si home si

A banqueta de Rajoy
СВЕТИ ГЕОРГИ“Nesta lexislatura hai a oportunidade e a ocasión de endereitar moitas cousas en España, e para iso o Goberno ten que ser firme e a oposición responsable”. Esta foi, máis ou menos, a análise do que nos espera que fixo o outro día nunha conferencia Magis Iglesias, unha das poucas persoas que coñezo que deu chegado ao cimo da escaleira profesional sen que lle afectara o mal de altura. O que si recordo é que, entre os motivos para esperar que Mariano Rajoy aproveite esta oportunidade, mencionou a solidez profesional e política de tres ministros: Alberto Ruiz-Gallardón, Jorge Fernández Díaz e José Manuel García-Margallo. Mencionouno alí e argumentouno despois nunha desas ceas que é unha pena que acaben, cando lle confesei a miña estrañeza na decisión do presidente de poñer as tres patas da banqueta na que está subido en áreas como Xustiza, Interior e Asuntos Exteriores. O seu coñecemento do que pasa nas alturas da política e o seu trato cos que alí habitan son tan sólidos como a miña ignorancia sobre eses sitios e esa xente, así que nin llo discutín entón nin llo discuto agora, simplemente me dá a impresión de que os primeiros pasos dalgunha das patas da banqueta están a defraudar esas expectativas.

Será por déficit
БогородицаA isto púxenlle así, “Si, home, si”, porque me prestaba poder comentar noticias como esta, a de que o Goberno pensa meter presos a aqueles políticos que incumpran os límites de déficit, que gasten máis do que teñen, vamos. Haberá almas cándidas que ao ler o titular soltaron, cheos de razón: “xa era hora!”. Lamento desilusionalas: nin vai pasar tal cousa, nin os seus ollos verán a ninguén enchironado por ese motivo. O titular ese de “el goberno propondrá cárcel para los cargos públicos…” é un desafogo, o único que terán tanto o ministro que o dixo, Cristóbal Montoro, como o lector que o celebra. E menos mal que non van implantar tal lei, porque sería unha desmesura.

Conto de inverno
Non é un conto, e menos de Nadal, pero, como manda a tradición dos contos de inverno, fóra facía un frío peludo e eu estaba ao quente, ben acompañado, cando entrou no local un forasteiro aterecido. Notoriamente forasteiro e considerablemente aterecido, porque era un deses senegaleses que andan a vender chilindradas, neste caso, figuras de artesanía. Eu teño máis chilindradas na casa que sitio onde metelas, pero o home estaba tan aterecido e parecía tan necesitado de vender algo que acordamos cambiar unha figura que non necesitaba ningún dos dous por uns cartos que el precisaba e eu menos. El foi á barra –xa lles dixen que non era un conto de inverno, non había lume dentro nin lobos fóra- e eu seguín botándolle un ollo ao periódico. En concreto a un informe, o Observatorio da Inmigración que fai a Secretaría Xeral do ramo, que aseguraba que a metade dos galegos cre que os estranxeiros teñen máis dereitos ca nós, e case outros tantos pensan que en Galicia hai máis xente de fóra que noutras partes de España.

Como digo sempre, que opinar sexa libre non é o mesmo que ter razón, como demostra que calquera pode pensar e dicir que a terra é plana e cerrada cun valado de cantería. Os estranxeiros teñen, no mellor dos casos e como moito, os mesmos dereitos ca nós, quitado que pertenzan á Casa Real ou se podan acoller á lei Beckham que permite a Cristiano Ronaldo e outros xenios de importación pagar menos impostos. E en España hai 5.751.487 persoas que naceron fóra e non teñen a nacionalidade de aquí, o que supón que son o 12% dos residentes. En Galicia 109.994, que veñen sendo o 3,9%: nin a terceira parte da media española. En resumo, calquera é libre de dicir que hai demasiados inmigrantes, ou que non debería haber ningún, ou que de habelos non teñen por que ter os mesmos dereitos, ou ningún (de feito case dous terzos consideran excesivo, alto ou moi alto o número actual de inmigrantes). Iso son opinións, deleznables desde o meu punto de vista, pero opinións. Afirmar que teñen máis dereitos, ou que aquí hai máis son falsidades puras e duras (e difundidas a propósito, pero isto é unha opinión).

