Etiquetas
arribismo, gallegos, nacionalismo español, peyorativo, política, Rosa Díez
Un pode ser rabudo, pero grazas aos esforzos da educación familiar, no fondo tento ser un cabaleiro. E ver como se lle está chamando de todo menos bonita a Rosa Díez por esas declaracións criticando a Zapatero porque “podría ser gallego, en el sentido más peyorativo del término” e a Rajoy por ser “gallego” (a secas), non podo menos que defendela, pedir algo de calma e analizar o asunto polo miúdo. Os de Monforte somos así.