si home si » Estoume quitando

Primavera, para que?
Se hai algo sobrevalorado é a famosa primavera, esa estación que non é nin unha cousa nin outra. De entrada, non se lles fai raro que se chame “primavera”, e non primaveira, como parecería lóxico? A primavera como tal, soamente existe no Corte Inglés, e todos sabemos con que intención. Anque neste caso nin sequera lle podamos botar a culpa ó Corte Inglés, como pasa co día do Pai, ou con Papá Noel. A primavera xa ten de sempre unha sona inmerecida, baseada en medias verdades, ou en cousas que puideron ser certas hai tempo, pero que agora non son máis que tópicos.

Por exemplo, iso de que é a fin do inverno e do frío, a época na que a natureza esperta e a vida agroma. Iso sería antes. Agora hai invernos máis secos que Miguel Ángel Acebes interrogado pola redacción enteira da SER, e con días dunha temperatura que parece que meteron o mundo no microondas. Xa non hai aquilo que chamaban “tempo primaveral”. As primaveras son a continuación do inverno con máis horas de luz, e/ou un adianto dos veráns, pero sen vacacións. En canto ó da natureza e o agromar dos cultivos… A ver, que levante o dedo –ou no seu defecto me mande un email- aquel de vostedes que cultive algo. A flora anda tan despistada como a fauna, e non digamos a flora urbana, que non se manifesta nin se conmove nin dá nin os bos días sen permiso do persoal de parques e xardíns.

Ben, está o das chicas que se poñen estupendas, e os chicos, que se espilen, e viceversa, non o vou negar. Pero a xente nova está maioritariamente estupenda sempre que lle peta, e non necesita moitos argumentos para facelo evidente. O da roupa vén porque a xente nova é tamén moi susceptible ás suxestións publicitarias e ós bombardeos de compre isto e leve aquilo, e pon o que mercou na Primavera dos escaparates.  Non digo que antes, en efecto, esta época non fose todo un festival das hormonas, pero milleiros de anos de evolución (a que se produciu alomenos nesta parte do mundo, quitado algunhas zonas que xa sabemos) fan que a perpetuación da especie humana non precise destes estímulos circunscritos a días determinados. Agora, a existencia de usos como o raguetón ou de persoas ou símbolos como Elsa Pataki e Javier Bardem cumpren de sobra esa función o ano enteiro. E á hora do que é reproducirse–reproducirse de verdade, sinceramente mírase máis ó euribor ca outra cousa.

E a maiores, tanto para os que andan á procura de reproducirse como peor aínda para os xa reproducidos, a tal primavera economicamente é fatal. Saes do Nadal esquilmado, fúndente nas rebaixas, arrástraste por xaneiro e febreiro como podes, tentando erguer a paletilla, e cando xa pensas que vas ver a luz ó final do túnel, o que ves é unha ponte, ou peor aínda, unha semana enteira: a Semana Santa. Veña Caribe, Andorra ou Sevilla. A praia, a neve ou as procesións. Por moito que te poñas en plan autóctono e te plantes con que, para fervor relixioso Viveiro, e para praias se non fai mal tempo, a de Cobas ou Reinante, xa tes a Visa coa banda magnética negra en sinal de loito. No fondo, tanto che ten, porque a declaración da Renda está aí, esperando, e Facenda non admite tarxetas.

Por algo a primavera é a única estación do ano que ten campaña de imaxe propia. Porque se non, non existiría.

E-ducados
Nunca pensei verme nestas, de verdade. Dando consellos en público, ou peor aínda, normas do que antes se chamaba urbanidade. Pero igual que a proliferación dos coches motivou que se implantaran algunhas regras (ir sempre por una man, deixando a metade da vía para os que veñen pola contraria) a chea de trebellos electrónicos que manexamos impón que se sigan uns comportamentos mínimos. E non caio no feo vicio de dicirlle ós demais o que deberían facer porque pense que é unha obriga cívica. A min, todos os que nos aeroportos, en canto chegan ó sitio de coller as maletas, prenden o aparato, din “oyé, que ya llegué”, e comezan a radiar o proceso ata que collen o taxi ou ata que o deixan, tanto me teñen. Se non coñecera ás empresas operadoras, mesmo abrigaría a esperanza de que a existencia dese tipo de usuarios supuxera unha baixa das tarifas para os demais. O meu é por puro egoísmo: amólame tanto que coman diante de min coa boca aberta como que berren ó meu lado polo móbil.

En realidade, amólame que me berren en xeral, pero é desculpable nalgunhas circunstancias (por exemplo, no fútbol, sempre que o berrador sexa dos nosos). Sen embargo, aturuxarlle a unha moderna terminal telefónica coas prestacións que actualmente teñen so sirve para saturar o son, non para mellorar a comunicación. Se o problema está do outro lado, caso de interlocutor medio xordo, é máis útil instruílo no uso do regulador do volume que colapsar o diminuto pero potente micrófono do noso manglanillo. Normalmente, si se lle fan estas indicacións a un deses berrallouzas público, o habitual é que respondan que a nós que nos importa o que diga ou como fale. Precisamente por iso, porque non nos importan, preferimos non escoitalas.