Afirmacións, ademais, un tanto sorprendentes, porque indican que os que as fan (a metade de nós, galego arriba ou abaixo) sen botar man do socorrido “no sabe/no contesta”, non é que non lean as estatísticas, é que non len os periódicos nin seguen calquera outro medio de información (ou si, e aí habería outro problema). Ou non saen de Galicia, ou non teñen parentes en Madrid ou Barcelona, ou se os teñen (como todo o mundo) non se falan con eles. En resumo, non é que teñamos un grave problema de racismo, é que o temos igual ou máis grave de ignorancia, aínda que unha cousa estea unida á outra.

Un 41% dos inmigrantes vese bastante integrado, por un 57% dos galegos que cre que non están, e de feito, soamente un 13% dos inmigrantes se senten tratados con tolerancia. No informe tamén hai conclusións positivas. Soamente un de cada dez acepta ese outro bulo de que os inmigrantes colapsan os servizos sanitarios (en realidade úsanos menos, entre outras cousas porque son máis novos), e a gran maioría considera positivo que haxa nenos estranxeiros nas aulas. Semiconfortado, decidín arrostrar o frío. Mentres esperaba para pagar, escoitei ao camareiro dicirlle ao senegalés: “está invitado polos de aquela mesa”. A ver se no próximo Barómetro os inmigrantes que están a gusto son algúns máis.

(La Opinión de A Coruña, 14 de xaneiro de 2012)

Fraga explicado a los niños
Dentro do apartado peloteo quedoume, entre outros, citar os traballos de @joseprecedo, que non o fixo mal de todo

Adeus, don Isaac
©Xurxo Lobato

O noso Steve Jobs

Quizais haxa quen se escandalice por comparar a Isaac Díaz Pardo co fundador de Apple. Desde eses ánimas benditas desas que pensan de verdade que os aparellos que facía a empresa da mazá mordida lles cambiaron a vida, ata os que consideren un sacrilexio comparar a un referente da cultura galega con un capitán de empresa ianqui. E por ampliar o círculo de escandalizables, diría que Díaz Pardo superou a Jobs, e non polo deteriorado argumento de que era noso. Pero a semellanza entre o creador de Sargadelos e o do iPhone é obvia, como me dixo Berto Yáñez, que xa a usaba onte cando lle pedían a súa opinión sobre o ilustre falecido.

Máis aló de freudianismos elementais e igual de obvios como que Jobs era fillo dun pai que fuxiu, e Díaz Pardo fillo dun pai que lle mataron cando era un rapaz, os dous conseguiron facer reais os seus soños. Por se os devotos dos aparatos i-algo o ignoran, as pezas de Sargadelos e/ou O Castro foron, nos anos 70 e 80, na compaña do televisor, a lavadora e os teléfonos que non eran de baquelita negra, o signo da modernidade e da distinción das clases medias, baixas ou altas, e arredores. E tamén de orgullo de galeguidade, en tempos nos que non había medo de ser galego de máis. Mesmo había certas discusións teórico-estéticas (sen chegar á virulencia Android-iPhone) sobre se as de Sargadelos eran máis vangardistas e as de O Castro máis distinguidas (aínda que menos fáciles de lavar). E se alguén o dubida, que quite os cascos e lle pregunte á súa nai/avoa se é certo que as producións de don Isaac lle resolveron ou non unha chea de regalos de voda e outros compromisos sociais.

