Ago 14 2005

Xestionar as victorias

Categoría: Destavai'05sihomesi @ 7:52 am

Que específicos e que idiosincráticos somos os galegos. Mesmo na política. Tardamos tempo en saber quen ganou e quen perdeu. Por fin, os do PP asumiron que perderan en canto tiveron que chamar á furgoneta das mudanzas. Pero non está aínda claro quen ganou. O outro día, nunha charla de terraza, un amigo de Monforte que me confesou que non era militante do BNG (debería apuntarse, é o seu tema de conversación favorito) comentoume que o que el chamaba “os históricos” debían estar moi cabreados, e que a ver si se atopaba con algún para comprobalo (tamén eu, pero o meu primo Marito anda por Venezuela). “Que cheguen ó poder outros é lei de vida, pero tamén o é que lles doa”, díxome. Frase igual de certeira, aínda que menos fina e máis descarnada, a dun concelleiro socialista de Vilagarcía: “Non ganamos as eleccións para darllas ós catedráticos”


Ago 04 2005

Top panexírico

Categoría: Destavai'05, Matrix Presssihomesi @ 8:47 am

Dentro do emerxente xénero panexírico, veleiquí o top.

(como o xornal onde vén non o inclúe na edición dixital, aló vai o texto:

SOUL DE AGOSTO

Los dos goles de Quin

(Primeros de agosto de 1989. Yo estaba en Pereiro persiguiendo a Hemingway, que un día montó un follón en Nueva York para vivir la experiencia al otro lado, al límite).
Once de la mañana, cuando los presos dan sus paranoicos paseos por el breve patio meditando cómo nos mueve el destino. Suena el cerrojo, se abre la metálica puerta y allí está él, rodeado de algunos de los suyos. Amigo, para nada me recordó el certero verso castellano “Al destierro con doce de los suyos/ polvo, sudor y hierro/ el Cid… ”. No, ¡qué va!
Sin más, con serenidad, avanzó hacia el patio: pétreo, leve sonrisa, el paso de los que creen en sí mismos; como ha de ser, listo para vivir abierto su experiencia carcelaria.
Estaba yo al cargo de una emisora de radio que habíamos creado y de una pequeña biblioteca. En nombre de todos le di la bienvenida; por los periódicos sabíamos que había tenido un follón con el alcalde de turno que dormitaba en aquel Allariz polvoriento y olvidado.

Recuerdo bien el instante. Le clavé los ojos y te juro, amigo, que ya traía en las pupilas el dibujo del Allariz soñado que más tarde construiría.
En el 89, Pereiro tenía cierto “soul”. 300 chicos del lado salvaje, un par de ancianos que con una azada golpearan a un vecino por cuestiones de lindes, y tres o cuatro violadores que, de vez en cuando, recibían secretas palizas en los baños. Bermúdez, el alcalde, un tipo enrollado, bajaba cada día a hablar y fajarse con los chicos más duros del módulo dos.
Pero te estaba hablando de Anxo Quintana. Enseguida, solidario, invitó en el bar a café a la extensa camada de los sin dinero. Caminamos. Pronto reflexionó con lucidez: “Carajo, aquí sólo veo hijos del agobio y de la marginación. ¿Dónde están los capos, los banqueros corrompidos, los que manejan la pasta detrás de las mesas de caoba?…”. Entonces pasó un grupo de chicas del módulo de mujeres. Venían de hacer alguna labor. Una lo miró lentamente de arriba abajo y le espetó: “Tío, soy Marisa, ¿tú como te llamas? Envíame recado para pedir un vis a vis”.
Un poco alejada ya, aún le gritó: “Un beso para ti donde más te mole”
Otro día jugó un partido entre internos y y goleó un par de veces al portero, un tipo del que nada sabíamos, sólo que tenía para 20 años y un día. El entrenador dijo: “Ya tenemos delantero centro. El alcalde me dijo que iremos a jugar por ahí, vigilados, claro, por la Guardia Civil”.
Pasaron los días. Quin, siempre generoso, los ojos muy atentos a todo lo que ocurría. Seguro que lleva en su mente el maullido de tos gatos en su festín de ratas al anochecer y los rostros pálidos de los reclusos, la uña del pie de esta sociedad
Días después su nombre sonó por el altavoz y él, al viejo estilo penitenciario, regaló su chándal y algunas pertenencias a un desvalido. En la puerta entregó los restos del dinero a aquel portero al que quedaban 20 años y un día.
(Hoy, en alguna prisión del país, el portero verá asombrado por televisión que Quintana es vicepresidente de la Xunta y dirá altivo a su compañero de celda: “Tronco, míralo, le conocí; me metió dos goles de bandera, me regaló cien duros al irse; es un tío legal…”)

