si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo do tag ‘Cendón’

Sansón e Cendón

3 comentarios

Gaza foi a cidade á que os filisteos levaron preso a Sansón, logo de que Dalila lle quitara a forza rapándoo, e o meteron a dar voltas á roda dun muíño, e onde logo fixo a desfeita que fixo. «Cego en Gaza, na nora cos escravos», escribiu o poeta inglés John Milton. A actual demostración de forza bruta que fai o Estado de Israel contra o millón e medio de persoas atrapadas nese lugar pechado a cal e canto non ten nada de vinganza histórica, pero si de darlle voltas de forma cega á roda universal da infamia. Bombardear un territorio e causar un milleiro de vítimas para castigar os ataques procedentes de alí, que nun par de anos provocaron media ducia de mortos é como se o exército español cercara a comarca guipuscoana do Goierri e a canoneara polo feito de que a grande maioría dos seus habitantes son abertzales.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

19 de Xaneiro, 2009 ás 2:05 p.m.

O que valen as vidas

sen comentarios

O outro día tiven que cumprir cun compromiso que levaba adiando todo o posible, porque era un trago. Falar en nome do colectivo profesional coa familia de José Cendón, secuestrado en Somalia, pra mostrarlle o noso apoio moral -cal, senón?- e poñernos á súa disposición para o que poidamos axudar, pouco ou nada, para que nos imos a enganar, quitado o de seguir petando e non deixando que esa porta se peche ante outras prioridades da actualidade. Tendo en conta que están pegados ó teléfono, e que as únicas chamadas que lles deben interesar entre os centos que reciben son as que lle fan desde o Ministerio de Exteriores («chamáronnos hai pouco, á tardiña»), foron, a nai en concreto, extremadamente amables, e quen acabou cun nó na gorxa fun eu. Sobre todo ó colgar e pensar no que vale para cada quen unha vida.

José Cendón / France-Presse   Hospital psiquiátrico de Burundi (Premio World Press Photo 2006)

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

4 de Decembro, 2008 ás 11:14 a.m.

Switch to our mobile site