Arquivo do tag ‘EL Bigotes’
A importancia da educación
Miren que nos teñen insistido a todos no de seren educados. Incluso a algúns lles repetían mantras tipo: “educación y buenos modales abren puertas principales”. Pero escoitando na intimidade aos nosos próceres, dá a impresión de que iso da educación e os modais é outra desas lendas urbanas maternas como a de ter que agardar dúas horas despois de comer para facer a dixestión e poder bañarse. E falo dos modais por non falar das pintas. Como combinar a vixencia daqueles consellos maternos de ir sempre coa muda limpa por se tiñamos un accidente coa existencia de personaxes populares reverenciados polas masas como Belén Esteban, Isabel Pantoja (ou Cachuli, para que non me acusen de misóxino)?

Eu escuso
Eu, como os de Valença, en ocasións tamén quero ser español.