Jaime Noguerol

(La Región, 4 agosto 2005)


Ago 03 2005

Hábitos

Categoría: Destavai'05, Si home sisihomesi @ 5:01 pm

Teño unha certa sensación de que, quitado Suso de Toro e algúns deses vellos militantes dos partidos agraciados, a sociedade galega non exterioriza a ilusión polo cambio que interiormente tén. Xa lles digo, é unha certa sensación (que non é o mesmo, non sei por que, que unha sensación certa), aínda que non sei en que baseala.

     No seu momento atribu&#237;n a escaseza de explosi&#243;n de alegr&#237;a e de algazara popular pola ca&#237;da do r&#233;xime a dous fen&#243;menos complementarios: por un lado, &#243; hipot&#233;tico sentir colectivo do electorado, que despediu dun xeito elegante a Don Manuel, como sen facer sangue. Polo outro, &#225; semana que tardou en ser oficial e definitiva esa elegante decisi&#243;n do electorado. Algu&#233;n m&#225;is &#8220;comprometido&#8221; <del>como seguro que se empeza a decir agora de novo</del> concluir&#237;a que os progresistas son m&#225;is comedidos e m&#225;is respectuosos co contrario. Eu tam&#233;n o creo en xeral, non como dogma de fe, e espero que as&#237; sexa, pero observo unha actitude que eu chamo de &#8220;cruzar os dedos&#8221;. A de agardar a ver que fan, a medias entre a expectaci&#243;n e a desconfianza, que atrib&#250;o a un comportamento tradicional da esquerda, inclu&#237;da a nacionalista: a repunancia, o ser un tanto espurrido e tiquismiquis cos detalles (mentres alg&#250;ns sectores, noutros casos, tragan con carros e carretas se os conducen os seus).

     E polo que sei, curiosamente, os sectores tradicionalmente ali&#241;ados cos perdedores te&#241;en a sensaci&#243;n contraria. Por exemplo, un alto cargo eclesi&#225;stico queix&#225;base amargamente e con escasa humildade cristi&#225; de que no xuramento de Touri&#241;o o sentaran no gali&#241;eiro, cando en ocasi&#243;ns anteriores estaba en primeira fila. (Os tradicionalmente presentes e desta vez notorios ausentes, a sensaci&#243;n que te&#241;en &#233; moi contraria). Como nas vodas, a colocaci&#243;n dos invitados no acto do Parlamento produciu situaci&#243;ns ben paveras, como o cuarteto Palmou-Paco Rodr&#237;guez-Pepa Vega-Jos&#233; Blanco, que demostra desde logo o talante alegremente democr&#225;tico e igualitario (&#191;ou inconsciente?) dos primeiros pasos do novo goberno. Falando do novo goberno, un colega co que coincid&#237;n nunha rolda de prensa non pol&#237;tica chamoume a atenci&#243;n sobre a reticencia a referirse &#225; Xunta como &#8220;a Xunta&#8221;, en favor de &#8220;o goberno&#8221; (en efecto, &#8220;Xunta&#8221; mencionouse unha vez por ducia e media de &#8220;gobernos&#8221;). Supo&#241;o que ser&#225; o mesmo efecto estra&#241;o que sent&#237;a outra compa&#241;eira cada vez que escrib&#237;a &#8220;o presidente da Xunta, Emilio P&#233;rez Touri&#241;o&#8221;, a&#237;nda que nese caso, tranquiliceina, o que lle pasa &#233; o que nos pasa a todos &#243; comezo de cada ano, que ata febreiro non nos afacemos a po&#241;er a cifra correcta. E se custa cambiar un h&#225;bito collido nun ano, imaxinen cambiar un logo de 16 anos de uso.

