Arquivo do tag ‘El País’
O futuro da información
Reflexión gremial. E outra sobre A caixa negra, que me pediron e non se publicou:
En primeiro lugar, non estamos a falar do lóxico dereito de calquera responsable dun medio de elixir que tipo de programación quere, senón de emitir un programa ou non segundo os temas que trate, e sen velo. En segundo, habería que despexar a certa confusión que hai sobre as razóns aducidas para a non emisión do programa, ou do adiamento da súa emisión. Se foi unha consideración sobre a delicada situación do sector gandeiro, a tal situación non parece que vaia cambiar en quince días ou un mes, e a crise do sector non ten nada que ver coa xa pasada das vacas tolas. E en segundo, se se toma esa decisión sobre un feito histórico, aínda que sexa da historia recente, que equilibrios non vai haber cando se trate dunha reportaxe sobre asuntos de actualidade? Se se fixo pola petición dun sindicato, é de agradecer a toma en consideración das opinións da sociedade civil, pero a maneira de facelo é incluir esas opinións, non retirar a reportaxe. A maiores, a decisión non é moi hábil desde o punto de vista profesional, porque pon no punto de mira un programa que ata o de agora non tiña connotacións políticas, como non as tivo a anterior reportaxe sobre o Cason, no que a Administración daquela -socialista- quedaba bastante malparada.
Non disparen sobre os gandeiros
A columna en El País, sobre a política agraria (que non vai ser todo fútbol)
O BNG ante o ‘Que facer’?
A miña particular dixestión de todo o debate sobre a inmediata asemblea do BNG
De que vai Feijoo?
Para sabelo, hai que premer aquí
Que hai do meu?
A columna de El País, sobre o traspaso de poderes.
¿Que facer? / O BNG debate algo máis que o seu futuro
A reportaxe sobre a situación do nacionalismo hoxe en EL PAIS (estes eran o título e antetitulo orixinais).
Autocrítica sen comiñas
A columna dos xoves, adiantada ó mércores, sobre o galego (o idioma) e a súa influencia nas eleccións, así como outras veladas críticas a como está pasando o que está pasando. Pasen e lean.
A Cultura que virá
A raíz do número de visitas (e de protestas) que xerou esta reportaxe sobre que fará a nova Xunta coa Cultura, ou coa cultura, ocurriuseme que quizáis fose un tema de debate.
Disparando pola noite
Análise en EL PAIS de onde estamos -están- logo das eleccións
O Espectador 16: Norman Mailer e o lobo
A análise, ou o que sexa, da fin de campaña
O Espectador 15: Do tedio á bronca
Ou como logo da calma, veu a tempestade
O espectador 14: O que dixeron
Que dixeron e que pasou co que dicían
O Espectador 13: O que non din
O que calan os candidatos cando falan
O Espectador 12: O que din
O mitin-tipo de cada un dos candidatos
O Espectador 11: O triángulo de Pontevedra
Análise dun domingo demoscópico e dos curiosos usos e costumes electorais na provincia de Pontevedra


