si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo do tag ‘España’

O verao xa non é o que era

3 comentarios

Non señor. Empezando porque antes non se lle chamaba “veranito” (por certo, por que non se fala de “otoñito” ou “inviernito”?). Antes a xente volvía do verao descansada, aínda que non tivera vacacións. Agora ata hai unha desas síndromes ás que botar a culpa de que ande un desganado de todo. Antes nos veraos non pasaba nada, e os xornalistas antigos (os que viviron antes, non os que escriben como antes) tiveron que inventar aquilo das “serpientes de verano”. Agora alguén que pasara as vacacións nalgún hipotético sitio sen conexión a internet é como aquel San Ero que se durmiu á sombra dun castiñeiro e cando acordou pasaran unha pila de anos. Vaste a calquera sitio do Caribe tan tranquilo, ou como moito, co vago temor de que se produza unha revolta, e cando regresas resulta que a revolta foi aquí, e cambiáronche a Constitución.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

13 de Setembro, 2011 ás 8:11 p.m.

O espello libio (ou a nosa Yamahiriya)

un comentario

Un post que debería ter posto aquí no seu día.

Aviso: os datos comparativos cos outros países do Magreb foron contundentemente cuestionados por amigos en Facebook, ou sexa que cóllanos con papel de fumar e denos por non lidos. A historia de Libia non o foi -cuestionada- e a comparación coa tradición democrática española, tampouco.

Escrito por sihomesi

13 de Setembro, 2011 ás 8:08 p.m.

Michelle Obama e a caspa

sen comentarios

Por moitas jeremiadas que proclamen determinados predicadores, ou Rajoy cando se pon estupendo, o drama real de España, e non outro, é que a pouco que rasques, sae a caspa. A cousa vén de vello e reactualízase permanentemente, e se non, pensen no circo Michelle Obama. Durante a segunda metade do século XX, mentres no mundo civilizado, particularmente en Europa, se formaba a primeira sociedade na que as vantaxes da modernidade, incluída a cultura, se poñían ao alcance da maioría, España era un cuartel no que, como moito, unha parte da poboación tiña pase pernocta. Por aí fóra xurdían os Beatles, o pop, o rock, o Mini e o chamado amor libre (as relacións sexuais entre adultos sen máis requilorios que o mutuo acordo). Aquí había que agardar meses por un 600, Mi jaca e Soy minero campaban en todas as radios durante anos e o único reto de apareamento permitido eran os paseos pola na rúa, na que as mulleres ían por un lado e os homes por outro. Os turistas que, aos poucos, foron vindo, máis que unha viaxe física acometían unha viaxe no tempo.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

15 de Agosto, 2010 ás 6:20 p.m.

Banderas al viento

7 comentarios

Moi ben, proba superada. Onte houbo enormes demostracións de amor á indisoluble unidade da nación española en Madrid e na Coruña. Alí, xente influída sen dúbida polo pensamento Losantos-Ibarra e enardecida pola presencia da cabra da Lexión, abrasaron a pitos e abucheos a Zapatero. Aquí produciuse un conflicto xeracional entre a terceira idade unionista e a mocidade segregacionista no que a policía tivo que terciar (a favor dos vellos, como era de prever). Parafraseando ó pensador orbital Aznar, onde non había un problema, demos creado un. Noraboa.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

13 de Outubro, 2005 ás 12:51 a.m.

Gardado en Si home si

Tags: ,

Switch to our mobile site