si home si » Fraga

Fraga explicado a los niños
Dentro do apartado peloteo quedoume, entre outros, citar os traballos de @joseprecedo, que non o fixo mal de todo

O perdón do ‘Prestige’
Non sei a experiencia que teñen vostedes en sentencias xudiciais. Espero polo seu ben que pouca. Eu teño algunha, porque por razóns profesionais hai que ler de todo, e para min son unha das probas da existencia dos mundos paralelos, ou como moito tanxentes. Unhas máis ca outras, claro. O que normalmente se entende delas -en ocasións o único que se entende-, é a parte que comeza «Resolvemos» que vén sendo como dicir «Acabáramos». Do asunto do Prestige, do único que zafei foi precisamente da instrución do sumario xudicial, circunstancia que agradezo, así que non lles podo dicir a miña opinión, caso de que lles interesara, sobre a xusteza ou xustiza do auto do xulgado de Corcubión no que exculpa ó daquela director da Mariña Mercante, José Luis López Sors, e polo tanto ó Ministerio de Fomento, e no fondo, ó Estado. Que fixeron ben, vamos, mandando o petroleiro ó quinto pino.

Afortunadamente, un ten amigos. Amigos que ademais son catedráticos de dereito penal e que por riba escriben. O meu paisano Carlos Martínez-Buján vén de poñer en negro sobre branco que leu o auto da xuíza Carmen Veiras «logo de moito esforzo», debido «á moi deficiente sintaxe empregada, infestada de graves solecismos, que me deixou atónito. Semellante circunstancia, unida a un uso caótico dos signos de puntuación e ás erratas e ata de omisións de palabras imprescindibles para a comprensión do texto, fan dificilmente intelixibles algunhas pasaxes da resolución xudicial». Con todo, despois de deixar bonito o aspecto formal do texto (xa se sabe como se poñen os catedráticos universitarios cos textos que lles custa ler) o peor é a crítica ó fondo: en resumo di que non se pode exculpar a López Sors baseándose na declaración dun enxeñeiro naval e desprezando o criterio contrario de tres peritos xudiciais. (Por riba, logo sóubose que o enxeñeiro exculpador fora asesor de Fomento cando o naufraxio, co que a súa imparcialidade queda en entredito, e ata eu supoño que de perito pasa a ser testemuña).

A raíz do auto de Corcubión, o PP pediulle a PSOE e BNG que se desculparan por todas as críticas que fixeran ós gobernos autonómico e central daquela. Metera a xuíza a pata na forma e ata ó fondo ou non a metera, a min paréceme que a crítica ás autoridades non consistiu soamente en se fixeron ben desfacéndose do barco ou terían feito mellor poñéndoo a resgardo. Nin en se tiñan medios para unha catástrofe así, que non tiñan. Nin se estaban preparados, que tampouco. Nin siquera sobre se se deron organizado, que moito menos. Todo iso de xestionar as catástrofes como malamente se pode xa lles pasara a outros antes, e pode que lles pase a outros despois. A crítica é que ós presidentes daquela, Fraga e Aznar, non se lles viu o pelo polos sitios onde tiñan que estar cando había que estar, e cando chegaron, foi para ofender. Que aqueles a quen mandaron a botar un ollo e tentar acougar o mosqueo soamente contribuíron a incrementalo: «Las playas están esplendorosas» (Federico Trillo). «Afortunadamente hemos logrado evitar una marea negra» (aquel comellón criador de touros que foi ministro de Agricultura e Pesca, Luis… non, xa recordo, Miguel Arias Cañete). «El fuel no llegará a las Rías Bajas» (Mariano Rajoy).

E sobre todo, que mentiron de principio a fin. Sobre onde estaba barco. Sobre que facían con el. Sobre se chegaba chapapote ou non e por onde dicían que andaba. Sobre se o que chegaba era pouco ou moito. Sobre que trato lles daban ós voluntarios. Sobre que non había perigo de fugas cando o barco se fundiu. Sobre se logo as había realmente ou non, e de canto. Sobre a cantidade que foi perdendo o petroleiro na súa agonía e sobre a que quedaba dentro. Sobre a cantidade real do diñeiro do suborno á todo un pobo que era no fondo o Plan Galicia. Boto contas así, de memoria e sen mirar na maleta ateigada de libros, informes, documentos, gravacións de audio e vídeo, cds e dvds que teño do asunto.

Ou sexa que antes de esixir que pidan perdón os que daquela gobernaban ós que daquela eran oposición e agora volverán selo, teñan a decencia de admitir os erros que nunca recoñeceron, retiren os insultos que daquela fixeron, e logo xa falaremos.