Con todo, pretender educar a descoñecidos -e peor aínda, a descoñecidos que berran- normalmente é tan inútil e por veces tan arriscado como predicar o anabaptismo en Arabia Saudita (eu estouno facendo por diñeiro e porque o único que me poden romper é o papel). Outra cousa é instruír ós coñecidos, que non leva perigo, e ademais, se lle dá corte facelo, sempre pode darlles a ler isto. Afearlle a conduta ós coñecidos que berran é facerlles un favor. E o mesmo ós que se poñen a murmurarlle ó teléfono. Se temos claro que queda pouco fino en sociedade que un se poña a secretear e comerlle a orella a outro diante de todos, o mesmo pasa co teléfono. Se chaman e hai que falar, pídese permiso e faise un aparte un momento. Un momento, non media hora. A xeneralización do móbil supón que xa non chamamos a un sitio senón a unha persoa, como rezaba a publicidade dunha operadora do ramo, pero iso non quere dicir que o destinatario das chamadas non teña outra cousa que facer que atendelas. O normal cando se chama a alguén para algo que levará máis ca un par de minutos é preguntarlle se dispón dun momento.

Evidentemente, quitado que o grupo sexa numeroso, tampouco vale andar smseando, sobre todo porque hai perigo de quedarse birollo de tanto atender a dúas frontes, a realidade e a pantalla. Finalmente, o dos politonos e realtonos ten a súa gracia, pero como todo, depende do contexto. O de “por qué no te callas”, ou o do paleto futbolero, por exemplo, convén desactivalos antes de ir a unha entrevista de traballo. De feito, o que convén é desactivar o teléfono enteiro.

Unha vez conseguido que o coñecido a medio educar pare quieto co teléfono, o paso seguinte é o correcto uso do email. Alguén podería argumentar que é unha parvada regular o que é unha actividade privada, e ese alguén xa debería estar dado de baixa da axenda de enderezos de calquera persoa sensata, porque precisamente do que se trata é de asegurar que siga sendo privada. Os pecados máis graves no uso do correo electrónico son dous. Un é andar participando en cadeas de reenvíos masivos con finalidades teoricamente altruístas. Desengánese, desgraciadamente non se consigue salvar neno ningún afectado por doenzas penosas mandando emails, e tampouco organismo ningún manda alarmas de virus por ese conduto. É máis, o auténtico efecto viral é que gracias ós reenvíos masivos, os enderezos chegan a mans duns espelidos que despois o mazarán a ofertas de alongamento de membro viril ou de lotes de viagra (non sei se é que non hai ofertas para mulleres ou os emisores de spam conseguen averiguar o sexo do destinatario). O outro pecado é mandar mensaxes con cousas paveras que se agradecerían se non se mandasen cos destinatarios ó aire (“para” e “cc”) e non en “copia oculta” (“cco”), e as consecuencias son máis ofertas de alongamento e de viagra. (Se isto non lle soa de nada, alomenos faga o favor de mandar os correos de un en un). Dous pecados que se resumen nun: os enderezos alleos non se comparten.

Haberá alguén a estas alturas que pense que non é para tanto. Alá cada un. Pero tal e como están as cousas, cada vez con máis normas legais que determinan os usos correctos e incorrectos de todos (os móbiles nos coches, as descargas de internet) eu iría facéndome un home/muller de orde e proveito. Xa mo agradecerán.

domingo, 20 de xaneiro de 2008

Os abominables homes dos resorts
Eu tamén son humano. Unhas veces máis ca outras, pero humano. Así que tamén fun de vacacións a un sitio deses cheos de calor e de veraneantes (aquí a mostra de humanidade: non sempre fago o que digo, nin tampouco sempre digo o que fago). O sitio concreto non debería vir a conto, pero especifico que foi Lanzarote, e nun sitio deses que chaman resorts, que son como un campamento, pero de ingreso voluntario. Dígoo por se hai algún experto na sala que considera que algunhas das tremendas conclusións que saquei desa experiencia non son xeneralizables a todos os ambientes vacacionais e si exclusivos desa illa, ou ó revés. Así, ademais de ler, logo poden practican o bonito deporte da controversia, valendo chegar ás mans ou non.

Como consideración previa á lectura e á posible controversia hai que recordar o feito de que é un deses lugares onde o 75% da xente que te atopas está de paso, ou sexa, son/somos veraneantes. Esa polo menos é a porcentaxe de coches que levan algún tipo de sinal que os identifica como vehículos de aluguer. O 25% restante de residentes habituais deben repartirse equitativamente entre lanzaroteños de toda a vida (LTV), lanzaroteños por razóns laborais (LRL) e lanzaroteños porque lles peta (LPP), ou xermano-británicos. Esta división permite cousas como que en determinados lugares de ocio haxa entradas distintas para residentes -non se sabe se en Lanzarote en concreto ou en Canarias en xeral- e non residentes, fenómeno que de ser aplicado por aquí causaría un tsunami entre os detectadores de medidas  excluíntes e segregadoras. Tamén se dá outro fenómeno que debería prender as alarmas dos que están en permanente estado de alerta por si se producen agravios contra España, pero non as prende: moitas zonas son máis ou menos unilingües. Unilingües en inglés, con ocasionais subtítulos en español ou alemán. Non soamente pubs e restaurantes, senón supermercados e clínicas. Ata carteis en inglés vin animando a facerse supporter da U.D. Lanzarote, como opción de poder ser un futboleiro de bufanda e cervexa en máis sitios que diante dun televisor que retransmita a Premier League.

