Mar 15 2008

Non damos feito

Categoría: Matrix Press, Si home sisihomesi @ 11:51 am

Non hai moito tempo un suceso de certa entidade duraba como referencia ben anos. E no tempo dos nosos avós un acontecemento entraba nas conversas dunha xeración enteira. Agora, en apenas nunha semana (esta), tivemos unhas eleccións disque decisivas, ou máis ben dúas se contamos as de Eurovisión, e sufrimos outro deses temporais do século. Un abarrote de decisións, sensacións e informacións que colapsarían o sistema nervioso dun ser humano de antes.

Continuar lendo “Non damos feito”


Feb 03 2008

Demasiadas agresións

Categoría: Matrix Presssihomesi @ 10:07 pm
“En el exterior han tenido lugar los incidentes más graves cuando una treintena de estudiantes se ha enfrentado con los agentes de seguridad de la Universidad, produciéndose agresiones y golpes. Los agentes se han defendido a porrazos del ataque de los jóvenes, que también han agredido a los agentes, uno de ellos ha sido pataleado tras caer al suelo”.

Así, a vulto, eu conto polo menos tres agresións:

  1. Á obxectividade (ou cando menos á apariencia de).
  2. Á sintaxe (os axentes aparecen por todos os lados, para ó cabo non saber se quen cae é dos axentes ou dos jóvenes)
  3. Á semántica (o axente/joven pataleado debeu selo polo público, que non apreciou o seu estilo artístico de caer ó chan)

Xan 25 2008

Normalidade informativa?

Categoría: Matrix Presssihomesi @ 11:53 pm

Dunha forma un tanto sorprendente, ou non moi habitual nestes asuntos, os medios de comunicación deron á detención de dous presuntos colaboradores do Grapo un tratamento polo menos desapaixoado, recollendo as opinións de todos as que a deron.


Dec 09 2007

A Nosa Terra

Categoría: Matrix Presssihomesi @ 10:13 pm

Non asistín á presentación da nova etapa de ANT (entre outras razóns, porque tampouco me invitaron), pero contáronme que, a maiores dos discursos de exaltación do novo producto e de esperanza polo novo camiño que se emprende, houbo tamén unha certa dose de autocrítica por ter transitado no pasado por sendas sectarias. Mesmo no primeiro número da nova xeira, suplemento incluído, hai algúns meaculpas e certos tiróns de orella. Éme moi difícil non estar de acordo con algo como facer autocrítica, pero o principal problema que lle vía a ANT non é que fose unha publicación do BNG, ou do nacionalismo, senón para o BNG, centrada sobre todo no mundo nacionalista, nos seus intereses e puntos de vista. Postos a selo, máis que estritamente sectaria desde o punto de vista político, ANT érao no reduccionismo dos contidos que ofrecía ó público.

(Por outra parte, algo que un de Chantada fixo ben, malo será que non o mellore un de Monforte).


Nov 25 2007

Mira quen mata

Categoría: Matrix Press, Si home sisihomesi @ 10:05 pm

“Mira agora mesmo o que están poñendo na cadea X”, chamoume hai anos unha cuñada, toda divertida. En X estaban botando o programa aquel no que un veterano actor perdía dignidade e ganaba liquidez facendo de amañador de relacións, penso que a bordo dun carromato. No momento en que prendín a tele aparecía un individuo de aspecto un tanto inquietante, pese a estar composto para a ocasión, co fondo dun coñecido monumento da miña cidade natal. Reclamaba o perdón dunha muller, claro. Logo, o actor celestino entraba nun popular restaurante para transmitirlle o recado a ela. “Dígalle que el que xa sabe porque pasou todo, e que deixe de poñerse en evidencia el e a min”, díxolle ela coa dignidade que lle faltaba ós outros, mentres secaba as mans cun trapo. E sen atender os requirimentos do mandadeiro, volveu á cociña. Eu devolvín a chamada telefónica, todo orgulloso de como a miña paisana rematara o conto: “estabas vendo o programa?”

Continuar lendo “Mira quen mata”


Set 19 2007

Aquel home

Categoría: Matrix Presssihomesi @ 6:25 pm

Equivoqueime, desafortunadamente, naquilo que dixen de que nunca máis se volvería saber de aquel home que se queimou para chamar a atención sobre o seu desesperado caso. Despois de quince días de silencio, vénse de saber.


Set 19 2007

Será ou sería?

Categoría: Matrix Presssihomesi @ 10:35 am

Da serie En que quedamos?:

Atope unha diferencia substancial entre estes dous titulares aparentemente iguais.

opinión Moreda MolinaVoz Moreda Molina


Set 13 2007

Esta é a televisión/información que queremos

Categoría: Matrix Press, Xeralsihomesi @ 10:32 pm

[collido a galegoman]

Como se di nas votacións en internet, isto non ten valor estatístico, pero non deixa de ser un ataque frontal á democracia como sistema (que todo o mundo teña dereito a votar), ó ensino universal (ós seus resultados) e á confianza no xénero humano, americano ou non.

E a relación das 25 noticias máis censuradas no mesmo país complementa e explica o video


Ago 31 2007

A palla en sucesión allea

Categoría: Matrix Press, Xeralsihomesi @ 8:49 pm

Non é por meterme onde non me chaman, pero neste asunto, asómbrame que ninguén recorde que quen máis fala é quen máis debería calar. (E xa metido, quizais o recambio que precisa o PP con máis urxencia non sexa o de Rajoy)


Ago 25 2007

Pois é certo que non (Arturo Pondal II, a columna)

Categoría: Matrix Press, Si home sisihomesi @ 3:49 pm

Menos mal que hai alguén aí fóra que vela por nós. Un redactor descoñecido dun dos chamados diarios nacionais (os que se fan na provincia de Madrid) abriunos os ollos sobre as graves amenazas que agacha o Himno Galego. Esa exclusiva periodística revela que a culpa comezou sendo dun tal Pondal, Arturo Pondal . Así descubre o texto que se chama, cando a todos nos soaba que era Eduardo Pondal, non por nada nin porque coñezamos os seus sen súbida disolventes poemas, senón polas rúas que lle teñen dedicadas algúns concellos inconscientes. O tal Pondal colou cara o final, cando o cantante de himnos medio xa ten a atención distraída, unha faltada coma esta: “tan só os iñorantes/e féridos e duros/imbéciles e escuros/non nos entenden, non”.

Continuar lendo “Pois é certo que non (Arturo Pondal II, a columna)”


« Páxina anteriorSeguinte páxina »