si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo da categoría ‘Xeral’

Adeus, don Isaac

4 comentarios

©Xurxo Lobato

O noso Steve Jobs

 Quizais haxa quen se escandalice por comparar a Isaac Díaz Pardo co fundador de Apple. Desde eses ánimas benditas desas que pensan de verdade que os aparellos que facía a empresa da mazá mordida lles cambiaron a vida, ata os que consideren un sacrilexio comparar a un referente da cultura galega con un capitán de empresa ianqui. E por ampliar o círculo de escandalizables, diría que Díaz Pardo superou a Jobs, e non polo deteriorado argumento de que era noso. Pero a semellanza entre o creador de Sargadelos e o do iPhone é obvia, como me dixo Berto Yáñez, que xa a usaba onte cando lle pedían a súa opinión sobre o ilustre falecido.

Máis aló de freudianismos elementais e igual de obvios como que Jobs era fillo dun pai que fuxiu, e Díaz Pardo fillo dun pai que lle mataron cando era un rapaz, os dous conseguiron facer reais os seus soños. Por se os devotos dos aparatos i-algo o ignoran, as pezas de Sargadelos e/ou O Castro foron, nos anos 70 e 80, na compaña do televisor, a lavadora e os teléfonos que non eran de baquelita negra, o signo da modernidade e da distinción das clases medias, baixas ou altas, e arredores. E tamén de orgullo de galeguidade, en tempos nos que non había medo de ser galego de máis. Mesmo había certas discusións teórico-estéticas (sen chegar á virulencia Android-iPhone) sobre se as de Sargadelos eran máis vangardistas e as de O Castro máis distinguidas (aínda que menos fáciles de lavar). E se alguén o dubida, que quite os cascos e lle pregunte á súa nai/avoa se é certo que as producións de don Isaac lle resolveron ou non unha chea de regalos de voda e outros compromisos sociais.

Pero, fóra de coincidir no éxito en dar realizado os seus desexos e de fabricar e vender gadgets bonitos e funcionais, electrónicos ou de louza, hai unha diferenza entre Díaz e Jobs. A favor do noso home o que, contaxiado polas homenaxes, chamaría vontade de transcendencia (o que chamaría espírito de servizo ou devoción á causa se non fosen expresións deturpadas). A idea de que fas o que tes que facer, o mellor que sabes facelo, porque é o que hai que facer. Aínda que, ás veces, non sexa o que che conviría facer. E tamén hai unha diferenza entre o nibelungo do Castro de Samoedo (Sada) e o naturista de Cupertino (California). Jobs estivo no medio idóneo para desenvolver os seus proxectos, o que non quere dicir que lle resultase doado, e Díaz Pardo tiña todo en contra, quitado a colaboración dalgúns amigos. E iso é o que fai a súa perda máis dura. Con el vaise aquela época en que fomos capaces de facer algo. Hai xente entre nós capaz de facer cartos (refírome honradamente, cos outros sistemas, hai demasiados), pero sen ese desexo de facer outra cousa que cartos que tivo aquela xente. Xente na que os propósitos de colaborar en que o mundo sexa mellor residen nas declaracións dos seus gabinetes de relacións públicas ou nos seus departamentos de publicidade, non entre os elementos cos que constrúen os seus proxectos.

E tamén se foron con el (case o mesmo día que morreu Castelao) aqueles tempos e aquelas xentes que, con todos os defectos que se queiran, querían tender pontes para que os outros se sumaran e non, como se especializaron as xeracións posteriores, en erguer trincheiras contra os outros e contra os nosos. Esa perda, ou esa consciencia, é o noso regalo de Reis.

(La Opinión de A Coruña, Faro de Vigo, 7 de xaneiro de 2012)

 

Outras cousas que ver, ler e saber about ISAAC DÍAZ PARDO

El último mohicano. Perfil-entrevista que eu lle fixera, con Santiago Romero, en La Voz de Galicia, hai 20 anos xustos

Nós non esquecemos nada Miguel Louzao na revista Madrygal, en 2004

«Yo me veo a mí mismo como un templagaitas». Entrevista en El Progreso en 2003

Platos rotos en Sargadelos, reportaxe meu no suplemento Negocios de El País en 2006

Adiós a Díaz Pardo, guardián de la cultura democrática de Galicia. O obituario que fixen en El País

Isaac, ese adolescente huido. Suso de Toro en El País

Forma o barbarie. Iago Martínez en El País

Duelo en el país que queda. Óscar Iglesias en El País

Isaacgalicia Xerardo Estévez en El País

Apretas tensas. Manuel Bragado en Faro de Vigo

El intelectual y empresario que repensó Galicia Santiago Romero en La Opinión de A Coruña