     Agora que o penso, a suposta frialdade cambiaria quizais se poda deber a eso, &#243;s 16 anos de h&#225;bito fraguiano.

(para xoves, 4 de agosto de 05)


Ago 02 2005

Toma (de posesión)

Categoría: Destavai'05, Si home sisihomesi @ 11:50 am

Non sei se seguiron con detalle o que para un amigo foi “o acto que lle deu sentido a boa parte da miña vida” (máis ou menos textualmente, e de feito estaba máis elegante que o día que casou, que se supón que tamén debeu ser un acto que lle deu sentido a outra boa parte da súa vida). Falo do acto da toma de posesión de Touriño onte.

Sobre o acto en si, segundo vexo nalgunhas páxinas web, hai división de opinións. Quero decir división de opinións entre os que estaban contentos por quen tomaba posesión, porque na política, como no fútbol de hoxe en día, xa non hai quen aprecie o espectáculo en si, independentemente de quen gane. As críticas dalgúns correlixionarios do novo presidente parece ser que tiraban polo elitismo cultural da montaxe, afastada da participación popular que lle acaería ó asunto. Non deixo de recoñecer que, en efecto, nada tan popular como uns abrazos con palmada recíproca nos lombos respectivos, con intercambio de bicos e suores, pero tamén había un señor que tornaba a inclemencia solar co clásico e moi popular pano con catro nos. Tamén lles confeso que houbo a quen lle pareceu o de onte unha especie de gala dos premios Goya, pero sen chistes (claro que esa opinión escoiteina no sempre rabudo sector prensa). Postos a ser repunantes, a min sooume un tanto estraña a percusión que acompañou a entrada conxunta de Touriño e Quintana no Obradoiro, e que lle deu a un feito altamente simbólico un certo aire torero/gladiador. Con todo, a posible estrañeza quedou compensada dabondo co fragmento de Erik Satie que serviu de fondo para o poema de Luis Pimentel que leu María Pujalte (“¡mira, la de Periodistas!”, escoiteille a unha turista)
Pero, en definitiva, sen lles quitar a razón que poidan ter os queixosos, eu apuntaría no haber do balance que fose a traída e levada sociedade civil –signifique o que signifique- a encargada de encher a praza do Obradoiro que antes ocupaban bandas (por moito que fosen de gaitas) en formación. Eso permitiu que se produciran curiosidades como ver a Lendoiro sentado entre sindicalistas. Ó cineasta e escritor madrileño Javier Rioyo abrazándose polo método popular co secretario de organización do BNG, Xosé Luís Barcia (¿coincidirían na mili?, pregunteime). Ó presidente da Audiencia da Coruña, Ángel Judel, apreciando o detalle de elegancia compostelá de poñer un botellín de auga debaixo de cada asento. Ou a Suso de Toro, que non deu evitado poñer ollos de guerra á hora de cantar o Himno.
E ademais, que non sufran os puristas, porque o máis emocionante do espectáculo foi o audiovisual (imaxes áreas de Galicia e música de Leilía) e o gaiteiro solitario. En canto á emoción política do acto, esas cousas van por dentro.


