Arquivo do tag ‘Cidade da Cultura’
Queda inaugurado este pantano
A miña opinión sobre o proceso de creación da Cidade da Cultura. Sobre a cidade xa a terei en canto a vexa.
(Por certo, como me apuntou Xurxo Lobato, a Catedral Nôtre Dame de la Paix está en Yamoussoukro, capital de Costa de Marfil, non en Mali)
Eu escuso
Eu, como os de Valença, en ocasións tamén quero ser español.
Os caladiños
Acábase de recordar públicamente, porque hai moito desmemoriado, que xa en 1999 Paco Vázquez se adiantara ó recente descubrimento de que a Cidade da Cultura é un despropósito. Eu fixen algún comentario frívolo sobre o asunto o 27 de novembro de 2000, en canto apareceu Si home si (versión papel), e tamén o 10 de maio, o 4 de setembro e o 1 de novembro de 2001 (logo debínme cansar). Non vexan animus competendi ningún sobre quen ten máis intuición, nin tampouco animus fachendi pola coincidencia de opinión co alcalde. Sinceramente, ningún dos dous temos mérito ningún. Que as semicatacumbas de Peter Eisenman ían ser un burato negro de cartos e un monte de problemas xa o sabía ata ó que se lle meteu na cabeza facela.



