Arquivo da categoría ‘Non sei eu…’
15O. Impresións en quente
- Moita participación. Os clásicos do PC, as extremas do BNG, os manifestantes con pedigrí, unha chea de alternativos e sobre todo xente nova (non soamente moza, senón nova, non habitual das reivindicacións).
- Moita participación, pese ao desinterese -ou interese desmobilizador- dos tradicionais axentes de mobilización como organizacións (partidos ou sindicatos) ou medios. Hai unha inquedanza social, mareira a forte mareira, que non se dá encanado e concretado.
- Nun fenómeno altamente político como é este, a ausencia das organizacións que comparten reivindicacións tanxentes con el supoño que se debe á resaca da fobia antipartidista inicial, ou o que é peor: non van porque non o controlan.
- Aínda máis patético é o caso dos medios. Nas versións dixitais dos medios galegos era practicamente imposible atopar información previa sobre as convocatorias locais, e logo era moito máis visible e inmediata a cobertura das manifestacións en Roma ou en Aix-en-Provence. Iso tanto nos dixitais máis estáticos como nos que van de raudos e interactivos. Se pensan que a xente sigue a mercar o periódico pola carteleira de cine, e que o que non sacan non existe, logo que non se queixen de que baixa o «consumo» de «información». Hai mobilización a pesares dos medios (pero máis habería se houbese información, claro).
- En resumo, e como lle pasou a Nunca Máis, o morto que algúns dan por matado goza de moi boa saúde. Outra cousa é no que acabe, se é que acaba.
- (E que alguén me aclare o misterio da proliferación e mesmo exhibición de bicicletas, ese vehículo certamente molesto para participar nunha marcha a pé).
- 15O na Coruña
6º aniversario
Case se me pasa de todo outra vez outro ano. Hai seis anos (o día 1 de xuño de 2005), pubricaba este post:
Ooola!
Estamos en campaña electoral (non sei se vostedes, os partidos si e eu tamén, aínda que non a pedir o voto), e hai que reflexionar, que decía o outro. Eu reflexionei e cheguei a conclusión de que para estes tempos acelerados, de ires e vires, de intercambio cruzado de ideas (é un decir), nada como a inmediatez do blog ou diario persoal. Ala vou.
Era o comezo deste blog, que acometín esporeado por María Yáñez e coa confesada intención de que así me custaría menos traballo facer as columnas para a prensa escrita. Desde entón, van 818 posts (con este) e case 5.400 comentarios. O primeiro (case unha semana despois), de Dorfun, era este:
…benvido ó blogmillo …agora non poderás/deberás parar de falar
que resultou ser unha especie de maldición xitana, porque se non o atendo como debera, tampouco son quen de esganalo (ao blog, non a Dorfun).
Ou sexa que grazas a todos (e en especial a Berto, que me deu soporte, en todos os aspectos).
Seguirei arrastrándome por aquí…
Correos non admite un selo Lois Pereiro
Quería agasallar ao comezo do Ano Lois Pereiro a amigos e non inimigos usando nos meus envíos postais selos persoalizados coa imaxe de Lois, unha opción que ofrece Correos (cobrando 1 euro por cada selo de 0,34 cent).
O resultado era este.
O selo veume rexeitado porque «El pedido no cumple las condiciones de validación». As condicións de validación son estas:
«No se admitirán imágenes de personas vivas, excepto el Jefe del Estado, los miembros de la Familia Real u otros Jefes de Estado que guarden directa relación con España.
Correos se reserva, en todo caso, el derecho a rechazar las imágenes por cualquier otro motivo diferente de los aquí mencionados. En caso de que su imagen sea rechazada, se le devolverá el importe íntegro de la compra».
Los contenidos y las imágenes de los sellos deberán presentarse en sentido positivo, con la sola excepción de los sellos dedicados a campañas de lucha contra las enfermedades u otros males personales o sociales. (V. gr. Sellos contra determinadas enfermedades, contra las drogas o contra la violencia).