Pero, fóra de coincidir no éxito en dar realizado os seus desexos e de fabricar e vender gadgets bonitos e funcionais, electrónicos ou de louza, hai unha diferenza entre Díaz e Jobs. A favor do noso home o que, contaxiado polas homenaxes, chamaría vontade de transcendencia (o que chamaría espírito de servizo ou devoción á causa se non fosen expresións deturpadas). A idea de que fas o que tes que facer, o mellor que sabes facelo, porque é o que hai que facer. Aínda que, ás veces, non sexa o que che conviría facer. E tamén hai unha diferenza entre o nibelungo do Castro de Samoedo (Sada) e o naturista de Cupertino (California). Jobs estivo no medio idóneo para desenvolver os seus proxectos, o que non quere dicir que lle resultase doado, e Díaz Pardo tiña todo en contra, quitado a colaboración dalgúns amigos. E iso é o que fai a súa perda máis dura. Con el vaise aquela época en que fomos capaces de facer algo. Hai xente entre nós capaz de facer cartos (refírome honradamente, cos outros sistemas, hai demasiados), pero sen ese desexo de facer outra cousa que cartos que tivo aquela xente. Xente na que os propósitos de colaborar en que o mundo sexa mellor residen nas declaracións dos seus gabinetes de relacións públicas ou nos seus departamentos de publicidade, non entre os elementos cos que constrúen os seus proxectos.

E tamén se foron con el (case o mesmo día que morreu Castelao) aqueles tempos e aquelas xentes que, con todos os defectos que se queiran, querían tender pontes para que os outros se sumaran e non, como se especializaron as xeracións posteriores, en erguer trincheiras contra os outros e contra os nosos. Esa perda, ou esa consciencia, é o noso regalo de Reis.

(La Opinión de A Coruña, Faro de Vigo, 7 de xaneiro de 2012)

Outras cousas que ver, ler e saber about ISAAC DÍAZ PARDO

El último mohicano. Perfil-entrevista que eu lle fixera, con Santiago Romero, en La Voz de Galicia, hai 20 anos xustos

Nós non esquecemos nada Miguel Louzao na revista Madrygal, en 2004

«Yo me veo a mí mismo como un templagaitas». Entrevista en El Progreso en 2003

Platos rotos en Sargadelos, reportaxe meu no suplemento Negocios de El País en 2006

Adiós a Díaz Pardo, guardián de la cultura democrática de Galicia. O obituario que fixen en El País

Isaac, ese adolescente huido. Suso de Toro en El País

Forma o barbarie. Iago Martínez en El País

Duelo en el país que queda. Óscar Iglesias en El País

Isaacgalicia Xerardo Estévez en El País

Apretas tensas. Manuel Bragado en Faro de Vigo

El intelectual y empresario que repensó Galicia Santiago Romero en La Opinión de A Coruña

Isaac, xeración. Xosé Ramón Pena en Faro de Vigo

El intelectual que obró la utopía de la Bauhaus. Henrique Mariño en Público

Xelado con bólas de tres cores. Santiago Jaureguizar en El Progreso

Os ollos de Díaz Pardo. Xesús Alonso Montero en La Voz de Galicia

Prestigio de Galicia. César Antonio Molina en La Voz de Galicia

Con Isaac, nos Pagos da Magdalena. Luis González Tosar en La Voz de Galicia

Retrato de si propio. Luis Cochón en El Correo Gallego

O señor de Sargadelos. Alfredo Conde en El Correo Gallego

Aquí non pasa nada, circulen

Listas de fin de ano
O de poñer as cousas en listas é unha moda que sen dúbida obedece á nefasta influencia do powerpoint e á infantilización xeneralizada da nosa sociedade. Así, desde os seus comezos nos mandamentos relixiosos e a súa consolidación nos programas radiofónicos musicais, estenderon agora o seu reinado ás guías de uso de internet e redes sociais e aos analistas sociopolíticos. Se os libros de autoxuda son un tratamento para calquera situación, as listas son pastillas para ir saíndo do paso de estar informado. E cando acaba o ano todo o mundo fai listas. Do que pasou e do que non. Dos libros e películas que pagan a pena e dos que hai que fuxir. Das medidas que hai que tomar e das que se deberían ter tomado. A maioría son serias, ou iso pretenden, pero a min as que me prestan son as raras.

