Galicia primeiro, e de segundo escolle cuberta para o libro que saco sobre o Prestige. É o momento. Galicia decide que cuberta quere. Aos editores que establecen uniteralmente a capa dos libros hai que paralos, facerlles frente. A túa voz é o teu voto. Preme dunha vez, ca…

PRESTIGE. Tal como foi, tal como fomos. Axúdanos a escoller a cuberta do libro
29 Luns Out 2012
Publicado en Non sei eu...
Xa sei que sou un repugnante pero, sinceiramente, e dito suavemente, non gosto de ningunha das fotiñas……
Sorte co libro.
Como que sorte? Haberá que mercalo, ou mangalo, digo eu…
Se serve de algo, penso que hai fotos bastante melhores.
A do Feixóo coa mangueira foi cando o Prestige?
Saúde.
Non, foi cando os incendios de 2006. Cando o Prestige, Feijoo eraun mozo que prometía, e tanto como que chegou a vicepresidente no medio e medio da crise.
pois a cuberta 4 é moi “Reservoir Dogs”, pero estoy dacordo con Eduardo, hai fotos mellores
Si, claro. Foi dos sucesos máis retratados do mundo. Pero tratábase de buscar unha imaxe nova, non as que temos todos na cabeza.
Espero que saque TODO no libro: as praias esplendorosas, as magníficas carreteras que se fixeron desde daquela, o marabilloso parador, esas vilas da Costa da Morte onde o PP volveu arrasar nas eleccións uns meses despois do Prestige, esas pérolas que sairon das bocas dalgúns representantes políticos (podía facer un “onde estaban daquela e onde está hoxe” con estes elementos)…
En fin.. hai tanto que contar…
Home (ou muller), todo, todo… Como ben di, hai tanto que contar. Con dicirlle que estaba axustada unha extensión e saíu o dobre. De todo iso que cita sae un chisco, si. Pero xa está escrito. Outra vez, a maiores da cuberta, podiamos consultar contido.