Curiosamente, británicos e similares desaparecen dos comedores de hoteis e resorts. Non os frecuentan, quizais porque xa teñen onde comer mal no seu propio ambiente. E non se lle pode botar en cara, desde logo. Xa son coñecidos dabondo algúns efectos colaterais claramente negativos da democratización do ocio como a Manga do Mar Menor ou o alicatado das costas en xeral, pero están por estudiar secuelas máis estendidas e máis rechamantes como a vestimenta, que se aprecian con todo o seu esplendor nos espazos residenciais de ocio. A tendencia de determinada xuventude a de seguir a moda dos narcotraficantes latinos das películas -no caso de que os narcotraficantes latinos das películas se fagan co seu fondo de armario en Carrefour- é de sobra coñecida. Ser de Albacete e vestirse igual que os pandilleiros dos arrabaldos de Miami ou de Cartagena de Indias pode ter unha certa gracia, atribuíble sen dúbida á influencia dos concursantes de Gran Hermano e outros arquetipos da sociedade actual. E hai imitacións de Beyoncé que igualan ou melloran o orixinal (aínda que a maioría non).

Pero é duro comprobar ata que punto facsímiles da roupa que usan Kobe Bryant ou Puff Daddy arrasan tamén entre as xeracións que non hai moito veraneaban coa camiseta estilo imperio e o pano de catro nós para tornar do sol. En comparación, o actual dress code dos adultos do rural -mono azul e pucha esponsorizada eles, bata con ou sen mandil elas- que tanta gracia lles fai ós urbanitas é un alarde de elegancia e funcionalidade. Ver homes conformados por décadas de duro e honrado traballo manual arrastrando calzóns de xogador da NBA, orondas figuras maternais co mesmo modelo -pero non a mesma talla- que as netas é un espectáculo que pon a proba a confianza no sentido común da especie sapiens. (Do uso mixto dedos-cubertos xa nin falamos).

A experiencia resort convenceume que hai que ser humano, pero a modo.

(GPS setembro de 07)

Aliens attacks
<o:p></o:p>Posiblemente o peor desas 600.000 vivendas que pretenden erixir na costa galega os promotores –e grande maioría dos propietarios actuais das terras onde se construirían, dito sexa de paso- non sería o alicatado que quedaría o litoral, que tamén. O malo é a xente que aparecería esporadicamente coa escusa de que os comprou e que pretende pasar uns días neles ou alugalos.

Porque eses edificios de construcción aínda peor que de aparencia que foron inzando o borde marítimo desde hai algún tempo fóronse vendendo a forasteiros relativos. Ós “venideros”, que lle chaman, alomenos en Sada. En Vilagarcía e Muros, composteláns, ourensáns en Nigrán e Gondomar, lugueses do interior en Miño e na Mariña. Tamén algúns madrileños en Sanxenxo e Baiona. En xeral, cidadáns que aparecían polo verán coa intención de pasar un mes ou mais –dependendo se eran activos ou clases pasivas- e acaban estando quince días, expulsados polo tempo ou pola reticencia dos fillos a pasar as vacacións nese lugar tan muermo. Algúns tentan destinalos ó aluguer, pero a única tempada con posibilidades de facelo é precisamente o verán. De dalo conseguido, vaise desvanecendo a relación co ditoso apartamento, ó que van comendo as humidades en competencia feroz cos defectos da construcción. A maiores, para pouco máis de dous millóns e medio de habitantes que somos en Galicia, hai un censo de case dous millóns de vivendas xa feitas, co que, a pesar de que moitas estean abandonadas e os bens inmobles estean, como o resto das propiedades, mal repartidos, o caso é que case tocamos a casa por individuo, momento en que o sector queda a pré, ou como din os economistas para xustificar o seu saber, coa actividade ralentizada.

O malo é que, como din os xitanos, cada día nace un paio. Neste caso, todos os paios que xa non caben na costa mediterránea e andaluza, ou non teñen cartos para tanto, ou están fartos de que os estafen por comer mal ou por calquera outra razón. Como no resto da cornixa cantábrica, quitado aquí, xa teñen claro que non van vender a costa por anacos, como as viúvas da posguerra alugaban os cuartos da súa casa a caballeros decentes, o sacacuartos móntase aquí, que a xente está tola por desfacerse dos montes e dos prados que tanto traballo deron para nada. Paios ou o bastante inxenuos ou o suficientemente resabidos para non pararse a analizar a contradicción de anuncios publicitarios como “Compre un piso en el último paraje virgen de la costa lucense” (exemplo certo e real) e que se deciden porque un apartamento aquí sáelle polo prezo dunha praza de garaxe en Madrid ou en Valladolid. O peor e moito máis duradeiro efecto medioambiental do Prestige non foi o chapapote, senón os que se animaron a facerse cun apalanque aquí, atraídos polos lugares que saían nas reportaxes. (Unha situación que se describe máis que agudamente a excelente curtametraxe  Mariña Dor, bisbarra  de vacas-ciones, de estrea en You Tube).

