Arquivo da categoría ‘Matrix Press’
Machistas e periodistas
Se a idea que vostede ten dun periodista é a dun tipo ou tipa que sae na tele dicindo o que lle peta, aínda que sexa de forma educada, pode aforrar ler isto. Porque lles quero falar de dúas noticias que teñen moito que ver co periodismo de verdade: un informe que asegura que a maioría dos adolescentes son machistas, e as promesas do PP aos editores de diarios para paliar a crise da prensa. O informe, elaborado pola Federación de Mujeres Progresistas di, e así o difundiron moitos medios, que o 80% dos adolescentes cree que nunha parella, a rapaza debe compracer ao rapaz. En canto ao outro, o responsable de Comunicación do PP, Esteban González Pons, prometeulle á Asociación de Editores de Diarios de España unha reforma legal para protexer a propiedade intelectual e axudas para a reconversión dixital. Que relación terá unha cousa con outra?, dirá vostede. Exactamente a mesma que o ovo e a galiña.
Proba de agudeza visual
Non deixes que o texto orixinal che foda un prexuízo
Para adiantar o traballo do 21N, os xornais publican perfís de Mariano Rajoy. E The Guardian non ía ser menos: veleiquí o traballo do seu correspondente en Madrid, Giles Tremlett, publicado o venres 11 de novembro. Como o que diga The Guardian é importante, e a maiores, facendo unha recensión dun traballo alleo tamén se enche, o día seguinte 20 minutos recolle e interpreta o perfil:
‘The Guardian’ afirma que Rajoy tendrá que ser menos gallego para sacar a España de la crisis
Non fai falta ser licenciado en Filoloxía inglesa, mesmo chega con botar man do tradutor de Google, para comprobar que Tremlett asegura que Rajoy é un mestre da ambigüidade, fai referencia a que provén dunha terra antiga e empapada pola chuvia e remata dicindo que o futuro presidente terá que botar man dun estereotipo que se lle atribúe a algúns galegos, a habilidade de facer unha cousa e convencer á xente de que fai a contraria. A interpretación -anónima, porque vén sen sinatura- de 20 minutos é exactamente a contraria. Onde Tremlett di que Rajoy terá que usar as súas mañas galaicas de enganar á xente (en menos bonito, iso é o que di), o recensionador anónimo faino emplazar ao presidente do PP (de momento) a que sexa menos galego, é dicir, menos ambiguo. Ao ler «ambigüidade», que enThe Guardian é una característica persoal de Rajoy, non dos galegos, o de 20minutos desenfunda o tópico e dispara para o lado contrario.
Enténdaseme. Non me molestan especialmente os tópicos. Teñen máis ancoraxe na realidade ca os discursos políticos. E, como galego, mesmo prefiro que me cualifiquen tribalmente diso que fóra chaman ambiguo que de saber enganar. O que me molesta é o xornalismo desganado.
15O. Impresións en quente
- Moita participación. Os clásicos do PC, as extremas do BNG, os manifestantes con pedigrí, unha chea de alternativos e sobre todo xente nova (non soamente moza, senón nova, non habitual das reivindicacións).
- Moita participación, pese ao desinterese -ou interese desmobilizador- dos tradicionais axentes de mobilización como organizacións (partidos ou sindicatos) ou medios. Hai unha inquedanza social, mareira a forte mareira, que non se dá encanado e concretado.
- Nun fenómeno altamente político como é este, a ausencia das organizacións que comparten reivindicacións tanxentes con el supoño que se debe á resaca da fobia antipartidista inicial, ou o que é peor: non van porque non o controlan.
- Aínda máis patético é o caso dos medios. Nas versións dixitais dos medios galegos era practicamente imposible atopar información previa sobre as convocatorias locais, e logo era moito máis visible e inmediata a cobertura das manifestacións en Roma ou en Aix-en-Provence. Iso tanto nos dixitais máis estáticos como nos que van de raudos e interactivos. Se pensan que a xente sigue a mercar o periódico pola carteleira de cine, e que o que non sacan non existe, logo que non se queixen de que baixa o «consumo» de «información». Hai mobilización a pesares dos medios (pero máis habería se houbese información, claro).
