Arquivo do tag ‘Euroregión’
Os outros dereitos humanos
Estes días celebrouse unha destas conmemoracións importantes que tanto alegran ós responsables de magazines e reportaxes pensados con tempo. O 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos das Persoas, dos dereitos humanos, dito sexa co mesmo aforro sintáctico co que os taxistas da Coruña chaman «los derechos de la mujer» ó primeiro Centro de Información e Asesoramento da Muller que se creou na cidade.