E se veñen, quererán servicios municipais, que os concellos poden dar malamente, porque non é certo que a construcción sexa unha das principais fontes de ingresos para as facendas públicas locais (será, en todo caso, para as facendas privadas dalgúns cargos públicos locais). Nesa circunstancia, reclámase á Xunta (que somos todos, sexamos promotores ou promovidos, teñamos terras agrícolas ou forestais susceptibles de mudar en urbanizables ou non). Pero a maiores, como veñen, saen por aí. Resoan por todas partes os seus atroces acentos. Enchen os restaurantes e soben os prezos (“oyes, una ración de pulpo en un plato de madera por 20 euros, un chollo”). E aprovéitanse dos nosos defectos, como o de querer quedar ben cos de fóra e facernos perdoar por ser como somos. O outro día, ou mellor dito, unha noite, unha parella de veraneantes, non sei se dos asentados ou dos transeúntes achegouse no peirao de Panxón a un dos numerosos pescadores de cana que alí estaban, e que acababa de pillar un cefalópodo.

-¿Qué es? –entroulle el, todo campechano.

- Un choco. Vamos, una sepia –díxolle o da cana, traducíndolle ó notar o acento.

- Ah, una jibia, pero ¿es jibia o jibión?, porque son distintos.

- Pues no sé –encolleuse de ombros, no canto de responderlle, como se merecería: “É un choco”.

Que non todo é o feísmo.

<o:p> </o:p>

<o:p> </o:p>

<o:p> </o:p>

Revista GPS, xullo de 2007<o:p></o:p>

<o:p> </o:p>

<o:p> </o:p>

<o:p> </o:p>

<o:p> </o:p>

<o:p> </o:p>

Retrato do político como can da merenda
Aviso a navegantes: Isto que se dispoñen a ler – nun acto de benevolencia que agradezo aínda que estea dictado polo aburrimento- é politicamente incorrecto por ser demasiado correcto politicamente, non sei se me explico. Tamén é editorialmente incorrecto, porque non pega moito co espírito do resto da revista. En resumo e con perdón, isto é unha chamada de atención para que lle collan aprecio á clase política.

Non me vou acoller a eses tópicos de que algúns cargos públicos son como son –uns presuntos delincuentes ou uns probados amasadores de cartos- pero que non se pode xeneralizar e en todas partes hai de todo. (En todas partes hai de todo, pero o que non ten un cargo teno moito máis difícil para pillar, e se o collen non ten nin un partido rival ó que botarlle a culpa nin un electorado ó que pedir apoio e comprensión). Non, reivindico a clase política en conxunto, e co argumento real e descarnado de que podía ser moito peor do que é. Por exemplo, recente aínda a campaña electoral, algo positivo dos políticos é que son como o can da merenda. Ser ou parecer o can da merenda –cóntolles, porque non o atoparán nin en Google— é ter a habilidade ou a necesidade de facerse presente no momento oportuno para pillar algo. Como os cans que aparecen de non se sabe onde á hora da merenda. Pero soamente cando hai merenda. É dicir, o político soamente pide en campaña –ben, algo tamén en precampaña- electoral, e non anda pedindo a todos horas e todos os días.

Ese é o primeiro punto ó seu favor. O segundo é que, como di o clásico, máis vale pedir que roubar. Ou sexa, que pide, solicita, roga, non esixe nin demanda. O cidadán dá se quere, e se non dálle a outro, ou a ninguén. A maiores, debe ser a única ocasión en que o cidadán pelado é obxecto de seducción, mimado, e agasallado. Ben é certo que, logo de conseguido o obxectivo, quedas tirado coma un klinex, pero iso tamén pasa noutras facetas da vida. Ademais, é moi fácil poñerse a criticar, pero un político é un ser humano, máis ou menos. Un ser humano ou humana, que dirían eles, que ten que soportar que o seu careto inunde a cidade, colgado das farolas ou encartado nos limpa-parabrisas dos coches.

Xa sabemos que hai xente que está disposta a mostrarse tal cal é ou incluso peor do que é, con tal de saír na televisión, pero é que os políticos teñen que saír sempre, lles guste ou non. E non soamente en imaxe, senón en persoa. Coincidirán que debe ser duro ter que saír pola rúa, arroupado por unha tropa de correlixionarios e rodeado por unha nube de reporteiros gráficos, e mostrarse natural, próximo e mira que sencillo. Arriscándose a que che dean unha mala contestación, que hai moita xente que pensa que ter unhas ideas é escusa para non ter educación. Certo é que tampouco é agradecido o papel do saudado. Eu vin os apuros dun vendedor do cupón cando se lle achegou un candidato na pasada campaña. Non recordo se era discapacitado da visión ou da mobilidade (o do cupón), pero desde logo, non foi xogar limpo porque o home tiña moi reducidas as posibilidades de zafar.