- En resumo, e como lle pasou a Nunca Máis, o morto que algúns dan por matado goza de moi boa saúde. Outra cousa é no que acabe, se é que acaba.
- (E que alguén me aclare o misterio da proliferación e mesmo exhibición de bicicletas, ese vehículo certamente molesto para participar nunha marcha a pé).
- 15O na Coruña
iSaturación
Sabe quen inventou a fregona? E a lavadora? Eu desde logo non, pero todos estamos perfectamente informados da morte de Steve Jobs, o que inventou os ordenadores Mac e todos os aparatos que comezan por i, do iPod ao iPad, pasando polo iPhone. Estamos tan avisados que houbo informativos de radio e televisión practicamente enteiros, e partes nobres de xornais, dedicados a reportar o falecemento, detallar as reaccións que suscitou, e recordar a súa contribución á mellora do mundo. Nas horas seguintes ao fatal desenlace, escribironse 10.000 mensaxes por segundo na rede social Twitter.

Desde Lolita (si, Lolita Flores) que escribiu esta secuencia de mensaxes: “Descanse en paz jacobs”. “Esteve jobs, estoy fatal con tanto medicamento pa el trancazo”. “Me he equivocado de apellido , pero mi sentimiento era el mismo”, a Rubalcaba (“visionario de la tecnología que se atrevió a hacer realidad aquello que soñaba”) e Mariano Rajoy: “Steve Jobs nos ha facilitado la manera de informarnos y comunicarnos. Descanse en paz!” (asinado MR, para indicar que foi el propiamente, e non ningún dos colaboradores que lle escriben a cousa). Mesmo no acto no que Rajoy participaba cando se coñeceu a noticia, a convención do PP en Málaga, posou xunto a unha pantalla en plan lápida conmemorativa (“Gracias, Steve”), aínda que cun ordenador da competencia (o sentimento é o mesmo, como diría Lolita).
iNews, bad news
iNews é o programa informático que se usa nas redaccións de TVE e RNE. O que motivou a última polémica, de momento, na política española, cando o Consello de Administración de RTVE decidiu que debía ter acceso a el. iNews é un sistema que na teoría é moi útil e áxil, e na práctica bastante farragoso, como todos os que están pensados para que os xornalistas fagan traballos a maiores dos que realmente teñen que facer. Dígollelo porque ter dereito a usalo non é un privilexio como ter acceso ás series ou películas todas que emitiu Televisión Española, ou dispoñer de todo o arquivo de música de Radio Nacional. O tal iNews o que permite é desde ver as escaletas dos programas (as noticias que se van dar, a orde, e quen as fai) ata modificalas, dependendo do escalafón, claro. Un redactor pelado soamente pode escribir na noticia que lle encargaron. Un xefe de área pode cambiar a parte que lle corresponde, o editor a escaleta do programa, e o director de informativos as escaletas todas. Pero calquera que teña acceso ao programa pode ver que se está facendo nel.
O contexto informativo
Lendo as informacións sobre a morte de dous nenos en Monte Alto, e comprobando que editores, redactores xefes, ou periodistas non lle conceden moita importancia ao contexto dos sucesos (por exemplo, o espectáculo que xeneran)
Por certo, este era o meu texto orixinal:
Un hombre fue detenido ayer en A Coruña acusado de matar a golpes a dos niños gemelos de 10 años, hijos de su compañera sentimental. El presunto homicida, un escayolista en paro, avisó él mismo a la policía municipal tras haber destrozado la cabeza de los dos pequeños con un objeto contundente en un piso del popular barrio de Monte Alto, próximo al centro de la ciudad. El hombre, que no llega a los 40 años, según los vecinos, pidió auxilio a los agentes alegando que en la vivienda había dos personas que necesitaban asistencia psiquiátrica, en aparente alusión a él mismo y a la abuela de los gemelos, que también estaba en la casa. Según fuentes próximas a la investigación, cuando los agentes locales llegaron a la casa, Javier se lamentaba: “No aguanto más, no aguanto más…”. La madre, llamada Mar, se encontraba en ese momento en el trabajo, lavando platos en un mesón próximo al domicilio familiar, y fue la policía la que le dio la noticia.