Dado que los sellos constituyen elementos de comunicación y entendimiento, no deben figurar acontecimientos presentes o pretéritos, ni personajes, aun cuando hayan fallecido, cuando su representación pueda herir susceptibilidades o pueda ser causa de división, polémica, controversia, escándalo o conflicto.
Se reserva a la Sociedad Estatal Correos y Telégrafos el más amplio derecho para validar las imágenes, rechazando las contrarias a la ley, a la moral, a las buenas costumbres o al orden público; las que atenten contra los derechos fundamentales y libertades públicas; las que induzcan, cooperen o exalten la comisión de delitos, faltas o infracciones administrativas, o las conductas discriminatorias por razón de sexo, raza, religión, creencias, edad o cualquier otra condición personal o social; las que constituyan publicidad ilícita, engañosa o desleal y, en general, atenten a la libre competencia, a los derechos de propiedad intelectual o industrial, o denigren a personas o productos, y cualesquiera otras imágenes respecto de las cuales no exista la certeza de que no vulneran el ordenamiento jurídico ni perjudican los intereses de Correos, de sus clientes o de terceros.
En la selección de imágenes se protegerán especialmente los derechos de los menores y los derechos al honor, a la intimidad personal y familiar y a la propia imagen.
El solicitante declarará expresamente que posee los derechos necesarios para la utilización de las imágenes, logotipos, marcas, nombres comerciales y cualesquiera otros elementos cuya reproducción solicita, y que responderá directamente de los daños y perjuicios producidos a Correos o a terceros por el uso ilegítimo de estos elementos.
Las imágenes solicitadas deberán cubrir al menos las dos terceras partes del espacio libre susceptible de personalización.
Correos se reserva, en todo caso, el derecho a rechazar las imágenes por cualquier otro motivo diferente de los aquí mencionados. En caso de que su imagen sea rechazada, se le devolverá el importe íntegro de la compra.»
Resposteilles dicindo que a imaxe non era dunha persoa viva, e que súa inclusión nun selo non podía ferir ningunha susceptibilidade, nin ser causa de división, polémica, controversia, escándalo ou conflicto, nin tampouco contrarias á lei, á moral, ás boas costumes, nin exaltaba delitos, etc, posto que tentaba destacar a designación pola Real Academia Galega do fotografado como escritor merecente do Día das Letras Galegas de 2011 (adxunteille varios recortes de prensa, por se non se fiaban). En resumo, que viña sendo o mesmo caso, coas diferenzas que quixeran, que o selo sobre o centenario de Miguel Hernández (pero á miña conta).
Acabo de recibir unha nova mensaxe:
Lamentamos comunicarte que Correos S.A.E ha considerado que su imagen incumple las condiciones requeridas por el servicio de Tu Sello, no siendo susceptible de ser incorporada en un sello personalizado.
Motivo de rechazo:
No reclamado.
Que non entendo que significa, pero imaxino que se acollen á ultima das condicións: «El derecho a rechazar las imágenes por cualquier otro motivo diferente de los aquí mencionados».
Así que, no canto de mandalo por correo postal, poño o selo aquí.
Os medios en galego importan
Saiu a web. Agora a pasmar mirando a quen coñezo.
Como xa dixen por aí, os manifestos non sirven para nada, e as manifestacións tampouco. Como moito sirven os votos (téñenlles máis medo, polo menos), e desde logo, os cartos. Pero trátase de non outorgar. De que saiban que sabemos. E que non, vamos.
