Arquivo do tag ‘Enrique Múgica’
Un pouco de educación
A educación, refírome ao ensino, non ás boas maneiras, estase convertendo en carne de reality show, con perdón. Nas últimas horas temos presenciado un tremebundo boureo no Parlamento galego por causa de a que colexios mandan as súas señorías os nenos (os seus de cada un), e por outro lado, hai un clamor indignado porque a OCDE, que é o club dos países aceptablemente desenvolvidos, ten a España clasificada nos últimos lugares pola formación que teñen os seus cidadáns. E contra o que poden estar pensando os mal pensados, o primeiro non deriva do segundo.