E non deixa de ter perigo. Imaxinen que o candidato descubre ó ansiado bebé (a peza que parece que dá máis puntos) e o colle, todo extasiado. Pode pasar que: A.- O neno, que aínda no asentou o biberón, pótalle por riba, situación desagradable para calquera. B.-Se o cativo é máis grandiño bota a correr despavorido. C.- Calquera que sexa o tamaño ou idade da criatura, o adulto que o coida non está o tanto da actualidade política e o que ve é a un tipo traxeado e sorrinte que lle colle ó pequeno, e móntalle un dios ou mételle unha labazada. En calquera das situacións, alí están os fotógrafos para inmortalizar a escena. Por non falar de cando se che botan enriba os seguidores. As señoras supoñen un risco relativo (normalmente de asfixia), pero hai patróns efusivos que poden producir fisuras óseas cunha aperta emocionada. E aínda que non haxa perigo para a integridade física, aturar tanta devoción non pode ser bo para a integridade mental.

De todas formas, unha cousa é collerlles un chisco de cariño e outra pasarse, descoidarse e, como dixo Buenafuente, acabar escollendo ós futuros implicados na Operación Malaya.

(GPS, xuño 07)

Se hai que ir, vaise, pero…
O que non pasou por ese trago hai uns días, pasará dentro dunhas semanas. De feito, hai que pasalo dúas, tres ou catro veces ó ano. Por moitas experiencias que se teñan superado, por moitas veces que saímos delas dicindo que é a última e que nin de coña, recaemos sempre. É o que ten viaxar.

Hai moito tempo, nunha época tan remota en que incluso hai constancia escrita, acuñouse o dilema “mar ou montaña”. Tratábase dun dilema tan falso como ese de se che gustan morenas ou louras, porque daquela a xente viaxaba a onde podía, os que podían, e para quedarse alí meses enteiros. Era ir pasar o verán a outro sitio e non había nada que contar, quitado que alguén escordara un pe ou partira unha perna. Foi máis recentemente, cando a xente deu en discutir se viaxar á India ou a Nova York, ás Canarias ou a Benidorm, cando realmente empezou todo. As viaxes tiñan unha finalidade, ou peor aínda, varias: pasalo ben, coñecer sitios ou cousas, ter experiencias… En fin, é incrible a capacidade do ser humano para autoenganarse.

Das viaxes vólvese sen unha cadela, sen coñecer máis xente que a unha parella que valencianos que na ida eran moi simpáticos e na volta hai que lle pedir polo que máis quixera á azafata do mostrador que nos dera asentos na outra punta do avión. Vaias onde vaias, a quen atopas é a alguén xa coñecido: “¿Sabes a quen me encontrei facendo a horterada esa da foto aguantando da Torre de Pisa?”. E tampouco é que se coñezan sitios. A metade deles, por falta de tempo. Aínda rebentando de tanto andar, hai que acabar escollendo entre o museo tal e a rúa comercial cal. Decídeste polo museo (ó fin e ó cabo, sempre podes comprar algún detalle na tenda de recordos) para descubrir que está pechado e/ou en obras. Non dás atopado aquel famoso bar de copas im-pres-cin-di-ble do que che falou o teu amigo experimentado (en viaxes e/ou en fantasiadas) e mira que deches voltas ó barrio do demo. E aquela tenda tan fashion e non demasiado cara é agora un Zara, e para esa viaxe non necesitas alforxas (premonitoriamente, eu trouxen unha vez de Londres un moderno vestido punk que a agraciada, mirando a etiqueta, descubriu que estaba feito en Barcelos, Portugal).

E cargabas coa cámara de fotos a todas partes, a metade das veces medio paranoico por se cha levantaban, pero pagaba a pena, porque volvías cunha chea de carretes con fotos divertidas ou case profesionais. Total para que a única persoa que se resignaba a velas fose a dependenta da tenda de revelado, e para non cobrar as que saíran mal. Desde que se xeneralizaron as cámaras dixitais, nin a dependenta as ve (nin ti mesmo, sendo sinceros). Ademais, antes, calquera trangallada que trouxeras deses mundos, fose un toblerone ou un disco de Madness, era unha novidade (relativa, como demostrou o caso dos arreos punks made in Barcelos). Agora non é que todo o que por aí hai o haxa aquí, é que por aí fóra está todo o que hai aquí. Que hai o mesmo en todos os sitios, vamos (como demostra o caso de Zara).

Por non falar dos mosqueos. Os previos de decidir a onde se vai (“aí vai facer unha calor do carallo”/ “Para pasar frío, quedamos na casa”), os propios da viaxe (“se me fixerades caso e preguntaramos, que ese mapa do hotel non val para nada”) e os históricos ou consolidados, derivados dos dous tipos anteriores (“¿quen foi o que dixo de ir a New Orleáns, que alí os furacáns eran cousa normal?”/ “Polo menos non pasamos unha semana nunha casa rural vendo como chovía e coincidindo no comedor con medio corpo do profesorado de ensino medio”). As parellas que duran son as que nun momento determinado deciden parar de viaxar, e o mesmo vale para os grupos de amigos. E non me saír co ben que se pasa ou se pasaba viaxando cos colegas. Ós 20 anos ata pasar unha noite nun calabozo municipal xogando á brisca ten o seu punto de gracia.