Xull 26 2005

Saigón ou Manila

Categoría: Destavai'05, Si home sisihomesi @ 3:44 am

Comparaba o outro día Carlos Luis Rodríguez a retirada do PP do goberno coa caída de Saigón, coa situación que se creou alí cando as derrotadas tropas dos EEUU abandonaron tanto a capital de Vietnam do Sur como o réxime dictatorial que sostiveran. Sen tentar competir coa sagacidade analítica do exiliado colega, a min recórdame máis as caídas de Marcos en Filipinas, de Trujillo na República Dominicana ou de Duvalier en Haití. En Saigón, os derrotados fóronse abandonando á súa sorte ós seus anteriores protexidos, deixándoos colgados completamente (e literalmente nalgúns casos, tentando subir ós últimos helicópteros).

caida de Saigón
Neses outros feitos históricos que cito, o réxime político caeu, pero as redes de intereses de todo tipo que creara, ou que xa estaban e medraron en simbiose co goberno, quedaron máis ou menos a salvo. Ferdinand Marcos tivo que saír, pero salvou ata a colección de zapatos da súa señora, e o Polo Club de Manila seguiu conservando o mesmo ambiente de sempre.
polo club

Non estou comparando o que pasará en Compostela co que pasou en Manila, Santo Domingo (daquela, Ciudad Trujillo, por certo, ¿a que me recorda?) ou Port-au-Prince. Ou non o estou comparando máis do que o comparou CLR coa súa habitual lucidez, agora máis rampante. Pero o certo é que no caso que nos ocupa, mentres se poda e non haxa que entregar o DOG, os compromisos vanse mantendo. Eu imaxino estes días e os pasados, os recados ou as chamadas telefónicas para recordar asuntos pendentes (“¿como va lo mío?”) como aseguran que lle pasou a un veterano político un día en que o seu futuro (e o dos seus compromisos) pendeu dun fío. Así, as decisións que estes días está tomando o goberno en funcións son fundamentalmente de dous tipos: ou cumprimento de favores comprometidos (esas adxudicacións de teórica urxencia que se poderían dentro de seis meses ou nunca, como minicentrais, parques eólicos, etc.) ou estertores do reparto do botín (eses pagos a empresas paradescoñecidas por traballos inverosímiles). Podería establecerse unha terceira tipoloxía, a de amargarllela vida ós sucesores (o convenio coa educación concertada, as concesións da televisión dixital), pero en realidade entran dentro dalgunha das outras dúas categorías.

     Desgraciadamente, non hai para todos. Non &#233; o mesmo repartir na abundancia que na escaseza, como demostra a concesi&#243;n das licencias de televisi&#243;n. Ignoro a bondade ou mediocridade das propostas escollidas (aparte de que parecer&#237;a m&#225;is l&#243;xico, penso, adxudicarlle as televisi&#243;ns &#225;s propostas de capital galego), pero polo proceso seguido, parece que tam&#233;n as ignoran quen as concedeu. O argumento que invoca para todos estes asuntos o presidente en funci&#243;ns &#233; que ten a conciencia tranquila. O malo &#233; que o que se cuestiona non &#233; a s&#250;a conciencia. Polo menos ata agora non se cuestionaba.

(para luns 25 de xullo de 05)


Xull 20 2005

18 de xullo

Categoría: Destavai'05, Si home sisihomesi @ 1:44 am

Antonte luns, 18, foi un día histórico, segundo me fartei de escoitar a todo o mundo, fóra pero sobre dentro do Parlamento, nos discursos pero tamén nas conversas menos formais, e tanto ós da nova e pelada maioría de esquerdas como na maioritaria minoría conservadora. Claro está que deben ter razón, pero a sensación que eu tiven foi algo distinta.

