Si home si » decreto do galego

Os espíritos da contradición
“Se se mira nun espello, non se recoñece”, dise para referirse a calquera que vai de algo cando é o contrario. Pois a min paréceme que a xente ilustre (entendo por ilustre calquera que fala nos titulares) cando se mira nun espello, ten que conter o impulso de darlle a man a ese descoñecido que ten diante. Non sei se será pola necesidade de enchelos o máis posible eses titulares, ou que os micrófonos afectan ao que se lle pon diante (eu estiven varios anos detrás e non noto nada), pero calquera declaración/titular/actitude que collan de calquera é contraria á outra anterior, se alguén se molesta en comprobalo, ou se fía de min.

O exemplo último é dos representantes do PP e do PSOE, votando no Congreso en contra do que os seus mesmos partidos aprobaron no Parlamento Galego, a transferencia das competencias de Tráfico. O penúltimo, Mariano Rajoy negándose a responder aos xornalistas e logo pedíndolle ao Apóstol (que obviamente, non lle vai contestar) cousas como que lle axude a ennobrecer a política, con Camps ao lado. O caso e máis rechamante é o de Jesús Neira, o que levou unha malleira por interpoñerse entre un maltratador e a súa vítima, e a quen os medios adoitan mencionar como o “profesor universitario Neira”, como se dar clase nunha universidade fose unha rareza comparable a domar leóns (aínda que haxa os seus paralelismos). A calquera se lle ocorre que o acto nobre e heroico dunha persoa non a cualifica para outro tipo de cometidos do ramo, como salvar a un bañista de afogarse non acredita ao rescatador para integrarse no organigrama da Sociedad Estatal de Salvamento Marítimo. Pero Esperanza Aguirre decidiu poñelo ao fronte dun Observatorio da Violencia de Xénero. En canto abriu a boca (Neira, non Aguirre) todo o mundo se deu conta do que antes só debían saber os seus alumnos: que era un botarate (heroico, iso si) e que opinaba de todo, menos do que polo lle pagaban, en todos os sitios. Sen embargo, nin Aguirre fixo nada nin os medios madrileños que teñen ás empresas públicas rexionais como os seus mellores clientes publicitarios insinuaron que o rei Neira andaba lixeiro de roupa e de cabeza, ata que el propio se espiu, facendo eses na M40 co seu BMW.

E xa que empeza o curso, unha das ofertas electorais, confirmada logo no folleto oficial do programa de goberno da Xunta, era rematar coa guerra que ao parecer había na educación e impoñer calma. Non sei se había unha guerra difusa (nos centros escolares onde tiña á miña tropa infantil, non a había, nin difusa nin concentrada), pero grazas á operación Libertad Duradera, temos o inicio de curso máis abrupto e desorganizado da historia. Profesores que non saben que dar nin en que idioma. Pais que se aprestan a defender a súa opinión sobre como lle deben educar ao neno e en qué. 300.000 libros que non se sabe que facer con eles porque as nosas autoridades consideran que dous e dous non suman catro, senón “cuatro”. A tradicional liña de pensamento sobre a educación do PP, a aposta por acentuar o esforzo dos rapaces e a autoridade dos profesores, convertida en que os alumnos poden usar o idioma que lles preste, independentemente do que se use na materia. A austeridade presupostaria conxugada con gastar  un millón de euros en propaganda de que a Xunta, pese á palpable realidade, o fai ben nese campo. Claro que a administración non é a única que se retrata neste asunto. Obxectar a unha lei por principios é un dereito das persoas, pero que unha forza política como o BNG chame a facelo aos profesores non é moi congruente con que antes se queixase, con razón, que o 40% dos centros incumprían os mínimos a impartir en galego. Claro que, como antes non lle pasaba nada aos profesores que non usaban o galego, en estrita lóxica agora non debería pasarlle nada aos que non o usen o castelán.

(La Opinión de A Coruña, 11 de setembro de 10)

Non destitúan a este conselleiro
Eu son un afectado por un dos erros máis graves e ao tempo máis paveros na política educativa poñamos que recente, sen deixar de ser remota. Foi no antepenúltimo ou penúltimo goberno de Franco, que nomeou ministro de Educación a un tal Julio Rodríguez por equivocación. Non quero dicir que se equivocara ao nomealo, que tamén, senón que se equivocou de Julio Rodríguez, ou iso sempre se dixo sen que se desmentira. O ditador pensara nun Julio Rodríguez que era profesor en Murcia ou Canarias e por un erro de alguén e pola escasa orixinalidade do nome, a quen deron localizado e a quen finalmente designaron era a un Julio Rodríguez que era catedrático en Salamanca. Nada máis sentar no sillón, o ocorrente Rodríguez salmantino tivo a brillante idea de que os cursos escolares debían coincidir cos anos naturais, así que o meu primeiro ano de carreira foi tan breve como intenso: durou seis meses escasos, de xaneiro a xuño. Non sei se fun afectado para ben ou para mal, porque ao ano seguinte, sobrepasado por tanta intensidade, decidín facerme periodista, a ver se o curso me rendía máis e me deixaba máis tempo para ter contacto coa vida real. Por esta razón non debería cesar Jesús Vázquez como conselleiro de Educación.