Vale, o que queda das viaxes son as sensacións (“hummm, ule como Nairobi logo da chuvia”) e as anécdotas (“a min en Reikiavick pasoume unha cousa ben pavera”), mesmo as situacións un chisco traumáticas (“¿Mal rollo o de Ana María Ríos?, darse de conta en plena aduana de Tánxer de que levas unha china no peto da camisa, neno, iso si que é mal rollo, que o cónsul nin te chama e dos de Interviu xa nin falamos…”). Pero agora, coas viaxes aquí-te-pillo-aquí-te-mato sacadas de internet, a metade das veces xa nin recordas a onde sacaches o billete (“eu penso que ía a Viena, pero baixáronme en Cracovia, e non vexas qué marcha e canta pedra. Agora que o penso, ¿non sería Santiago? O aeroporto parecía Lavacolla…”).

Así que o mellor é quedar na casa, e se hai necesidade, aboarse a eses canais temáticos (que gravaron as sitios con calma e cando estaban abertos) e facer os comentarios mudando habilmente o “a min pasoume en” por “isto mesmo pasa en”…

(Revista GPS, abril de 2007)

Gústache conducir?
As autoridades todas están empeñadas en sacarnos dos vicios, incluso dos vicios que eles practican, a pesar dos cartos que as institucións ingresan a conta deles. De todos os vicios, hábitos e toxicomanías, quitado do máis perigoso e custoso que hai, e do que eles sacan máis proveito: conducir.

Conducir non é unha toxicomanía, berrarán indignados os representantes dos sectores automobilísticos, as redes de concesionarios e as asociacións de profesionais do volante (poderían limitarse a desmentilo, pero ultimamente os representantes de sectores serios e importantes, como os promotores inmobiliarios, compórtanse cando fan declaracións como participantes en Gran Hermano). Claro que o é. Hai unha chea de estudios científicos –e se non os hai, non sei en que outras investigacións irrelevantes se perde o tempo- sobre a influencia que ten guiar un coche no comportamento humano. No masculino, en concreto, que é metade de todo o comportamento humano, o feito de que algo funcione dándolle cos pés mentres agarramos unha cousa redonda e o mundo ó redor fai brrrm, brmmm, é evidente que enche grande parte das nosas expectativas. No caso feminino, a satisfacción de conseguir que algo faga caso sen terlle que repetir as cousas cincuenta veces, é obvia, e moito máis se a maiores é perfectamente compatible con todas as amigas e amigos e non toma a mal que o tomes e o deixes cando queiras.

Esa gratificación sensorial primaria é unha das sensacións máis  características das drogas. Como tamén o é a insatisfacción posterior, sen que iso provoque que se deixa de usar e abusar delas. É decir: de mañá sabemos de sobra que no coche tardaremos 30 minutos en facer un traxecto que se faría en 5 nun tren, ou en 20 minutos en bicicleta, e que a maiores pasaremos como mínimo un cuarto de hora esperanzados en atopar onde aparcar, ata que se nos rompeu a ilusión de tanto rular (como decía  Rocío Jurado do amor) e acabamos meténdonos nun parking. Sabémolo, pero collemos o coche igual. É que non hai tren, nin bus, e calquera vai en bicicleta neste tempo/con estas costas/no medio deste tráfico, dirán. Se ós conductores lles interesara que houbera transporte público, xa lle terían mandado o aviso ós políticos, xa lles terían esixido unha solución ou tan siquera uns parches.

Vale, é certo que hai que ir traballar todos os días. Pero a ver como se xustifica coller o coche un sábado ou o venres pola tarde para ir a un macromercado, a dar voltas procurando unha praza para estacionar en dura loita co resto do mundo, igual que os bichos dos documentais cando buscan parella, guarida ou comer sen que te coman. Por aforrar, si home si, vai ser por aforrar. Entre o combustible e as chilindradas que se acaban comprando a maiores (eu unha vez estiven a piques de facerme cunha mezcladora de cemento de oferta) está demostrado que se gasta de máis un 10% máis do que se tiña pensado gastar de menos (ou algo así). É o que ten o mundo da droga: que os adictos non recoñecen a adicción.

Por esa mesma razón, os anuncios de coches son como son. Soamente son comprensibles logo de inxerir unha considerable dose de estupefacientes. Por iso fai tanta gracia e se fixo tan famoso o do chino decindo o da auga. De feito, a versión orixinal (logo cortáronse, pero era así) da publicidade de BMW era “Gústache conducir, eh? vicioso”

25/11/06

Arte de facer fillos
Hai quen poida pensar que isto da reproducción humana é unha cousa sinxela, ben pola reflexión teórica de que a humanidade se deu apañado ata hoxe para correr a bola da vida, ben por algunha experiencia persoal práctica que vostedes poidan ter. Pois por moita reflexión filosófica, moito coñecemento histórico ou moita experiencia que lle boten, non é certo. Ter un fillo (ou filla, claro) é toda unha arte.