Xa o sabía eu
Vaia por diante que lle estou moi agradecido á xente que tivo en consideración o meu texto «Dejen de marear el gallego» (título orixinal da columna, como comentei en facebook), que como me temía, provocou unha reacción que cabería cualificar como de choque anafiláctico, cando eu pretendía máis ou menos o contrario. Non que non se lera, claro. O cerne da cousa era sustentar que, nun momento en que hai sectores sociais galegos (para matalos, pero galegos) que están pasando dunha actitude morna ou de indiferenza sobre o idioma, a unha belixerante en contra, elevar a polémica pública o debate filolóxico é contraproducente para o idioma. Que poñer o foco de atención na corrección ou incorrección do galego que se fala (que como lle pasa a todos os idiomas, non é o standard culto, ou iso me explicaron hai tempo coa distinción entre “lingua” e “fala”, ou máis exactamente entre “lengua” y “habla”) desanima a moitos galegofalantes (neo ou paleo), por moito que acelere o pulso dos galegofalantes militantes (non menos reais, pero moito máis escasos) e dálle argumentos ao inimigo (vexan o famoso Papel que a FAES, lle dedicou ao asunto, se é posible sen proporcionarlle demasiadas entradas). No fondo era, co estilo demagóxico que me caracteriza (segundo algúns que agora parecen advertilo, e non antes) un alegato contra o “secuestro” (é un dicir, xa saben) do idioma polos filólogos. Se eles se queixan da perda de calidade do idioma falado, recomendaríalles que revisasen a trabe que posiblemente estea obstaculizando a súa visión á hora de comunicar.
Non era, pois, unha reivindicación dunha opción lingüística concreta, por moito que a teña, senón un chamamento a que hai que pensar en sumar, e non en etiquetar. Pensei que o delicado da situación do galego (como ven, son dos apocalípticos, aínda que me encanta escoitar os argumentos dos integrados, dos que din non vai tan mal a cousa) amortecería o resorte que dispara nestes casos a Lei de Berto. Saíume como o nabo, obviamente. Paseino moi ben lendo a maioría dos comentarios (e, se me permiten o chiste, citarei ao meu admirado Bierce, que definía a discusión como o método de confirmar aos demais nos seus erros). Houbo quen se confesou decepcionado, e sentíndoo de verdade, teño que dicir que a culpa é máis súa que miña, porque en realidade eu xa antes non estaba á altura na que me tiña. E houbo quen me acusou –en realidade varios, coincidindo en cualificativos e en argumentacións- de basearme en “preconceitos”. Seríam, en todo caso, “posconceitos”, porque a miña relación co idioma, afectos persoais aparte, é profesional, cunha ferramenta moi querida durante décadas, que en ocasións tiven que relear para poder utilizar, e que necesito ter sempre afiada desde hai tempo. Ben para obter a confianza dalgunha xente en circunstancias non propicias, ben para contarlle a moito máis persoal o que considero que lle teño que contar e como llo teño que contar. A miña relación co idioma, e a miña opción persoal non é, pois, o resultado dun enriquecedor debate no seo do correspondente departamento de filoloxía, nin tampouco un símbolo de orgullo patriótico que enarborar entre compañeiros de militancia na lingua.
Díxeno e reitéroo, a risco de meterme en sarillos, porque non dependo da aceptación do público (non penso emprender unha carreira política, ou literaria, nin liderar nada), e xa son maior para aprender as virtudes de calar o que realmente penso, e penso que debo dicir. Pero esta é a miña última intervención sobre o tema, porque, sinceramente, o mellor de debate foron os off topics, e porque, como dicía Churchill, unha boa conversación debe esgotar o tema, non aos interlocutores.
Queda inaugurada a web de Lois Pereiro
A presentación de GalegoLab
Amighos, amighas, comentaristas e trolls, a facerse socios (non usuarios, socios)
Boas festas e todo iso
Como non podo nin vou poder responder nin corresponder a amigos e coñecidos que me enviaron felicitacións por distintos medios, aproveito este espacio para facelo e quedar a ben coa miña conciencia.
Pois iso

IV Ano triunfal, ou non
Hoxe, isto cumpre catro anos, máis de 600 posts e non sei (souben, pero non sei onde mirar) cantos comentarios desta selecta audiencia que tanto me quere e á que tanto quero, responsable final de que persista neste labor tan gratificante como improductivo. (Lista de vodas de sihomesi, no Corte Inglés).
