si home si » Bono
Como Madrid, nada
Ás veces, poucas pero veces, non sei se fixen ben non quedándome a vivir en Madrid. Claro que desde que residín alí ata agora producíronse fenómenos fondamente desagradables como a pobreza e a marxinalidade extremas ou Esperanza Aguirre, pero un a un, os madrileños son agradables, e as cañas están ben tiradas -aínda que non sexan Estrella- e algunha que outra cousa. Pero sobre todo, miren que o pasan ben agora en Madrid os do meu gremio. Por exemplo, o caso de Sor Maravillas, ou Santa María Maravillas, virxe, que é o nome canónico (e que por certo, parécese un pouco a Zaplana).
Non ela, senón o rebumbio montado sobre se lle poñían a placa no Congreso ou non lla poñían. Desde os serios cronistas parlamentarios ata os redactores de programas graciosetes tocando o tema. Sinal de que é o TEMA, o que abre os informativos, preside as seccións nobres dos xornais, inunda as tertulias da radio e reina nas listas de noticias máis visitadas na prensa dixital. En Cataluña despiden dunha tacada a dous mil e pico obreiros dunha empresa, aquí quedan centos cun pé dentro e outro fóra, pero o TEMA é se lle poñen unha placa nas Cortes a unha monxa por unha razón que se me escapa. Que se me escapa e, se queren que lles diga a verdade, nin me interesa, pero hai que recoñecer que é ben máis ameno e divertido que o debate das posibles ou improbables medidas das Administracións para que as listas do INEM non se poñan como Montserrat Caballé.
Como todo se pega, sempre hai quen, como os viaxantes de antes, se apunta a importar as novidades, veñan ou non a conto. Como esa decisiva polémica sobre se algúns deputados poden dicir «Parlamento de Galiza» ou se teñen que ater á denominación oficial «Parlamento de Galicia». Eu fun desde sempre de Galicia, pero Galiza, polo menos fóra do Parlamento, é unha expresión academicamente correcta, e non sei por que non o vai ser dentro. O que non o son, nin dentro nin fóra, son cousas como poñer os pronomes onde a sus señorías lles peta: «lle digo, señor X». Pero por iso, que fai renxer as orellas a calquera galegofalante (ou a calquera que, sen selo, leve tempo bastante escoitándoo) sorprendentemente non protesta ninguén.
Quitado aquí, que como estamos en provincias dámoslle mil voltas e moita importancia ó xoguete, os políticos e periodistas mesetarios cambian de apandote en canto se aburren. Morto o do placa da monxa e as boutades de Bono, le dernier cri é que parece que Álvarez Cascos, ex ministro e galerista consorte, se dedicou a mandar sms con rumores de que crebaba Sacyr. Eses son temas, perdón TEMAS, e non a perrallada de aquí. Non lles parece emocionante?, non lles recorda ó colexio?
(sábado 22 de nov. de 08)
Mundo ocioso
Desde logo, hai semanas cunha intensidade informativa que ata dá medo saír da casa, ou poñerse a ler o periódico media hora máis tarde do habitual, por se nos perdemos algo. Así, de primeiras e sen pensalas, entre o máis destacado do que nos entra polos ollos ou polas orellas, segundo as estatísticas dos propios medios, está o caso de que Brad Pitt foi durmir unha noite a casa de Bono (o de U2, non do o Yak 42) logo de se mosquear coa muller, Angelina Jolie. Tamén o asunto da traballadora dunha fábrica de teléfonos iPhone á que os compañeiros lle sacaron unha foto cun dos móbiles. Esqueceron eliminala (a foto) e chegoulle como fondo de pantalla ó comprador do aparato, en Inglaterra, que se puxo a buscala como o príncipe de Cinsenta. Agora, unha vez atopada, é tremendamente famosa, a iPhone girl, chámanlle. Por non falar da nosa contribución autóctona ó serpentario de verao, ese famoso non adianto de eleccións.
Poderalles parecer unha parvada que os medios de comunicación de ocupen de se Bono tivo que dar refuxio a Brad ou en realidade o invitou para contarlle polo miúdo as súas últimas iniciativas a prol dos desfavorecidos. Que levante a man quen non tivo algunha vez que ir durmir ó sofá (os cabaleiros) ou mandar ir durmir ó sofá (as señoras) por un desencontro conxugal puntual. Pero a noticia está na magnitude do cabreo da señora Jolie. Coa casa que teñen, un château do século XVII no sur de Francia, con seis edificios, un deles enteiriño para as visitas, para que Brad non atopara siquera un sofá no que acubirllarse, o de Angelina debeu facer saltar o récord da escala Ritcher dos desencontros conxugais.
Máis rocambolesco é o da foto que os esforzados pero alegres operarios da factoría de Shenzhen (sur de China) lle fixeron á súa compañeira e que lle chegou a un usuario de Kingston upon Hull (Inglaterra, desta vez no norte). O individuo, estrañado porque non iPhones dos coñecidos non viña a mesma imaxe, colgouna nunha páxina de internet de iPhoneiros. O mundo está tan famento de causas nobres que os forofos deron en argallar teorías e mesmo naceron blogs e webs dedicados a ela. Tanto esforzo non podía quedar sen recompensa, e nunha semana apareceu a rapaza. Ben, máis que aparecer, sóubose dela, porque en canto xornalistas e paparazzi de todo o mundo se presentaron na fábrica para fotografala (aínda máis?) e preguntarlle (qué?) a muller colleu tal medo que dixo que deixaba o traballo e ía para a casa. Segundo fontes da empresa, era unha sinxela rapaza de aldea, incapaz de entender os beneficios que podía sacar a conta de centos de milleiros de fashion victims parvos. Este caso demostra ademais a teoría esa que afirma que abonda con que unha bolboreta mova as alas na China para que se produza un terremoto en Inglaterra.
E, por último pero co seu aquel, temos o revelador affaire das eleccións que se acabarán celebrando cando se tiñan que celebrar e non cando non. Un caso que fixo felices a todos os responsables da información política dos medios galegos, sobre todo os que quedaron como tais en verao, substituíndo ós titulares. Un asunto que, oficialmente, nunca pasou de rumor, e que rematou cunha proclamación tan solemne como si se tratase da dimisión do presidente ou da ruptura do goberno. Se eu fose un conspiranoico, pensaría que foi unha magnifica xogada estratéxica, unha variante desas mañas de películas de adolescentes nas que o tímido protagonista axusta cuns abusóns para que fagan que atacan á rapaza que lle gusta, e así salvala el. Neste caso, escenificar unha chea de presións para adiantar, para logo saír bravamente do paso. Pero non o creo. Demasiada sobreactuación.
29 de agosto de 2008