A primeira condición –non imprescindible, pero desde logo absolutamente recomendable- é ter unha razón para facelo. (Falo de razóns, non de escusas, é decir non valen as do tipo: “non sabiamos o que facíamos”, “estabamos os dous un pouco calzados”, “atravesaba un mal momento”…). As mellores razóns son as razóns de tipo elevado, como estes argumentos a favor da procreación que daba xa en 1947 José Fraga Iribarne, adiantándose ós que medio século despois repetiría o seu irmán Manolo: “Todos los desórdenes sociales de nuestra época no parten de la falta de medios económicos, sino de la desorbitación de las necesidades. La sociedad española pierde a pasos agigantados la idea de servicio. No basta una política demográfica estatal que conceda cartillas de familia numerosa con exención en los billetes ordinarios. Es preciso que otra vez los hombres y las mujeres de España crean con fe viva lo que nuestros abuelos creyeron: que el matrimonio tiene por fin criar hijos para el Cielo”. Altura de miras, toda, desde logo. Claro que se lles parecen altas dabondo, están as máis modestas –sen deixar o elevado- que comentaba/cantaba Pucho Boedo nun tema de Los Tamara: “¡Un gallego más en la familia, que maravilla!”

Pero ademais dos obxectivos celestiais ou da cría de galegos, hai que ter razóns sólidas. Entre outras cousas, para afrontar atrancos como os económicos. Hai estudios e informes de toda índole estimando ó detalle os custes de manter dignamente un neno, pero ningún supera en certeza e expresividade a análise que fixo O Marqués, un elemento característico da fauna noctámbula coruñesa, no programa Adiviña quen ven esta noite que presentaba Xosé Ramón Gayoso. Aquel Gayoso pre-Luar pero xa marcadamente campechano preguntáralle a aquel individuo, que se rumoreaba que ninguén o vira polo día desde había anos, se non contemplaba a posibilidade de ser pai: “¿Un hijo?” – sorprendeuse o Marqués- “¡pero si sale más caro que un Ford Escort!” (nota para habitantes destes tempos en que un Mercedes teno practicamente calquera ó que non lle asuste o prezo dos recambios: un Ford Escort era un coche de gama alta, non tan alta como a retórica de José Fraga Iribarne, pero tampouco ó alcance de todos).

Tamén hai que estar moi firme na decisión de procrear para soportar o debate continuo de a quen se parece o consecuencia do decidido. Todos sabemos que os recienes parecen o resultado dun cruce xenético entre un ser humano (que aporta a forma) e unha pasa (o tamaño e a textura), pero eso non refreará a controversia. Repasen calquera cuestión que os teña completamente aburridos (que pasou o 11-M, por que arden os montes, está vivo Elvis, hai vida intelixente fóra de aquí ou tampouco) e será unha miudeza ó lado da polémica de se o nariz é da familia paterna, da paterna rama materna, da materna ou da materna-materna. Se as orellas son do tío Tal ou do primo Cal. Todo pichichi que desfile polo berce discutirá mesmo a quen se vai parecer de maior. Máis ca un fillo parece que tés un retrato robot.

Se afrontas e superas todas esas probas, todo o mundo se apresurará a darche a noraboa. Pero non é polo que pensas. É porque como xa ninguén agarda a poder vivir dos fillos propios, caso de telos, a ver se polo menos os fillos alleos nos garanten que de vellos nos vaian pagar as pensións.

(Revista GPS, setembro 06)

Palabras que deberían sufrir un accidente
As palabras son como os alicates ou os ollos azuis. Ferramentas útiles para labores e propósitos de todo tipo, que se poden usar ben ou mal. Pero hai outras que son como as navallas barbeiras: puideron servir para algo bo no seu tempo, pero agora máis vale restrinxir o seu uso para non mancarse e evitar desgracias.

Por exemplo, para empezar por unha que afecta ó meu gremio, a expresión periodista de raza. ¿De que raza?, ¿de raza equina? Ninguén fala de enxeñeiro de raza, ou de calafateador de buques de raza. Unicamente de xornalista/escritor de raza, co que se parece indicar que os aludidos poderían ter a oportunidade ou a posibilidade de exercer un oficio decente e respectable, pero foi a súa mala cabeza ou as malas compañías os que os meteron nun vicio nefando e nun hábito deleznable do que non deron saído. Outra é esa de ejercer de gallego. ¿A que se refire?, ¿a xente que non o é e andan de intrusos, de galegos sen carné? Como decía o pai do protagonista paquistaní da película Mi hermosa lavandería (aquela de Stephen Frears que contaba os amores entre un skin e un paki) cando o acusaban de non perdoarlle as mensualidades ós compatriotas que tiña de inquilinos, “son un paquistaní, pero non un paquistaní profesional”. Posiblemente aluda ós que non lles importa que se note que son galegos, non como o Israel aquel de Gran Hermano¸ o pasmón aquel de Ourense que en cando se tirou pola pendente do show bussines, foi a un logopeda a que lle quitara o acento, cando o que tiña que facer era pedir cita en Corporación Dermoestética para que lle quitaran os coloretes da cara que o revelaban como un comedor de touciño. Pero tampouco neste caso se escoita moito que alguén exerza de catalán ou de castelán e/ou leonés, ou sexa que a pertenza profesional á patria chica (outra parvada, por riba cursi) parece estar reservado a aqueles que deberían agachar a súa orixe, e incomprensiblemente non o fan.