Por exemplo, a lista da xente do cine que está viva (e a maioría pensabamos que non) que vin na web Acto de primavera. A maiores do consabido Manoel de Oliveira, que anda polos 104 anos, camiño dos 102 está a actriz Luise Rainer, que debutou en Alemaña ao tempo que Adolph Hitler. E algo máis novos, 90 arriba ou abaixo, están por aí a que facía de boa en Lo que el viento se llevó, Olivia de Havilland, Kirk Douglas (o pai dese outro, Michael, que xa vai vello), Zsa Zsa Gabor, Maureen O’Hara (que xa facía de solteirona cando a pretendía John Wayne en El hombre tranquilo), Mickey Rooney e Esther Williams (a que non saía das piscinas). Tamén vin nalgures unha relación de leis vixentes que non acabo de crer que sexan certas. A de que na illa de Guam –protectorado norteamericano no Pacífico, preto das Filipinas- prohíbeselle ás mulleres chegar virxes ao matrimonio, e para as que incumpren ese trámite hai uns tipos encargados de solucionalo de oficio. Xente primitiva, claro, por moi protexida que estea, pero tamén en Francia hai unha norma que impide chamarlle “Napoleón” a un porco (ignoro se se permite nos cans), e en Noruega non se poden vender bebidas con máis de 5º de alcohol nas xornadas electorais (como se o voto non se decidira antes). No condado inglés de Hereford permítese dispararlle a un galés no recinto da catedral, quitado o domingo (debe ser para non distraer da misa), pero se ten verdadeiras ganas de cargarse en día santo a un compatriota de Tom Jones, pode facelo cun arco (o que reforza a miña teoría da misa). Pero as leis estrafalarias que sobreviven nos códigos adoitan ter que ver co sexo: en Estonia está terminantemente prohibido ter relacións sexuais e xogar ao xadrez (ao mesmo tempo).

E desde logo, o paraíso das prohibicións relativas ao sexo/mulleres son os Estados Unidos. As cidadás de Kentucky non poden pasearse en traxe de baño por calquera autopista, quitado que vaian armadas ou escoltadas pola policía. En Carolina del Norte non se pode visitar ao amante pola noite, nin practicar sexo no patio dunha igrexa, nin facelo en calquera sitio noutra postura ca do misioneiro, ou sen pechar as cortinas. E rexistrarse nun hotel como matrimonio supón adquirir sen máis tal condición. En Memphis (Tennesee) as mulleres só poden conducir se vai canda elas unha persoa correndo cun bandeira vermella para alertar do perigo. Ohio prohibe os zapatos femininos de charol para evitar que os homes se sirvan deles como espellos (e non precisamente para afeitarse). Tamén hai leis nos USA máis liberais, como unha de New York que permite ás mulleres pasear polas rúas a peito libre, sempre que non sexa con fins lucrativos. E non soamente en Norteamérica hai normas troglodíticas de xénero. No Líbano son absolutamente permisivos coa zoofilia, sempre que o partenaire humano sexa home e o animal, femia. Se os dous son machos, o castigo é a morte (penso que nin siquera se contempla que o interveniente humano poida ser muller).

Que na parte civilizada do mundo haxa normas como estas, aínda que non se apliquen realmente, axuda a entender outra lista, o “Índice de estados fallidos” que elaboran Foreign Policy e o Fondo por la Paz en base á situación dos dereitos humanos ou dos servizos públicos, a esperanza de vida e mesmo a división das elites, entre outros parámetros. A lista encabezaa Somalia, e séguena os veciños Chad, Sudán e República Democrática do Congo, e logo outros que están lonxe ou preto: Haití, Zimbabue, Afganistán, República Centroafricana, Irak e Costa de Marfil. Obviamente, países todos feitos a machado –fronteiras incluídas- pola colonización, pero non toda a culpa é dos nosos avós occidentais. Na metade deses dez estados que encabezan a lista dos que non hai por onde collelos estamos intervindo agora nós – é dicir, os gobernos que escollemos, ou non-. Así que feliz ano.

(La Opinión de A Coruña, 31 de decembro de 2011-domingo 1 de xaneiro de 2012)

Feliz 2012 (malo será)
Aproveito a felicitación do meu paisano Roberto González para felicitar o ano como sen querer facelo, no mellor estilo da casa, e para non andar facendo spam electrónico ou postal.