Queridos e-lectores
Hai uns días, publiquei unha reportaxe sobre os blogs dos políticos -o título orixinal era o deste post- e, curiosamente, quitada unha excepción ningún dos mencionados fixo a máis mínima referencia, que eu saiba, do asunto. Momento para a reflexión: ou a ningún lle gustou, ou a prensa escrita non vai chegar nin ó 2020 que o experto Martínez Albertos fixaba hai dez anos para a súa desaparición. (Paradoxicamente, a noticia tivo máis dun milleiro de visitas).
Fuxan os Ventos
Comezarei por unha declaración de principios: Eu son esencialmente un roqueiro, e podo vibrar co pop. Non comparto o folk riba dun escenario. Non concibo a canción popular fóra das tascas e dos sitios onde se inventou (esas interminables probas de son para instrumentos feitos para tocar sen amplificación), non me gusta polo xeral o folk evolucionado ou como se chame. Pero asistín ó concerto de Fuxan, por amistade, por curiosidade e porque me interesou o que escoitei nun ensaio. E emocionoume. Quizais porque teñen himnos que herdei como xeneracionais, ou cantos a unha época que na deles xa esmorecía e da que eu tiña recordos da infancia, esa idade media que aínda presenciamos os da miña época que tiñamos raíces na aldea. Pois iso e máis nada. Que me gustou.
En salvaxe compaña
III Ano Triunfal
Volveume esquecer, nesta ocasión por dous meses redondos, mencionar o terceiro aniversario deste taboleiro dixital, máis que blog. 500 posts e uns milleiros de comentarios que non podo precisar porque xa non sei onde se mira cantos van -antes diciamo sen preguntarllo-. Tampouco a cantidade de visitantes, porque cambiei de cabalo contador a metade de carreira, pero o que importa é a calidade, a súa. Saiban que estou tan agradecido polas visitas como os que se mudan a unha casa no campo.
Os Xerais
Non sei como será o acto de entrega dos premios Xerais para os premiados, e se os finalistas se desapuntan no último momento, e esas cousas. Pero desde que se celebran en San Simón ademáis de ter un certo regusto a aquelas «xiras» culturais dos tempos da República (polo menos do que lin que eran). levan camiño de converterse nun deses acontecementos que se fan tradición en pouco tempo. Tradición a presenza de Beiras e Camilo (que nesta ocasión, compartiron o banco primeiro na cuberta superior do barco, tanto na ida como na volta). A maioría de mulleres entre as gañadoras. O gaiteiro tipo primixenio. Un grupo de Panxón, principalmente feminino, capitaneado polo fotógrafo Magar, que rabean por cantar. O moi animado séquito de María Xosé Queizán. Pawley destilando similar acidez á dos seus posts. Docampo ídem. Os modelos, desde as camisetas [a da foto pon Sa Martín de Trevelles. Ondi se fala falego (Caciris)] ós traxes de gala.
Este ano, as novidades foron a -de novo- bonhomía de Agustín Fernández Paz, a impresión estraña que teño vendo a Fran Alonso fóra da auga, as patillas de Bragado, entre Ferrín e Tom Jones, e Bernardino Graña («rioja», espetaba estricando o vaso en canto se achegaba ó mostrador) como planeta arredor do que xiraban unha chea de satélites. Tamén a posible estampida tipo «fuxida de Saigón» que puido provocar Margarita Ledo (non sei se na faceta de académica ou de nacionalpremiada) propagando a falsa alarma de que xa había unha tremenda cola para o barco de volta.
Polo demais, como eu non son crítico (literario) felicidades e cada seu bico á Mar e Marilar, amigas as dúas.
[Foto do autor e da sherpa viguesa, by María Bragado]
Manu Chao
Unha reportaxe de Bocixa sobre a actuación en Monforte