Con todo, a palabra que máis odio é terruño. Cando din de alguén (ou mellor cando escriben de alguén, ninguén utiliza esa palabra na fala) que está “apegado a su terruño” están decindo en realidade que é un tipo cun torrón por cerebro, un cavernícola, no mellor dos casos ben intencionado porque non coñece outra cousa. A súa utilización revela en quen a usa que el si que é un “terruño”, que pensa como seu pai e escribe igual que o seu avó. Non son manías. As palabras sirven para o que sirven, como eses que botan man do tópico dos gallegos en la escalera (outra!) como pretendido argumento de ineptitude ou de reserva, cando os ineptos non son os que suben/baixan, senón os que non saben ver se sube ou baixa o galaico observado. O mesmo que a vergüenza del gallego que define a derradeira porción de comida que queda. ¿Por que non se recoñece que o que se deixa no prato é máis ben a cortesía del gallego, por se alguén queda con algo de fame?

Estas non son teimas persoais. Recentemente houbo unha petición de retirar o diccionario da Real Academia Española as acepcións de gallego como “tonto” (en Costa Rica) e “tartamudo” (en El Salvador) que aparecen antes que “lengua de los gallegos”. A Academia respondeu que non podía porque é o que hai e son antigas, pero tamén no Diccionario del Español Actual aparecen as definicións “persona reservada y que no manifiesta francamente lo que piensa” e “mozo de cuerda”. Ou sexa, que por pouco que se usen e por moito que amolen, a esas expresións non as van xubilar, así que habería que facelas desaparecer. (Xa saben, de forma que pareza un accidente).

(Revista CAÑA, xullo 06)

Odio ser de aquí
Ben, o titular é para que picaran, pero non é que estea precisamente contento con ser galego. Non é que me desguste a comida, ou a bebida. Ó revés, o ser humano é unha construcción a base de herdanzas e costumes, e se os nosos pais, a sociedade na que medramos, se fixeron a base de porco e sardiñas, o normal é que nos gusten a nós, quitado traumas infantís ou indixestións. Ata tal punto que eu recordo ter entrevistado a un fotógrafo cubano moi famoso, David Corral, o que fixo as imaxes de Fidel entrando na Habana, e recordaba que os pais eran de Lugo, e a pesares de que sempre foran pobres, nunca comían millo, porque decían que era para os porcos, cando veciños seus emigrantes da Coruña ou Pontevedra non tiñan problema ningún.

A min o que me mata é o noso pensamento dominante, o que lle chaman mainstream, o deixarse levar pola corrente. Por exemplo, os galegos somos nacionalistas de máis. Sobre todo –e quizais exclusivamente- fóra. Xente que aquí pide perdón se diante dun primo de Madridsi se lle escapa unha frase en galego (“manda carallo na Habana”, por exemplo), empéñase en comer empanada se vai de viaxe a New York. Eu mesmo fíxenme cuns chourizos de Lugo en lata nunha tenda para turistas en Cayo Largo, logo dunha semana farto das exquisiteces do buffet libre incluído no paquete de viaxe, por aquilo que comentei da idiosincrasia da paparota. Pero é que, posto na praia de Copacabana, o galego medio apreciará a fermosura e as dimensións do areal, pero seguro que acabará rosmando: “ben, mal non está, pero está mellor a da Lanzada/As Catedrais, e a de Riazor/Samil é moito máis cómoda”.

Tamén me parecemos excesivamente liberais. Non soamente liberais nos costumes, que é unha cousa que está ben, senón no económico, que está depende. Paul Lafarge, xenro de Carlos Marx, xa falaba mal de nós como adictos irremediables ó traballo no seu libro O dereito á preguiza. Para os galegos, todo esforzo é pouco, e o traballo é fonte de toda salvación e remedio dos males todos (“se traballaras…” é a resposta máis habitual a quen nos conta algunha desgracia). E temos unha concepción tan ultraliberal do que é público que, ó noso lado, Emilio Botín é un stalinista de plan quinquenal. Somos tan anti-estado que a propiedade pública non se supón que é de todos, senón de ninguén.

E somos tamén unha xente demasiado progresista, contra o que se pensa. Conservadores son os xaponeses, os británicos, e se me apuran, os asturianos ou os vascos, pero aquí non se conserva nada. Os xaponeses levan facendo a mesma cerimonia do té desde antes de inventarse as tazas, pero aquí chegou o invento de electrocutar os porcos e xeneralizouse ata que se comprobou que prexudicaba o sabor da carne (progresistas si, pero sempre que o progreso non afecte ás esencias). E hai pouco, os veciños dun lugar tiraron o muro de pedra dun camposanto que tiña 300 anos “porque pensamos que non valía nada” (progresistas si, sempre que non afecte á economía) e na cosmopolita Coruña derruban edificios catalogados arquitectonicamente porque non son modernos bastante como para ter garaxe. Sinceramente, penso que se algún día un desastre nuclear arrasase un sitio, calquera veciño que volvese comentaría satisfeito: “¡Como cambiou todo!” (de feito é o que comentan cando volven a sitios desfeitos por construccións horrendas).

En resumo, somos tan idiosincráticos que apreciamos as cousas cando xa non as temos, e somos tan progresistas que pensamos que somos demasiado conservadores. E así non hai maneira de identificarse con esta xente.

(Revista CAÑA, maio 06)