El suceso se produjo sobre las cuatro de la tarde en el tercer piso del número 13 de la calle Andrés Antelo, un edificio de tres plantas en el que fue el primer barrio obrero de A Coruña. La policía acordonó los accesos a la calle y poco después dos psicólogos del 112 acompañaban a una ambulancia a la abuela de las víctimas. Más tarde bajó el supuesto homicida, de nombre Javier, cubierto por una sábana y protegido por escudos antidisturbios. Los agentes judiciales abandonaron el domicilio pasadas las 7 de la tarde, y el furgón funerario llegó a las 7,30, cuando las unidades móviles de televisión ya estaban dispuestas.
Mientras decenas de curiosos, entre ellos niños con sus madres, esperaban la retirada de los cadáveres, a 500 metros, una mujer se cubría la cara con las manos, horrorizada. Era la propietaria de un bar cercano al mesón donde trabajaba Mar desde hace años. Acababa de recibir la llamada de su amiga para que alguien la fuese a buscar al cuartel de la policía de Lonzas, donde había estado prestando declaración. Mar, de 37 años, tenía un hijo de 18, fruto de un primer matrimonio, que vivía con su padre, y dos gemelos de una segunda relación, a los que atendía la abuela. “Una mujer que tuvo una vida terrible”, aseguraba una vecina que hacía gala de su dolor”. Con Javier llevaba aproximadamente un año.
“Es un tipo normal, agradable, aunque a veces parecía que se le iba la pinza, se quedaba como en blanco”, dice David, un joven que fue su compañero de trabajo en una obra cercana, y que se ha acercado al bar al conocer la noticia. Varias fuentes coinciden en que Javier arrastraba desde hace tiempo problemas psiquiátricos y estaba recibiendo tratamiento. “Yo creo que en cuento sepa lo que ha hecho se va a horrorizar”, balbucea David. “Pero si venía a dejar a Mar en el mesón y se quedaba con los niños en el bar. Le llamaban ‘papá’. Que cabrón”, llora la camarera.
Breves apuntamentos sobre Galicia Hoxe
- O tamaño non importa de todo, pero algo si. Un produto feito por 20 persoas é dificil que compita con outros feitos por 100, 200 ou 300. Un xornal depende non soamente da calidade individual dos profesionais que o fan, senón de que haxa un cadro de persoal bastante que a garanta en conxunto.
- Calquera sector industrial depende das axudas públicas, como recordou Caetano Díaz. En Galicia, a automoción obtén 5.700 €/ano por cada emprego, mentres a industria cultural recibe 625 € (vía @cequelinhos).
- Descoñezo as cifras de venda de Galicia Hoxe, pero chámame a atención que a Xunta se permita regalar suscricións (a colexios e a outras entidades) de xornais editados fóra de Galicia, por razóns de proximidade de liña editorial, e non de cabeceiras editadas aquí.
- Descoñezo as cifras económicas do Grupo Correo Gallego, pero éme difícil de creer que perdese moito máis Galicia Hoxe que a radio ou a televisión. É dicir: non sei se as razóns de que pechase o xornal foron puramente económicas ou tivo algo que ver a desafección cara o poder do xornal.
- Chámame a atención a desafección dunha parte importante do público consumidor/demandante de produtos en galego cara boa parte deses produtos. A maiores do apuntado en 1., non teño outra que supoñer que tamén é por razóns de tipo ideolóxico, e/ou de reticencias cara a súa propiedade.
Especialistas
O outro día pasei a maior e máis útil parte da xornada participando nun debate sobre que está a pasar co xornalismo (o resto da xornada, facendo esta columna). A maiores das habituais radiografías de cómo se achega a apocalipse, e das opinións sobre como evitala que se nos solicitan amablemente aos que non fomos capaces de facer un can que non viñera reflectido nunha nómina, chegouse máis ou menos á conclusión de que a salvación, de habela, está no xornalismo de calidade. Eu tamén participo dela, aínda que mencionei que escollemos un mal momento para apostar pola calidade, porque cada vez nas redaccións hai menos xornalistas, e peor pagados. En canto me subo a unha mesa –séntome nela, quero dicir- transfórmome nun ser aparentemente sensato, así que tamén concordei en que os periodistas profesionais somos os garantes desa credibilidade. O malo é que cheguei á casa, metinme en Internet –aí debeu estar o fallo- e dei cunha chea de contraexemplos.
