si home si » Cuatro

Televisións cruzadas
Hai un termino na industria cultural que é o crossover (fusión, ou mestura). Orixinalmente referíase ós músicos que facían unha canción nun idioma distinto ó habitual, como os melódicos italianos que cantaban en español nos anos 60 e 70, ou os cantantes latinos que facían discos en inglés. Logo pasou a definir a aquelas composicións fillas de orixes distintas, como a «mestizaxe» famosa (flamenco e pop, por exemplo) que de tan omnipresente como se fixo acabou sendo un xénero en si mesmo. En televisión, que é ó que vou, o crossover é cando personaxes dunha serie interveñen -como tais, non os actores- nun episodio doutra. Os exemplos clásicos da televisión recente son a participación de Horatio de CSI Miami nun dos primeiros capítulos de CSI New York, e o cruce de aparicións de Grissom en Sin Rastro e Malone en CSI Las Vegas. Este mércores pasado Iñaki Gabilondo e Andreu Buenafuente inauguraron o xénero na televisión española (porque que Rodolfo Chikilicuatre, un produto de La Sexta, ganase un concurso de TVE1 foi un crossover hostil) .

O crossover de Cuatro e La Sexta foi máis ben discreto, pero ten máis importancia que o transposición de Horatio da cálida e hortera Florida á elegante e fría New York. Non sei o que se dixeron os símbolos da cadansúa cadea, desde cadanseu plató. Probablemente debeu ser como as conversas cos astronautas ou as felicitacións do Rei: o importante é que falen, non o que digan. O importante é que foi o abrazo de Vergara entre dúas empresas tan próximas como enfrontadas polo control do fútbol, logo de que todo -desde a economía á normativa do sector- se empeñaran en amigalas. En dous días, o que parecía un símbolo fíxose carne, e xa temos ós propietarios respectivos, Prisa e Imagina-Mediapro, chegando a un pacto para integrar os negocios, como paso previo -imaxino- á integración das cadeas.

A verdade é que a liberalización da televisión en España tivo os mesmos efectos ca da gasolina. Nin mellorou o produto nin baixou o prezo, e o que fixo foi poder consumir o mesmo en máis sitios. E como o mercado fallou, os gobernos dedicáronse a facilitar os negocios. Os de Felipe González mirando para outro lado mentres as televisións privadas incumprían clamorosamente a lei (desde as porcentaxes da publicidade que fixa a norma europea, ata a española sobre topes no accionariado). Os de Aznar facilitando a compra de Antena 3 por Telefónica e logo salvandoa da queima 3 polo método de facilitar o desembarco dun novo propietario. Agora, o de Zapatero, primeiro concedendo unha licenza a Canal + para que puidese facer negocio en aberto, e logo outra para compensar. Despois  adelgazando a televisión pública e quitándolle a publicidade, para acabar coa supresión das restricións ó accionariado cruzado, e posibilitar a fusión de dúas concesións, sempre que non sumen o 27% da audiencia. Non apareceron os nomes concretos dos beneficiados no BOE porque quedaría feo.

Así que, vista a fecundidade empresarial que produce o crossover atreveríame a propoñelo como práctica habitual. Unha fusión de Gayoso con 59 segundos¸ na  que Luar proporciona o público ó debate de TVE1 e o negro de Boney M se pronuncia sobre a operación Gürtel. A caixa negra podería interactuar co caso Telemadrid (así, en xeral), Hai debate con Últimas preguntas, e La noria facer conexións cos informativos de todas as cadeas. Sería unha ocasión de ver o de sempre, pero de forma distinta, que é no fondo a esencia da televisión en España.

(La Opinión de A Coruña/Faro de Vigo,sábado, 6 de xuño de 09)

Cuatro
Momentos históricos nos medios de comunicación cada vez hai menos. E o que é peor, os que pensabamos que o eran desvanecéronse no tempo como gotas de chuvia, igual que os recordos do replicante de Blade Runner. Teño presente a aparición de El País (aínda que soamente fose porque o mundo da prensa daquela era aterrador) e a deste xornal (aínda que fose polo medo de ter que facer columnas cada dous días). Non lembro demasiado a irrupción das televisións privadas, e eso que supuñan un auténtico terremoto no panorama catódico (aínda que non imaxinaba o cataclismo que chegarían a ser). Moito me temo que a estrea de Cuatro non vai mudar demasiado o meu esquema de recordos.E non por falta de aplicación. O luns ás 20,44 estabamos en perfecta formación diante da pantalla os elementos familiares que a esa hora non teñen que estar na cama ou en actividades formativas. Os presentes (a sub-unidade conxugal) estivemos tan de acordo coa declaración de principios que se non aplaudimos foi para non parecer que estabamos de público nun talk show. A presentación do cadro de persoal estivo correcta (moderna á par que contida), aínda que a excesiva presencia masculina e a sobredose do color corporativo nas garabatas lle dese un certo aire de voda familiar de Los Soprano.

Logo apareceu Gabilondo e dixo: “¡hola!”. Estaba máis nervioso do que lle teño escoitado nunca, e a presencia esmagadora do vermello dáballe ó informativo un aire maoísta (máis que o informativo da Cuatro parecía o da Banda de los Cuatro), pero o deseño do formato e da proposta gustoume por distinto: apostar polo que se considera noticia e non polo que se supón que chamará a atención. No negativo, que non parece que detrás do presentador-tótem haxa moitos vimbios para facer o cesto innovador que se pretende (a exclusiva do informe secreto de que sigue habendo perigo de atentados islamistas non é moita noticia: o raro é que despois do 11-M algún experto se atreva a poñer por escrito que non hai perigo). No positivo, os dous momentos estelares.

Un, a reportaxe do propio Iñaki en París, aínda que tivese un certo regusto radiofónico. Dous, a ministra Magdalena Álvarez como enviada especial ó lugar do accidente de Granada. Amigos maliciosos (entre outros) coinciden en que a ministra agarrando o micrófono é a mellor arma para os que aseguran que o Goberno deulle a concesión á Cuatro polas mesmas razóns que o de aquí á Cope (para ter unha cadea amiga para sempre, porque o afecto das públicas decídeos o electorado). Sen embargo, prefiro non facer sangue. Imaxino que a productora que se deron maña en buscar para cubrir o drama que se producira esa mesma tarde (ver aspectos negativos) non tiña siquera un micro de solapa. E agradécese a sobriedade expositiva de Magdalena nestes tempos nos que está de moda a xesticulación dos periodistas, como si se tiveran formado en Barrio Sésamo e non nunha facultade.

Desgraciadamente, despois tiven que ir rescatar ó pequeno dunha actividade formativa. Polo informe que me fixeron ó volver, non perdín gran cousa, e o mesmo opinou a audiencia, que lle deu un 15% de cota (nun día en que non houbo informativo de Tele5). Onde máis se viu esa proposta nova e urbana foi en Madrid e en Galicia, o que significa que hai esperanza (aínda que non sei de que).

(mércores, 9 de novembro de 05)