Arquivo do tag ‘crisis’
Nada de pactos
Miren que levo tempo afrontando resignada e gallardamente ese formato de loita libre parlamentaria que son as porfías entre presidente do Goberno e líder da oposición, e cada vez estou máis convencido de que son ao debate político máis ou menos o que as películas de Jean Claude Van Damme ao cine de acción: que tamén haxa moita labazada non quita que as interpretación sexan discretas tirando a malas e que a trama sexa máis que previsible. E iso que, desta vez, o macht ía de algo de importancia vital e xeral: a crise económica e como saír dela. Como intuïamos todos, a cousa rematou sen unha conclusión clara, quitado a de que a Zapatero interésalle ter algún socio como burro dos paus e Rajoy non lle interesa nada que non sexa a rendición incondicional. Dise que dous non pelexan se un non quere, pero tamén que para bailar fan falta dous (ou polo menos debíase dicir cando o apoxeo do baile agarrado).
O futuro da información
Reflexión gremial. E outra sobre A caixa negra, que me pediron e non se publicou:
En primeiro lugar, non estamos a falar do lóxico dereito de calquera responsable dun medio de elixir que tipo de programación quere, senón de emitir un programa ou non segundo os temas que trate, e sen velo. En segundo, habería que despexar a certa confusión que hai sobre as razóns aducidas para a non emisión do programa, ou do adiamento da súa emisión. Se foi unha consideración sobre a delicada situación do sector gandeiro, a tal situación non parece que vaia cambiar en quince días ou un mes, e a crise do sector non ten nada que ver coa xa pasada das vacas tolas. E en segundo, se se toma esa decisión sobre un feito histórico, aínda que sexa da historia recente, que equilibrios non vai haber cando se trate dunha reportaxe sobre asuntos de actualidade? Se se fixo pola petición dun sindicato, é de agradecer a toma en consideración das opinións da sociedade civil, pero a maneira de facelo é incluir esas opinións, non retirar a reportaxe. A maiores, a decisión non é moi hábil desde o punto de vista profesional, porque pon no punto de mira un programa que ata o de agora non tiña connotacións políticas, como non as tivo a anterior reportaxe sobre o Cason, no que a Administración daquela -socialista- quedaba bastante malparada.
Qui va piano, va lontano
O primeiro síntoma de facerse maior é darse conta interiormente de que os pais tiñan razón en máis ocasións das que nos gustaría admitir publicamente. Por exemplo, naquilo de que era mellor pensar as cousas dúas veces antes de facelas. Nesta semana vin dous casos que demostraban a eficacia daquel consello contra o impulsividade xuvenil. Un, os nomeamentos do último consello da Xunta. O outro, o debate do estado da nación.
Queridos colegas
O sábado tiven que endilgarlle unhas palabras ós que desde agora van ser colegas de profesión, aqueles que estes días se licenciarán na Facultade de Xornalismo de Compostela. Lamentable, pero sinceiramente, non tiven outra que expresarlles de entrada o meu máis sentido pésame pola elección que fixeron, aínda que sexa algo tarde (catro anos de carreira tarde). E de saída, deilles os meus parabéns porque non hai nada mellor que traballar no que a cada quen lle gusta, quitado o de non traballar en absoluto, a quen lle guste e o poida.