Isaac, xeración. Xosé Ramón Pena en Faro de Vigo

El intelectual que obró la utopía de la BauhausHenrique Mariño en Público

Xelado con bólas de tres cores. Santiago Jaureguizar en El Progreso

Os ollos de Díaz Pardo. Xesús Alonso Montero en La Voz de Galicia

Prestigio de Galicia. César Antonio Molina en La Voz de Galicia

Con Isaac, nos Pagos da Magdalena. Luis González Tosar en La Voz de Galicia

Retrato de si propio. Luis Cochón en El Correo Gallego

O señor de Sargadelos. Alfredo Conde en El Correo Gallego

Escrito por sihomesi

6 de Xaneiro, 2012 ás 8:37 p.m.

Feliz 2012 (malo será)

2 comentarios

Aproveito a felicitación do meu paisano Roberto González para felicitar o ano como sen querer facelo, no mellor estilo da casa, e para non andar facendo spam electrónico ou postal. 

Escrito por sihomesi

29 de Decembro, 2011 ás 3:32 p.m.

Gardado en Xeral

Gimferrer sobre Lois Pereiro

2 comentarios

Apuntes da conferencia inaugural -’Lois Pereiro, un poeta europeo’- que Pere Gimferrer, autor do prólogo da obra completa bilingüe de Lois, fixo no Congreso LP, a xeito de tuits (dado que na sala non había cobertura e tamén estou algo farto de olladas reprobatorias ao maleducado ese que fedella no móbil e non atende)

  • «A literatura galega estivo sempre no centro da cultura europea, non na periferia, como soubo Roman Jakobson e ignora George Steiner, que a menosprezou».
  • «Non hai contradición, nin oxímoron en que unha Academia homenaxee a alguén tan pouco académico como LP».
  • «Chama a atención a variedade e a intensidade da obra. O seu control da materia poética é moito maior que o de poetas similares, como Leopoldo María Panero»
  • «LP elixiu a súa tradición literaria, pero ao contrario que Dylan Thomas ou Henri Michaux, el non escolleu a enfermidade, non hai nel un malditismo deliberado».
  • «Na segunda metade do século XX, nas literaturas ibéricas non hai un poeta semellante, e na europea hai poucos».
  • «Para sobrepoñerse ás doenzas que padeceu hai que ter unha enerxía moral extraordinaria»
  • «Non hai poemas nin liñas na súa obra que non chamen a atención pola súa intensidade.
  • «A súa evolución literaria é en espiral. Cada volta supera á anterior, sen romper con ela, e sempre avanzando».
  • «Todos tendemos a escribir así. Soamente algúns, como Pereiro, o conseguen».

E dous de Roberto Varela:

  • «O Día das Letras deste ano foi un éxito moi difícil de superar, e foino grazas á implicación da sociedade, e particularmente da mocidade».
  • «Dicía Dylan Thomas que o mundo xa non é o mesmo mundo desde que se lle engade un bo poema. Lois cambiou a forma na que nos movemos no mundo».

Escrito por sihomesi

15 de Decembro, 2011 ás 5:21 p.m.

Gardado en Xeral

Benedicto, Mou e “Ratón”

un comentario

Unha das películas que máis me marcou de neno foi Calabuch, de Luis G. Berlanga. Aquela na que un sabio atómico chegaba de incógnito a un pobo mediterráneo na que todos eran ben levados. O cura era tan vello como liberal, o comandante de posto da Garda Civil era tan bruto como comprensivo e o empresario taurino que proporcionaba o espectáculo ídem das festas era tremendamente cariñoso co touro que tiña en plantilla. Non é das mellores películas de Berlanga, pero estes días lendo os periódicos descubrín por que me gustaba: porque nela as autoridades non caen mal, nin parecen estar aí para amolar ao cidadán. Ao contrario do que pasa na  España real e actual.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

23 de Agosto, 2011 ás 5:46 p.m.

Gardado en Xeral

Homenaxe ás vítimas do franquismo

4 comentarios

Esta é a miña iphoto da V Homenaxe Nacional ás Vítimas do Franquismo na Illa de San Simón. Confeso que está «manipulada»: estaban a muller de vermello e a de amarelo xuntas, e eu díxenlle á de morado que se puxera cando elas, e alí quedaron todo o tempo (o que non lle dixen á señora de morado foi que erguera o puño no momento himno).