Consellos de Nadal
Debe ser polo sólido espírito familiar destas festas, pero todo o mundo –refírome a todo o mundo mediático- dá consellos. Desde como sorprender aos convidados cun menú agradecido e de fácil preparación ata como refrearse nas doses do consumo. Así que eu non vou ser menos. Estes son os meus consellos de Nadal:

O primeiro punto xa chega tarde: non vaia ás ceas de empresa. As ceas mal chamadas de empresa, porque en realidade son de compañeiros de traballo, debéronas de inventar os xaponeses, ao tempo que esas folgas que consisten en traballar de máis. Gastronomicamente son un ruína e como terapia de grupo, aínda peor. Cómese caro e mal, e polo tanto de entrada supoñen a caída en desgraza de quen as organizou collendo como puido sitio entre a ateigada oferta hosteleira destas datas. E o calor da comida fraternal enfríase rápido ao pasar ao calor da bebida fraternal, que solta os espíritos e as linguas que estiveron prudentemente amarradas durante os outros 364 días do ano, descontando festivos, pontes e vacacións.

O segundo chega a tempo, pero tanto ten porque non me vai poder facer caso. Non lle podo dicir que non asista ás ceas familiares, porque sería peor o remedio que a enfermidade, pero todos saben ao que se expoñen: a outra terapia de grupo, pero na que os pacientes xa se coñecen de sempre as voltas, as anécdotas e as ocasións nas que deberían ter calado e non o fixeron. Así que lles suxeriría que para non ter unha excesiva decepción non hai como non depositar moitas expectativas. A todos os niveis. Se é anfitrión, non digo que a cea consista en pedir unhas pizzas e os turróns aparezan na mesa sen sacar da bolsa do supermercado, pero entre iso e facerlle caso ás suxestións para ceas de Navidad que veñen nas revistas hai un amplo abano no que escoller. Se é un invitado, queda mal traer soamente un par de latas de cervexa para consumo propio, pero tampouco poña a proba os seus nervios e os do encargado do súper buscando un viño que faga abrir a boca (de estupefacción) a todos os asistentes.

E o terceiro é de difícil cumprimento, pero póñano como obxectivo final a conseguir, igual que neses recetarios para acadar o éxito na vida. Faga como que todo o rebumbio non vai con vostede. Se lle ofrecen lotería, diga que é un imposto para os ignorantes en estatística, e que en vez de xogar a poñer todos un pouco para facer uns cantos millonarios, preferiría xogar a que os millonarios repartisen un pouco entre todos (pode practicar co sorteo do Niño, esa lotería para enganchados e esperanzados a proba de bomba). Se na casa son de Papá Noel, dígalle á familia que se converteu outro vez aos Reis Magos, e o día 6 asegure todo convencido de que non se acorda para nada do que dixo (a mellor ocasión para dicilo é cando se negue a ir á cabalgata de Reis). Néguese a colaborar nas compras dicindo que lle detectaron unha nova variante da claustrofobia, a mercofobia, que se activa ao entrar nos centros comerciais. Para fin de ano, saque unha teoría de que non é o 31, pola mesma razón que o século XXI non empezou en 2000 senón no 2001. E así todo. Non son moitos consellos, nin moi orixinais, e vai ser difícil poñelos en práctica todos á vez. Pero sexa consciente de que cada paso que dea, por pequeno que sexa, será un gran avance para vostede e xa non digamos para a humanidade. Por iso me resisto a felicitarlles as festas.

(La Opinión de A Coruña, 24-25/12/2011)

Apoucalípticos e integrables
Outra variación sobre o clásico en que mans estamos!

Esta é a clientela que nos deixou ZP
Creo que os inventos considerados máis útiles son a lavadora e o teléfono. Eu ao que lle estou máis agradecido é o caixeiro automático. Sempre que entrei nun banco, non me dei concienciado de que os cartos que ía sacar eran meus, e que eran eles os que me debían o favor, por moito que mo cobraran, e non eu a eles por telos alí gardados. Por esa mesma razón, sen reparar nas súas posibles consecuencias no emprego, son un devoto da banca electrónica. E como nos contos morais, non sabía o moito que dependía deses adiantos ata o outro día, cando quixen pagar un recibo.

