Mai 18 2008

A culpa é dos Bolechas

Categoría: Si home sisihomesi @ 12:30 pm

“No, Los Bolechas no los tenemos. Tenemos Pocoyó, que también se vende mucho”, dixéronme o outro día nunha librería coruñesa. O que pasa é que o meu neno, ó contrario do vendedor-de-segundo-qué-libros, sabe que unha cousa non quita a outra. Aínda gustándolle Pocoyó, é fan redondo d´Os Bolechas. Tamén o era unha compañeira de gardería, ata que a nai, particularmente contrariada porque, segundo lle dixeron, toda a vida escolar da nena sería exclusivamente en galego, decidiu que daquela, fóra Os Bolechas da casa.

Continuar lendo “A culpa é dos Bolechas”


Mai 11 2008

Bartleby o xornalista (discurso)

Categoría: Matrix Press, Non sei eu..., Si home sisihomesi @ 11:42 pm

Non sei se os avogados, os meteorólogos ou os mecánicos de chapa e pintura debaten moito sobre a súa profesión, a de cada un deles. Non sei se vostedes o fan, se dediquen ó que se dediquen. Nós, os xornalistas, si. Non digo falar do traballo. Digo falar da profesión, de cómo é e de como non debería ser. Iso por unha parte é boa cousa, porque se entende que nos preocupa, e por outra bastante mala, porque non hai cousa peor que pensar que os teus intereses concretos son xerais. Ben, si hai algo peor: que o periodista sexa noticia. Que o periodista teña protagonismo mediático é case como se a un policía o trincan coas mans na masa, ou un financeiro se arruína. Vaia co profesional. Cóntolles todo isto porque hoxe teño que facer un discurso. Un discurso de xornalista para xornalistas.

Continuar lendo “Bartleby o xornalista (discurso)”


Mai 03 2008

Os idos de maio

Categoría: Si home sisihomesi @ 10:54 pm

3.000 na Coruña. 5.000 en Vigo. 9.000 en Madrid. As cifras de manifestantes no 1º de Maio, segundo as respectivas policías locais. Normalmente, os periodistas e tamén a xente (ignoro a quen corresponde o papel de ovo e a quen o de galiña) utilizamos a asistencia ás manis como un barómetro da conciencia obreira ou do grao de reivindicación social. De ser así, mal imos, sobre todo porque hai razóns bastantes para que houbera máis xente que sitio nas rúas.

Continuar lendo “Os idos de maio”


Abr 28 2008

Tensión Política Non Resolta

Categoría: Si home sisihomesi @ 10:33 am

O segundo recurso máis vello para crear tensión dramática, despois do de ela e el quérense e as familias non os deixan, é o que en inglés se chama UST (Unsolved Sexual Tension) e os guionistas de aquí TSNR (Tensión Sexual Non Resolta), ou sexa os que non se dan decidido, ou mellor, fan de todo menos decidirse. Exemplos hai a moreas, desde a parella de Experiente X á actual Bones, pero o mellor expoñente desa UST foi unha serie de mediados dos anos 80, Moonlighting, que en España se chamou Luz de Luna, porque o castelán (ese idioma perseguido e expulsado da sociedade, que só atopa refuxio na práctica totalidade dos periódicos, as cadeas de radio e as canles de televisión) non ten unha palabra como ‘luar’ (aínda que, de todas formas, ‘moonlighting’ o que significa é ter un emprego ás agachadas). Como recordarán os que tiveron a sorte/os anos de vela, estaba protagonizada por un Bruce Willis tan novo que aínda tiña pelo e por unha Cybill Shepherd aínda de moi bo ver, que non se daban tregua nin nos descansos da publicidade. Exactamente o mesmo que Mariano Rajoy e Esperanza Aguirre.

Continuar lendo “Tensión Política Non Resolta”


Abr 19 2008

Normas por un siascaso

Categoría: Si home sisihomesi @ 7:54 pm

No concello no que agora resido acaban de prohibir o que poderiamos chamar autovenda de coches. Eses carteis que poñen “Se vende”, ou “Me venden” na variante vehiculocéntrica (e algo cursi). Estou afeito a ser sorprendido positivamente polas iniciativas municipais, pero esta descolocoume. “É para evitar dar imaxe de que hai crise económica na túa zona”, comentoume un dos taxistas que me traen e me levan, un conveciño que traballa, xunto co taxi, unha certa liña irónica sobre as características das nosas respectivas parroquias. Piqueime, claro. A cousa non podía quedar aí.