Non estou suxerindo arteiramente que está no cargo substituíndo a outro Jesús Vazquez que resultou máis difícil de localizar. Tampouco quero dicir que non haxa razóns para quitalo. En realidade hai unha chea delas. De entrada, dirixe o departamento que non soamente é responsable do meirande despropósito pedagóxico despois do daquel Rodríguez, senón que pasará a historia como o autor dunha ruptura sen precedentes no delicado equilibrio que rexe o sistema educativo. Primeiro abriu a caixa de Pandora do que se vendeu como liberdade de educación, ou ensino á carta, baseándose no máis que discutible principio de que os pais dos alumnos son os propietarios do sistema educativo, os clientes que sempre teñen razón, e non os usuarios que en realidade son. (Imaxinen o mesmo principio aplicado á sanidade, e que a opinión dos enfermos prevalecera sobre a dos médicos). Logo pretendeu pechala azarapalladamente, cunha chea de sucesivas versións nas que cada unha mudaba os obxectivos, as intencións e os argumentos da anterior. Da liberdade pasamos ao trilingüismo, do trilingüismo ao fifty-fifty, do fifty-fifty a su-opinión-es-importante-pero-no-valdrá-para-nada, e de su-opinión-etc a quedaremos-como-estábamos-pero-no-se-me-preocupen-que-habrá-libertá. E todo, sen o máis mínimo sentido do ridículo, non mediante un debate científico pedagóxico, senón polo método que usan para vender chándals e lotes de bragas no feirón de Noia, pero releando entre si os propios vendedores. Tanta présa se deu que lle pillou os dedos coa tapa, ou viceversa, ao que lle axudaba a pechala, o secretario de Política Lingüística.

O curso que vén veremos as consecuencias de tanto consenso: alumnos que levarán os libros que lles peten a eles ou aos seus pais, profesores facendo cuadrantes de idiomas e textos como se en lugar de preparar un curso preparasen a invasión dun país mediano, e asociacións de pais e nais que, no canto de organizar comedores e excursións, reproducirán no seu seo os enfrontamentos parlamentarios, no mellor dos casos (no peor, a guerra de faccións tipo libanés).

Así que é moito mellor que siga Vázquez. En primeiro lugar porque a culpa non é toda del, senón de quen o mandou meterse no fregado. En segundo porque pedir a dimisión ou a destitución de alguén é o mellor sistema de soldalo ao posto. E terceiro porque calquera se fía de alguén que se deixase convencer para asumir esa herdanza. (Unicamente que dean localizado a Julio Rodríguez).

(La Opinión de A Coruña, sábado, 20 de marzo de 10)

O video da campaña 'orgullosos do galego'
Este é o video da campaña da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Sinxelo, directo, e axeitado aos novos argumentos (ironía incluída).

Viva o decreto!
Cal vai ser. O Decreto. O do galego, que algúns chaman o castellanazo. Nunca tanta tinta se usou para debater unha norma. Nunca tanto se estudou unha proposta lexislativa, incluso contando cos milleiros de opositores que concorren a Silleda coa Constitución e o Estatuto sabidos de memoria. Nunca un borrador tanta unanimidade suscitou, desde unha banda por unhas razóns e mesmo desde a outra polas opostas. Non soamente recibiu as lóxicas críticas desde o punto de vista ideolóxico, senón que día a día vai apañando outras cos argumentos que van desde os pedagóxicos aos funcionais, pasando polos económicos sen descoidar os legais. Descualifícano por inaplicable ou polas consecuencias que tería caso de dalo aplicado. Soamente o defenden os seus pais, e eu non teño outra opción ética (e de balde!) que apoialos. Viva o decreto así se funda o mundo.

O defender esta postura despois de ter defendido a contraria non obedece a ter caído de cabalo ningún, nin de levar outro tipo de golpe, nin sufrido unha revelación súbita. Foi que pensei. Pensei en cando era neno, que odiaba con toda a forza dun neno, pouca pero obsesiva, a ximnasia. Non facer deporte, correr ou saltar. A clase de ximnasia. A única maneira de zafar daquela ordalía era, ademais de estar o bastante enfermo como para nin ir xa ao colexio, ter un xustificante paterno/materno (daquela concretamente materno, que eran as que se ocupaban de miudezas como a educación dos fillos). Estar en posesión do papeliño aquel, unha cuartilla ou unha tarxeta no que unicamente poñía que “el niño X no podía hacer gimnasia porque Y”, sendo X eu e Y calquera cousa, daba unha felicidade –deuma no par de veces que na casa me deron un- similar á que tiven a vez que me pediron o dni para entrar no cine (a vez que mo pediron e o tiña para acreditar que cumprira os 18 anos, non nas que mo pediron cando aínda non o tiña) ou cando esgrimín o pasaporte para cruzar a miña primeira fronteira.

Así que entendo a satisfacción de calquera pai/nai de poder decidir sobre o que ten que estudar ou non estudar o seu fillo. Que non daría eu por estar exento de ximnasia de serie. E que non me veñan con que deberían ser a Administración e os profesionais os que deciden que materias se imparten no ensino, que para iso somos nós os que pagamos a educación cos nosos impostos (ben, para iso e para que nos aturen aos cativos o maior tempo posible). Unicamente me pesa non chegar a tempo de librar ao maior das matemáticas, que nunca as puido ver. Ademais de exercer ese noso dereito inalienable de decisión, que inexplicablemente non reclamamos ata agora, todo este proceso ten a maiores moitas vantaxes. Unha que, ao poder expresarse no idioma que lles pete en calquera materia, os rapaces xa non poderán escusar as notas dicindo que eles saber sabían, pero non o daban explicado ben en galego. Outra que vamos ver de que pe coxea cada familia, e quen se significa e quen non. E sobre todo, que como tentar levar á practica este sistema vai supoñer un desquicie xeneralizado no sistema educativo, o que vai acabar pasando –e non digo eu que non estea xa todo pensado así desde o comezo- e que decidan que non paga a pena tanto problema por esa cousa, e que lle dean bertorella ao asunto e que o quiten, que ya está bien de tanto gallego y tanta tontería, hombre.

(sábado 9 de xaneiro de 10)