Primeiro tenteino na casa, coa banca electrónica. Resultou que non podía nin no móbil nin na web. Debía haber iso que as empresas de servizos telemáticos chaman pudorosamente “unha incidencia”. Botei fóra, rumbo a un deses confesionarios das entidades financeiras, un caixeiro. Alí ensineille ao láser o recibo, e el leuno, mostrouno con todo detalle na pantalla e preguntoume se quería pagalo. Cando premín “aceptar”, díxome que a operación non estaba dispoñible. Probei no confesionario do lado, e tampouco. Resigneime a entrar na sucursal. Había tanta xente que parecía unha oficina do INEM. Esperei dez minutos, mirei a hora e deille o meu número a un patrón que se acordaba de que o entrevistara cando o do Mar Exeo. Como a oficina de pagamento de recibos estaba porta con porta, volvín ao confesionario, onde me enterei de que non tiña o meu propio permiso para sacar os cartos que necesitaba. Resolvín que, por moita penuria que estean atravesando as administracións, ben podían pasar un día máis sen o meu diñeiro.

Regresei ao día seguinte, logo de comprobar na casa que a “incidencia” seguía vixente. A sucursal parecía o escenario da caída de Saigón, pero sen tanta equipaxe. Collín o número 98 e estaban atendendo ao 59. Por un siascaso, probei de novo nos caixeiros de dentro, cada un cun letreiro que poñía: “No espere colas. Agilice el pago de sus recibos en los cajeros electrónicos”. En ningún estaba dispoñible a operación. Pasou un cuarto de hora e entre os tres empregados do mostrador só deron despachado a cadanseu cliente. “Deben de estar operando en bolsa”, rosmei como sempre rosmo nestes casos. Outro cuarto de hora e outros tres bolsistas atendidos. Saín a facer uns recados. Volvín e o detector de metais, que antes me deixara pasar sen problema, desta advertiume que deixase os obxectos metálicos na consigna. Debeuse poñer máis estrito para evitar que un atraco empeorara a situación. Pareceume que había tanta xente como antes, e incluso que unha señora tiña no colo un bebé que antes non tiña. Media hora despois, grazas a que desistiran bastantes dos 80-90, tocoume. Cando me atenderon descubrín que os meus predecesores no mostrador non tardaran porque operaban en bolsa ou negociaban hipotecas. O sistema informático, no medio de tanta racionalización financeira e tanta adaptación, levaba catro meses ranqueando, e calquera operación era tan lenta como a erosión. Nisto, un tipo con pinta e chaquetón de becerreiro que acaba de entrar, púxose en primeira fila a esbardallar sobre se alí traballaban con máquinas de carbón. A máis experimentada do mostrador díxolle que pasara. Non souben se fulminala polo favoritismo ou admirala por dar abortado unha situación de conflito. Así que decidín pasmar cos clientes que se deixaron asoballar publicamente sen dicir nada. Se admites un trato así por parte dun empregado da empresa que garda os teus cartos, os gobernos xa poden facer o que queiran.

(La Opinión de A Coruña 17/12/2011)

Gimferrer sobre Lois Pereiro
Apuntes da conferencia inaugural -’Lois Pereiro, un poeta europeo’- que Pere Gimferrer, autor do prólogo da obra completa bilingüe de Lois, fixo no Congreso LP, a xeito de tuits (dado que na sala non había cobertura e tamén estou algo farto de olladas reprobatorias ao maleducado ese que fedella no móbil e non atende)

«A literatura galega estivo sempre no centro da cultura europea, non na periferia, como soubo Roman Jakobson e ignora George Steiner, que a menosprezou».

«Non hai contradición, nin oxímoron en que unha Academia homenaxee a alguén tan pouco académico como LP».

«Chama a atención a variedade e a intensidade da obra. O seu control da materia poética é moito maior que o de poetas similares, como Leopoldo María Panero»

«LP elixiu a súa tradición literaria, pero ao contrario que Dylan Thomas ou Henri Michaux, el non escolleu a enfermidade, non hai nel un malditismo deliberado».

«Na segunda metade do século XX, nas literaturas ibéricas non hai un poeta semellante, e na europea hai poucos».

«Para sobrepoñerse ás doenzas que padeceu hai que ter unha enerxía moral extraordinaria»

«Non hai poemas nin liñas na súa obra que non chamen a atención pola súa intensidade.