Escrito por sihomesi

18 de Xullo, 2011 ás 4:16 p.m.

Campaña de promoción da lectura da Real Academia de Historia

3 comentarios

Escrito por sihomesi

7 de Xuño, 2011 ás 9:29 a.m.

Gardado en Xeral

A fotógrafa de Assange

7 comentarios

Ata agora non reparara en que a foto «oficial» de Julian Assange era dunha ex compañeira de traballo

Escrito por sihomesi

3 de Decembro, 2010 ás 3:52 p.m.

Gardado en Matrix Press,Xeral

Parecidos razoables: Josemi-Linda Hunt

sen comentarios

Escrito por sihomesi

4 de Agosto, 2010 ás 11:41 p.m.

Gardado en Xeral

Todos os camiños levan ao Vaticano

4 comentarios

Romeiros

O máis chamativo non é a lexítima ansia de facerse unha foto cun líder máis ou menos mundial, sucesor de San Pedro nada menos (e iso fai que, igual que no caso das criticadas fillas de Zapatero con Obama, co Papa se retraten ata o escoltas, nun desleixo profesional inadmisible). O rechamante é o dress code, sobre todo o das mulleres (do dos relixiosos non falo). Entendo que Belén Esteban non sexa unha referencia protocolaria pero, é necesario que vaian de beatas redondas?

Escrito por sihomesi

4 de Marzo, 2010 ás 9:14 a.m.

Gardado en Xeral

Os ciberirmandiños

un comentario

Homenaxe a todos eles (e aos demáis que non saen)

Escrito por sihomesi

26 de Febreiro, 2010 ás 10:26 p.m.

O video da campaña ‘orgullosos do galego’

14 comentarios

Este é o video da campaña da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Sinxelo, directo, e axeitado aos novos argumentos (ironía incluída).

Escrito por sihomesi

22 de Febreiro, 2010 ás 9:54 a.m.

Edilberto felicita o Nadal

sen comentarios

Edilberto Alonso Happy Christmas

(Cando hai creatividade, non hai crise que valia)

Escrito por sihomesi

18 de Decembro, 2009 ás 7:29 p.m.

Gardado en Xeral

Maldito Tarantino

5 comentarios

Saín do cine con complexo de timado. Son un fan de Tarantino, ou máis ben funo. Reservoir Dogs e Pulp Fiction parécenme dous fitos do cine actual. Malditos bastardos paréceme unha confirmación de que no cine actual os talentos son tan inflamables como o vello nitrato de celulosa. Toda a posible credibilidade da  película esváese na primeira escena. Un gandeiro francés fai de Clint Eastwood no comezo de Sin perdón. É dicir, un farrapento que realiza un traballo baixo. Soamente que ningún gandeiro francés se permitiría ter esa pinta (nin siquera un galego).  E que o traballo consiste en petar cun machado nun tallo. Nin pica leña nin outra cousa.  Espeta o machado e máis nada. E a casa é cuspida a de Clint, unha casoupa. E o gandeiro é gandeiro, e ten leite na casa, pero non hai cortes para as vacas.

Que dous asasinos discutan sobre hamburguesas mentras se preparan para facer o seu choio é unha maneira de dar a entender ata que punto para eles, matar é unha rotina. Sen embargo, o comezo de Malditos bastardos o que revela é a fraxilidade da película, que acaba sendo, no mellor dos casos, unha mestura fracasada de Allo, allo e Los violentos de Kelly (dous exemplos, por certo, de que as traxedias admiten sen problemas tratamento de comedia, por se non chegara To be or not to be, rodada ademais en plena traxedia). A ambientación, para quitar o chapeu (nunca mellor dito).

Escrito por sihomesi

26 de Outubro, 2009 ás 10:10 p.m.

Gardado en Xeral

Tags:

Todo o que teño que dicir sobre Piñeiro

2 comentarios

Escrito por sihomesi

19 de Maio, 2009 ás 5:16 p.m.

Gardado en Matrix Press,Xeral

O virus

7 comentarios

Estes días, ó abrir isto saía de cando en vez un aviso de virus. Investigado o asunto, resultou ser un carracho que se agachaba no post De que vai Feijoo. A día de hoxe, localizado o desactivado o bicho, teño que aclarar que os servicios de Presidencia son inocentes, e que todo puido deberse a que debin facer algo mal (algo distinto que meterme co presidente). Enjoy it.

Escrito por sihomesi

8 de Maio, 2009 ás 5:34 p.m.

Gardado en Xeral

Switch to our mobile site