Lula e os controladores
Os que se preguntan como o aínda presidente do Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva pode gozar dunha popularidade enorme logo de dous mandatos, cando aquí os presidentes esgotan os oito anos coa lingua fóra, xa saben por que. Inflúe, claro, ter deixado ao país como a potencia mundial emerxente. Xa se sabía que o Brasil tiña de sempre os vimbios, pero foron os gobernos de Lula os que o deron feito o cesto, e iso que no seu caso a situación herdada era ben mala. Un dos motivos polos que o vello sindicalista se vai igual ou mellor do que veu é a conexión cos temas que preocupan ou deberían preocupar á cidadanía, estean na axenda política ou non. Demostrouna nunha das súas intervencións de despedida do cargo: “o que me parece estraño é que o rapaz que está a desnudar á diplomacia norteamericana… como se chama…, uiquiliques, foi preso, e non haxa protestas pola liberdade de expresión […] o rapaz pon o que alí leu, e se hai bobadas, a culpa é de quen as escribiu, non de quen as divulgou” (a trapallada de transcrición é miña). Ou sexa, dixo o que pensa case todo mundo, coa excepción da inmensa maioría de gobernos e de medios de comunicación.
A fotógrafa de Assange
Ata agora non reparara en que a foto «oficial» de Julian Assange era dunha ex compañeira de traballo
Máis papistas que o Papa
A este Papa téñolle un certo aquel porque, sen lle quitar mérito ao conclave cardinalicio que o escolleu inspirado polo Espírito Santo, tamén o acollín eu nunha destas columnas. Aínda recordo como foi: estaba eu co portátil nun bar en Bastiagueiro, coa televisión de fondo, e de pronto a que parecía a nai ou avoa do propietario anunciou urbi et orbi: “¡Ganó el alemán!, ¡Este ya habló muchas veces, salió tanto en la tele que hasta yo lo conozco!, ¡me gusta!”. Recordo tamén –ben, non o recordo, acabo de mirar a columna daquel 20 de abril de 2005- que os comentaristas, un tanto desilusionados, tentaron animar á audiencia dicindo cousas como que o novo Papa non era tan ríxido como “ciertos medios de comunicación han destacado estos días”.
O pensamento Gómez, ou Núñez
A culpa de que a política sexa como é, é culpa dos políticos e/ou dos medios?
Os medios en galego importan
Saiu a web. Agora a pasmar mirando a quen coñezo.
Como xa dixen por aí, os manifestos non sirven para nada, e as manifestacións tampouco. Como moito sirven os votos (téñenlles máis medo, polo menos), e desde logo, os cartos. Pero trátase de non outorgar. De que saiban que sabemos. E que non, vamos.
Se a mina San José estivese aquí
Supoño que moitos de vostedes se preguntaron que farían no caso de ser un deses 33 homes enterrados e encerrados nunha mina chilena. Como afrontarían a cousa a perspectiva de pasar uns tres meses nesa situación, e se a darían aguantado. Iso foi o segundo que me veu á cabeza cando souben do drama. O primeiro, quedar arrepiado polo destino deses homes. O terceiro foi acordarme dunha obviedade. Da película El Gran Carnaval (Ace in the Hole, 1951) de Billy Wilder, porque nela tamén hai mineiros atrapados e atención informativa. Na película é un só mineiro, e un só xornalista (Kirk Douglas) que convence ás autoridades de acometer o rescate non polo sistema máis rápido, que levaría apenas unhas horas, senón por outro, moito máis lento. Así, habería tempo para converter o que sería como moito un accidente laboral dunhas liñas, nun operativo de alcance nacional. E así é, desafortunadamente para o mineiro.