«A súa evolución literaria é en espiral. Cada volta supera á anterior, sen romper con ela, e sempre avanzando».

«Todos tendemos a escribir así. Soamente algúns, como Pereiro, o conseguen».

E dous de Roberto Varela:

«O Día das Letras deste ano foi un éxito moi difícil de superar, e foino grazas á implicación da sociedade, e particularmente da mocidade».

«Dicía Dylan Thomas que o mundo xa non é o mesmo mundo desde que se lle engade un bo poema. Lois cambiou a forma na que nos movemos no mundo».

Quen manda aquí?
Quizais estean preocupados polo recente novo pacto do euro, e buscan análises sobre se é positivo, negativo ou quedamos a pré. Ou teñan dúbidas sobre se nos convén saír do euro e xa postos, do sistema métrico decimal, ou quedarnos como estamos. Pois neses casos, vaian ás páxinas de economía, ou a outros columnistas, onde seguro atoparán argumentos sólidos a favor ou en contra. Porque eu, idea diso teño entre escasa e nula. Pero a risco de ir outra vez máis contracorrente, a min paréceme que, en xeral, todo o que veña de Europa é positivo, aínda que sexa desa Europa na que manda Merkel e Sarkozy fai de palanganeiro, vello oficio do que soamente queda a súa acepción máis pexorativa.

Xa sei que no pasado recente, de Europa viñeron as medidas que caparon o noso potencial en pesca, leite e barcos. Pero eles non teñen a culpa de que os gobernos de España negociaran mal e aceptaran contrapartidas como os 6.000 millóns de euros de fondos que viñeron a Galicia, e que os nosos gobernantes decidiran gastalos en rotondas con hórreos no medio, carreteras a ningunha parte e obras con moito máis obxectivo electoral que de dotación de infraestruturas. Tampouco foron eles quen nos embarcaron nese coche costa abaixo e sen freos que era unha economía baseada en construír tantas vivendas como no resto de Europa xunta. Mesmo foi a UE quen criticou a desmesurada aplicación desa política no Levante. Nin eles quen deixaron ás nosas institucións financeiras facer o que lles petara mentres ían de sólidas pola vida. Por suposto que agora Merkel, Sarkozy, Cameron e tutti quanti van ao seu, sen chisco daquel espírito europeísta de antes. Pero os gobernantes que escollemos colaboraron activamente na súa perda, e ben que lles esiximos que salvagardaran os intereses españois, aínda que non foran os de todos os españois, senón os de onde hai máis votantes. En definitiva, non vexo mal que pretendan organizar o tenderete os que teñen sociedades mellor organizadas. E en canto ao de botarlle a culpa do que nos obrigan a facer, de verdade pensan que os que nós si escollemos farían algo distinto?

O que non entendo é a actitude dos que van todo o día inchados de orgullo patrio, ata prometer que impoñerán o mesmo respecto que os terzos de Flandes, pero sen armadura, e agachan a cabeza en canto saen fóra. Os que ameazan todos os días con enderezar España e recentralizar competencias, como se foron os donos da bicicleta que nola reclaman despois de deixarnos dar unhas voltas. Os que dicían que a Constitución era de aceiro inoxidable ante as pretensións dunha parte da cidadanía, e a fixeron de plastilina nun amén ante un sms de Berlín. Nin que o líder que prometía devolver o orgullo de ser español ande largando por aí o que vai facer a todo canto entrevistador ou representante dun país estranxeiro se reúne con el, e non nolo diga aos que representa e teremos que soportar esas medidas. E todo por poder sacar unhas notas de prensa nas que, como despois da reunión de Rajoy co secretario do Tesouro dos EEUU, o PP diga que Obama lles dá a razón, sen que a outra parte o confirme, o desminta ou sequera informe da reunión.

O de sacar os dentes na casa e o sorriso fóra dela recórdame a conduta dos maltratadores, pero quizais é duro de máis, así que me a comparo coa actitude daquel valentón dos versos de Cervantes: “Y el que dijere lo contrario, miente’./ Y luego, incontinente,/ caló el chapeo, requirió la espada/,miró al soslayo, fuese, y no hubo nada”.

