acá para alá. Se o encargado do arquivo recoñece que fixo “unhas anotacións” nel, que non lle faría a encargada da limpeza. A min contáronme que hai nada, un profesional que lle foi sacar unhas fotografías, cando acabou viu que o deixaran só, e percorreu corredores e cuartos da catedral co libro debaixo do brazo, ata que atopou a alguén –que non era quen llo deixara- a quen devolverllo. Vamos, que o do garaxe non deixou de ser outra aventura máis.
Entre as cousas que non me cadran está a de cómo se poden mangar 1,2 millóns de euros dos cepillos. Falo con coñecemento de causa. Fun monaguillo, e os únicos asaltos posibles eran ao viño de misa. Dos petos debe ser imposible sacar os cartos directamente, e de alí irán a un caixón con chave ou a unha caixa forte. Claro que se tiña a chave posta, como a do Códice… E se o tipo non vendía ningún dos obxectos que roubaba na Catedral, para que os quería: como regalos de voda?, pretendía montar un lugar de culto pola súa conta? Ben, en todo caso ese era o seu problema. O raro é que un tipo que se está levantando 48.000 euros anuais dos cepillos como mínimo (e calculando que non gastara nada, que é moito supoñer, dado o parque inmobiliario que tiña), rompera coa fonte do seu sobresoldo por unha débeda de 40.000.
Non sei aquí, pero nas series da televisión, co morto aínda quente o primeiro que preguntan é: “sabe de alguén que quixera matalo?”. Aquí, desde o primeiro momento o locuaz deán dixo –e agora nega- que foi por vinganza, e mesmo lle debeu dicir á policía, como di agora, que o electricista, co que tiña unha relación estreita, sen precisar canto, o ameazara con “desgraciarlle a vida”. Resulta que as cámaras de vixilancia gravaron ao ameazante saíndo da catedral cun vulto debaixo da chaqueta o 4 de xullo, un dos días nos que se puido producir o roubo, e un inspector de policía elevou á semana un escrito aos seus superiores apuntando xa ao que resultaría ser o seu autor. Home, para min que se esperaron a trincalo cando o trincaron foi para celebrar o aniversario.
E por último, está a polémica de onde gardalo, despois de que Mariano Rajoy viñese facer o saque de honra da entrega. O deán, que parece que non se acorda de que dimitiu de arquiveiro, ou manda igual nos libros, di que o vai agachar nun lugar secreto que soamente o saiban dúas ou tres persoas. Véxoo difícil. Cando algo sae en televisión, todo o mundo o quere ver, aínda que non saiba que é nin para que sirve. Ademais, cando agacharon o corpo do Apóstolo porque viña Drake, tardaron 300 anos en atopalo, se é que atoparon o mesmo que agacharan.
(La Opinión de A Coruña, 7/7/12-Faro de Vigo 10/7/12)
O Códice de marras….a min non me lies co do códice…
Home, untalmarra, non hai que ser tan susceptível como aquel tipo do chiste de Eugenio que diu que se atopa cun amigo ao que levava tempo sen ver e dillhe o amigo:
-Home, como estás?
Ao que resposta o aludido:
-Pois anda que ti…!
E como non por se rodar uma fita onde o ventre da mulher do director sexa templo da semente do Maligno, vai haver xente tan nécia que chegue a identificar à actriz co papel que interpretou. E como, no entanto, case todo é o que parece e, ademais, 2.0 pontos básicos duros (ao dizer dun filósofo lucense; ou seria un poeta, xornalista, narrador, dramaturgo e académico cruniacense; ou, cecais, un notável compositor dodrecafónico-matritense; ou un xurista e egonomista flemático-panteísta órfico-tudense; ou, talvez, un físico-acústico eléctrico-místico cámbrico-vicariense algo albixense?): no mesmo momento en que deron na TVG a notícia do achádego do “Códice” (pronunciado en pseudo-galego eclesiástico, co estilaço do actual Presidente Pérez Varela), atopávame eu no desaugadoiro da tasca A‘Kunka, na fermosa vila da Pobra do Caraminhal.
Despóis de pasar polo Museo Valle-Inclán e comprar un deses elegantes calzons de média perna no mercadilho, ficara co cu ao ar (a par das forzas de seguridade deste reino da xenuflexion eurofidelísima, da montera e da mantilha, neste Primeiro Ano Triunfal Sabbático-Calixtino), mudando o meu funesto pantalon neo-hippie polo mais fresco do pincho, recén adquirido, que aínda case arrecendia à maré -e mais cheiraria aínda a peixe podre-, cando me pareceu escoitar a boa nova.
Ao saír do sancta-sanctórum, solicitei a confirmacion da concorréncia mas, por Fortuna, ninguen sentira, en absoluto, o peso do abismo da história; nen sequera, infelizmente, uma parelha de xornalista e cámara, que estava a fazer uma reportaxe -seica sobre o marisco galego-. De xeito tal, que até comecei a dubidar de min mesmo e, nomeadamente, da minha mente febrilmente auto-referencial e doente.
Mas, dali a pouco, velaí saíu o xefe da tasca para avisarme de que estavan a daren de novo a notícia cos dados mais recentes.
(É enton que regurxita, acompasado e cansino, o relator: que xa abonda de babecadas!; sexamos séries; que aqui se cuestiona todo e tumbo e dalhe… De modo que, en tempo e forma, a Voz informa e, mesmo, preforma. E prata pública reforma plataforma e conforma proforma corporaforma, e axénciase EÑEs; pinche güey, frank: no te tengo miedo (que diria Cantinflas, mercé a quen un amigo iraniano bahá’í aprendeu espanhol); tudo beleça nas PEMEX e nas áreas comerciais:)
Asi é que, alvíssaras e moitos paraBens, Don Marianinho (Senhor de Todos os Exércitos de Espias Espanholas). E, seguindo a palavra de orde da recontracultura franciscana estadounidense: que a sua tribo se multiplique.
Viva Caspanha ceive e popular! Adiante cos plans semanais! Gora San Pancrácio e vivan as novenas! Todo o poder para os Rolex!
(B.S.O.: Anda [dispensando-na-farmuca] suelto Satanás (de Luis Eduardo Aute, con Eduardo Bautista.))
A rodapé: Xunto a A Kunka está tamén o bar Amanitas; onde, por se acaso, evitei (ou evitín, como dirian en Corrubedo) entrar. Pois, tanta refraccion, quen poderia detela?
(Adicado às persoas seareiras da novela de pozo negro. E perdón pola extensión.)