Está clara a historicidade do luns pasado porque é a primeira vez que se dá unha maioría parlamentaria progresista. O feito de que a xeración do 68, ex PC como Touriño, Villarino ou Méndez Romeu, cheguen ó poder vintecinco anos despois que en España é revelador do moderna que é a Galicia oficialmente existente. Que o fagan acompañados dun BNG que representa á seguinte xeración (Quintana, Ánxela Bugallo ou Aymerich eran menores de idade cando morreu Franco) pode significar que a Galicia realmente oficiosa non perdeu o paso dos tempos. Teimando na lírica sociopolítica, a constitución do parlamento galego de antonte era a toma de posesión do país real. A sociedade de verdade, contradictoria e como para matala en moitos aspectos, enfrontándose á realidade e á utopía, que tamén son como para matalas moitas veces. As imaxes simbólicas desto que lles conto (dun xeito un tanto cursi) podían ser a emoción que embargaba a unha señora con tanta fama de dura como Dolores Villarino, ou ós deputados do Bloque, iniciando en grupo a marcha ata o hemiciclo -“vamos, ghalleghos”, dixo un- equipados cun caravel e co Sempre en Galiza, como xa é tradición. (Por certo, unha ex deputada contoume que, hai anos, unhas colegas do PP dixéranlle ó verlle o libro: “¡ay, déjame ver!… oye, pues a nosotras no nos lo dieron”).
Todo esto, ideoloxías aparte. O ex alcalde de Lugo e agora congresista do PP, Joaquín García Díez, discretamente ubicado na última fila da sala para o público, educado coma sempre, tamén me calificou a xornada de “histórica”. Un correlixionario seu, Dámaso (non recordo o apelido, para min é Dámaso, o excelente médico que atendía á miña avoa) non parecía precisamente apesarado por iniciar a súa carreira parlamentaria na oposición. E se nos deputados cesantes había procesión, iría por dentro, como no caso de Suso Veiga, que soamente poñía cara seria cando lle chamaban “conselleiro”. Mesmo había unha curiosa solidariedade transversal entre cesantes e apeados. Apoteósicos abrazos, por exemplo, entre Alberte Núñez Feixoo e Xosé Cuiña, que ata me convidou a un café. “É un periodista. Peligrosísimo, pero boa persoa”, xustificou o convite ante dous compañeiros de barra e de partido. “A veces, que poñan unha coma ou un punto nun sitio ou noutro tén importancia”, chiscou o ollo. “Daquela, que sexa con gotas”, subín o prezo.
Como ven, un amor de acto, e tempo haberá para que se maten. Fóra, os conductores de Touriño e de Quintana confraternizaban. Igual que ós seus conducidos, máis lles vale ir practicando.

(para mércores, 20 de xullo de 05)


Xull 18 2005

Peito de cambio

Categoría: Destavai'05sihomesi @ 11:51 am


Nicetrip, á última


Xull 14 2005

A visións duns apareables: NACIÓN DE BREO GUMP

Categoría: Destavai'05sihomesi @ 3:06 am

gump
From FREAC


Xull 14 2005

Ritos de apareamento II (o impreso)

Categoría: Destavai'05, Matrix Press, Si home sisihomesi @ 1:19 am

Os medios de comunicación galegos en xeral, e algúns en particular moito máis, parece que levaron un golpe na cabeza, ou dous: un o 19 de xuño e o outro o 28. Estase producindo o parto dun novo goberno e asistimos ós estertores dun réxime, dous fenómenos inéditos na nosa historia recente, somos protagonistas dun mes que conmoveu a esto que será o cú do mundo, pero é o noso cú, con perdón, e nós ó importante, a entrevistar bañistas.

Xa sei que un bañista convenientemente interrogado dá moito máis xogo que un político-tipo a medio torear. Tamén que as negociacións PSdeG-BNG non están dando moito xogo mediático (nin o deberían dar, desde o meu punto de vista profesionalmente incorrecto), pero a situación si que o dá. De feito, segundo definición dun colega veñen sendo como un rito de apareamento. Os corpos (políticos) executan danzas, danse a valer, acheganse e reviravoltan, antes de que a cousa acabe como todo o mundo sabe que vai acabar. Dentro do ritual, hai encontros supoño e desencontros. Un deles sen quererlle facer a competencia ós confidenciais son as queixas do BNG porque Touriño, despois da xuntanza do Hostal e dun xantar posterior, non descolgou o teléfono para chamar a Quintana. Os socialistas argumentan que a aparente frialdade é para non estragar con liortas negociadoras unha relación persoal que terá que ser necesariamente estreita dentro dun mes e catro anos por diante, cando menos.