(La Opinión de A Coruña, 10 de decembro de 2011)

Razóns polas que Feijoo adiantará as eleccións
Os traballos para ter que opinar sobre o que pasa en Galicia, coa que está caendo aí fóra…

Machistas e periodistas
Se a idea que vostede ten dun periodista é a dun tipo ou tipa que sae na tele dicindo o que lle peta, aínda que sexa de forma educada, pode aforrar ler isto. Porque lles quero falar de dúas noticias que teñen moito que ver co periodismo de verdade: un informe que asegura que a maioría dos adolescentes son machistas, e as promesas do PP aos editores de diarios para paliar a crise da prensa. O informe, elaborado pola Federación de Mujeres Progresistas di, e así o difundiron moitos medios, que o 80% dos adolescentes cree que nunha parella, a rapaza debe compracer ao rapaz. En canto ao outro, o responsable de Comunicación do PP, Esteban González Pons, prometeulle á Asociación de Editores de Diarios de España unha reforma legal para protexer a propiedade intelectual e axudas para a reconversión dixital. Que relación terá unha cousa con outra?, dirá vostede. Exactamente a mesma que o ovo e a galiña.

Cando lin o da propiedade intelectual pensei que se refería á vella reivindicación dos xornalistas de ter os dereitos do que escribes cando a empresa que o publicou llo vende a outra. Evidentemente, parvo de min, do que se trataba é de reformar a lei para loitar contra a piratería e concienciar á sociedade de que non todo o que está en internet debe ser gratis. O que non entendo é que piratería hai nos periódicos. Quitado algunhas webs caraduras que atopei, que pretendían cobrarme por ler un artigo meu publicado nun periódico, son os xornais os que poñen de balde os contidos en internet. Eu, e moita xente, agradecémolo, pero non penso que ninguén reclame que teña que ser así obrigatoriamente. Os periódicos teñen todo o dereito a cobrar por algo que custa cartos e esforzos facer. Tamén defendo que haxa axudas á prensa. Se as hai para outros sectores, ou para mercar un coche, con moita máis razón hai que apoiar unha industria cultural. Pero tampouco me cadra moito que sexan para a reconversión dixital, e non só porque hai nada houbo quen as recibiu para renovar rotativas. A reconversión dixital o que esixe fundamentalmente é contratar uns especialistas. Para elaborar os contidos, os profesionais que xa están teñen as mesmas ou moitas menos dificultades que as de adaptarse a traballar na radio, na tele ou nun gabinete de prensa.

O que pasa é que, por razóns que se me escapan, hai o convencemento de que para unha redacción dixital fai falta menos xente, ou peor pagada, como se o público de internet fose menos esixente, e aquí está a relación co informe sobre o machismo xuvenil. Todos os medios que o difundiron adaptaron a nota de prensa que lles chegou, ou a calcaron. Se consultaran o informe -ademáis de comprobar que está financiado polo Ministerio de Trabajo e a UE- verían que soamente se fixo en dous institutos (que xa é botarlle peito pretender que iso sexa representativo) e que de nove preguntas, soamente tres revelaban ese machismo. O de que 80% dos rapaces consideran que as mozas deben compracelos nin sequera é certo. Sacárono –ademais de do titular da nota- de que só o 21% está totalmente en desacordo con esa afirmación, pero tamén está algo ou bastante en desacordo o 25-30%, co que en realidade é a metade (que xa lle chega, pero non é o mesmo). É a maiores, que se responde a unha pregunta así: que a parella está para amolar? Non discuto que os adolescentes sexan machistas, pero si os datos.

E isto pasa porque os xornalistas non teñen tempo e/ou motivación e/ou esixencia de contrastar as notas que lles veñen. Hai tal abundancia de información de parte interesada que chega para facer dous ou tres periódicos ao día, pero así os xornais, en papel ou dixital, serán unicamente taboleiros de propaganda disfrazada. Ou como dixo David Simon, que deixou o xornalismo para ser o guionista de The Wire, un día entéraste de que abriron un puticlub onda o colexio do teu fillo porque ningún periodista cubriu o pleno municipal no que se aprobou.

(Versión para Faro de Vigo)