Continuar lendo “Normas por un siascaso”


Abr 14 2008

O interesantes que son as desgrazas

Categoría: Matrix Press, Si home sisihomesi @ 9:06 pm

Como os acontecementos, por decisivos que sexan, veñen e van a unha velocidade que non dá nin tempo a apartarse e moito menos a entendelos, non sei si se acordan do das vacas tolas. Aquela crise da que estes días se volve falar, a conto das primeiras mortes humanas que orixinou. Entón sorprendérame un chisco que, descontado o natural rebumbio político, a atención mediática se centrara nas vacas e nos gandeiros, é dicir, nas consecuencias, e non tanto nas causas. Non sei de que me sorprendía, a verdade. Vai para cen anos ata un poeta, Paul Valery, dicía que “a política foi en principio a arte de impedir que a xente se metera no que lle importaba, e logo engadíuselle a arte de comprometer á xente a decidir sobre o que non entende”. Agora consiste en botarlle a culpa do que pasa, ou polo menos a responsabilidade, ós cidadáns. Coa nosa axuda inestimable. A dos periodistas.

Continuar lendo “O interesantes que son as desgrazas”


Abr 07 2008

Damas en apuros

Categoría: Non sei eu..., Si home sisihomesi @ 6:12 pm

Veño de recibir con poucos días de diferenza un par de misivas remitidas por señoras, e máis concretamente señoritas, na terminoloxía arcaica, contando dous dramas (cada unha o seu, non dous cada unha). As dúas descoñecidas e as dúas de fóra. Ou iso supoño. E cóntollelo aquí para compartir a emoción que sentín ó recibilas, nestes tempos en que as únicas cartas que chegan ás caixas de correos son referencias a cartos que nunca vas ter na man anda que sexan teus, que hai que pagar ou que xa pagaches a xente que non coñeces de nada, amparados nun membrete.

Continuar lendo “Damas en apuros”


Mar 31 2008

Falar claro (outra de xitanos)

Categoría: Matrix Press, Si home sisihomesi @ 10:53 am

Falar é o mellor para resolver as crises. Mesmo en mundos paralelos como o matrimonial se sabe que hai crise precisamente cando a parte feminina teima no clásico “Manolo, tenemos que hablar”. Pois igual no resto do universo humano, como acabamos de ver nunha chea de asuntos que eran problemáticos por non falar claro, e que deixaron de selo en canto se falou.

Continuar lendo “Falar claro (outra de xitanos)”


Mar 25 2008

Aquí non

Categoría: Si home sisihomesi @ 6:32 pm

Hai problemas que se sabe como naceron, por culpa de quen, que os alimentou e os fixo medrar de pequenos a enormes. Tamén a quen lle corresponde afrontalos, e mesmo en que acabarán. Incluso os problemas novos que producirán. Todo, menos como resolvelos. Un deses problemas é o realoxo de chabolistas. Os do Vao en Pontevedra e os de Penamoa na Coruña, de momento. E digo de momento porque xa está establecido o modelo a seguir (nunca peor dito o de modelo) e é ben fácil armar calquera cousa seguindo o modelo (de aí o triunfo de Ikea, se me permiten o chiste nun tema serio).

Continuar lendo “Aquí non”


Mar 15 2008

Non damos feito

Categoría: Matrix Press, Si home sisihomesi @ 11:51 am

Non hai moito tempo un suceso de certa entidade duraba como referencia ben anos. E no tempo dos nosos avós un acontecemento entraba nas conversas dunha xeración enteira. Agora, en apenas nunha semana (esta), tivemos unhas eleccións disque decisivas, ou máis ben dúas se contamos as de Eurovisión, e sufrimos outro deses temporais do século. Un abarrote de decisións, sensacións e informacións que colapsarían o sistema nervioso dun ser humano de antes.

Continuar lendo “Non damos feito”


« Páxina anteriorSeguinte páxina »