     A soluci&#243;n, como nas parellas a piques de formarse ou naquelas separadas educadamente, poder&#237;a estar en que Touri&#241;o e Quintana quedaran para outras cousas m&#225;is distendidas que o duro trato negociador. Ir &#243; cine, personarse na rapa das bestas da Capelada, tomar uns verm&#250;s nunha terraza da Porta Faxeira, saudando &#243;s paseantes. Esas cousas que reforzan a conexi&#243;n coa que eles se fartaron a chamar na campa&#241;a &#8220;a sociedade civil&#8221;, a xente normal, que apreciar&#237;a uns gobernantes cos que o trato non fose terse que apartar da carretera mentres a comitiva presidencial, unha santa compa&#241;a de coches negros, pasa a todo meter cami&#241;o de ningures. (E ademais, haber&#225; moita cousa que negociar, pero como di outro colega, o que a xente quere saber &#233; se vai seguir Supermartes).

     Pero tam&#233;n hai curiosidade social &#8211;ve&#241;o de cortar o pelo e dou fe- por saber como se desenvolve o proceso paralelo. Se os directores xerais dan ou reciben ceas de despedida con discursos siempre-le-tendremos-presente-jefe, se son certos os rumores de que botan fume as trituradoras de papel, ou como se adxudicaron as contratas &#225;s empresas de mudanzas. Xa saben, esas reportaxes de interese humano polas que se matan os redactores-xefes, pero con funcionarios de libre designaci&#243;n, que tam&#233;n te&#241;en a s&#250;a parte humana. Ou sen&#243;n, ir practicando o enferruxado periodismo de investigaci&#243;n tentando descubrir porque o goberno en funci&#243;ns autoriza gastos para cousas como &#8220;o seguimento, control e soporte das actividades das Aulas Multimedia de Galicia&#8221; (204.000 &#8364;). Desvelarlle &#243; p&#250;blico por que &#233; urxente facer o seguimento destas aulas, en que consiste o soporte, e como se deu feito ata agora sen cartos.

     (Tampouco &#233; que me pareza moi interesante, pero estou cheo dos ba&#241;istas e dos gallumbos de Laporta)

(para xoves, 14 de xullo de 05)


Xull 11 2005

Ritos de apareamento

Categoría: Destavai'05sihomesi @ 3:42 pm

Un colega define a actual negociación (ou non negociación) PSdeG-BNG como un rito de apareamento. Hai que executar danzas, darse a valer, achegarse e reviravoltar, antes de acabar a cousa como todo o mundo sabe que vai acabar. Dentro do ritual, hai encontros supoño e desencontros. Un deles -sen quererlle facer a competencia ós confidenciais son as queixas do BNG porque Touriño despois da xuntanza do Hostal e dun xantar posterior, non descolgou o teléfono para chamar ó seu socio. Os socialistas argumentan que a aparente frialdade é para non estragar con liortas negociadoras unha relación persoal que terá que ser necesariamente estreita dentro dun mes.
A solución, como nas parellas a piques de formarse ou naquelas separadas educadamente podería estar en que Touriño e Quintana quedaran para outras cousas máis distendidas do duro trato negociador. Ir ó cine, personarse na rapa das bestas da Capelada, tomar uns vermús nunha terraza da Porta Faxeira, saudando ós paseantes. Esas cousas que reforzan a conexión coa que eles cahaman a sociedade civil, a xente normal, que apreciaría uns gobernantes cos que o trato non fose terse que apartar da carretera mentres a comitiva presidencial, unha santa compaña de coches negros, pasa a todo meter camiño de ningures.
(E ademais, haberá moita cousa que negociar, pero como di outro colega, o que a xente quere saber é se vai seguir Supermartes)


Seguinte páxina »