(La Opinión de A Coruña/Faro de Vigo, sábado, 28 de marzo de 2009)

Trucaxes
Once persoas, de momento, están implicadas en Santiago no caso dos contakilómetros trucados, acusadas ter dado gato por lebre, ou máis exactamente por ter vendido gatos vellos e baqueteados como se fosen lebres de potencia e rodadura do trinque. O único que pasou polo cárcere é o autor da milagre da redución estético-mecánica, o alemán, Johan Grimn mentres que o resto dos investigados xudicialmente son a crema –e polo que din a punta o iceberg- dos concesionarios de coches de Compostela. O sector da segunda man e a política norteamericana teñen dúas cousas en común. Unha a popular frase electoral “compraríalle a este home un coche usado?” e outra que nos dous casos se produce unha suspensión da credibilidade, unha convención asumida entre vendedores/políticos e clientes/electores: vostede dígame o que queira que eu créolle a metade.

De feito, a exactitude dos contakilómetros dos coches de segunda man goza de parecida veracidade que eses argumentos tipo “o coche ten os seus anos, pero era da muller dun médico –dun cura, dunha maestra- que o tiña no garaxe todo o día”. Pra a práctica totalidade da poboación, o que indica o aparato ten tanta garantía como as promesas electorais. Como demostración de que o tópico medra arredor dunha verdade como as perlas dunha area que se meteu na ostra está o feito, segundo se ten publicado, que os detallados –non por nada era alemán- arquivos de Grimn recollían un total de 40.000 amaños. Unha chea deles aínda que el tivera o monopolio do mercado rebarba-kilómetros en Galicia. A pesar de que foi o único que levaron preso, non é delicto poñer no contakilómetros a cantidade que che pete, quitado que sexa pra enganar a outro, por moito que non se me ocurra que haxa outro motivo pra facelo. Esas 40.000 operacións de cirurxía mecánica converten nun conto do irmao Grimn –con toda a presunción de inocencia por diante- a escusa dos procesados de que soamente dedicaban os vehículos alixeirados do seu pasado en coches de cortesía pra o cliente e servizos similares. Ou hai un exceso de cortesía, ou un exceso de presunción de tipos que pagan 60 ou 100 euros pra enganarse a si mesmos e non deprimirse cando miran a tralla que lle teñen dado o seu vehículo.

O mesmo pasa co tunning a que someteron a Sarah Palin, a candidata a vicepresidenta do partido republicano. Como o candidato a presidente democráta, Barak Obama, constitúe un fenómeno renovador, algunha mente preclara rival cavilou que para compensar o clásico modelo McCain de político de toda a vida, nada como unha ama de casa un tanto bruta cunha experiencia escasa en política, pero moita en dicir as verdades/largar o que se lle pase pola cabeza, para atender ó votante auténticamente conservador. O malo é que resultou ser bruta de máis, e tiveron que investir 170.000 dólares en pulila a ela e á súa inacabable e non menos bruta familia. Desde comprarlle modelos e cosméticos a obrigar a casar ó que deixou embarazada á filla (o do matrimonio non custou cartos, non sabemos se esforzo).

Pero por que nos imos escandalizar dese investimento en reformar imaxes, cando aquí fomos pioneiros en trucar o kilometraxe de Fraga naquelas fotos de campaña en que parecía que aínda estaba en rodaxe. O malo é que nos xulgados non se investigaron nunca, nin admitiron a trámite as denuncias cando se presentaron, sobre presuntas estafas electorais.

(Faro de Vigo/ La Opinión, sábado, 25 de outubro de 08)

Os caladiños
Acábase de recordar públicamente, porque hai moito desmemoriado, que xa en 1999 Paco Vázquez se adiantara ó recente descubrimento de que a Cidade da Cultura é un despropósito. Eu fixen algún comentario frívolo sobre o asunto o 27 de novembro de 2000, en canto apareceu Si home si (versión papel), e tamén o 10 de maio, o 4 de setembro e o 1 de novembro de 2001 (logo debínme cansar). Non vexan animus competendi ningún sobre quen ten máis intuición, nin tampouco animus fachendi pola coincidencia de opinión co alcalde. Sinceramente, ningún dos dous temos mérito ningún. Que as semicatacumbas de Peter Eisenman ían ser un burato negro de cartos e un monte de problemas xa o sabía ata ó que se lle meteu na cabeza facela.

Hai quen se equivoca, e cando se dá conta, rectifica (eses son personaxes de ficción). Hai outros que, no mesmo caso, procuran disimular (eses somos a maioría da xente) ou botarlle a culpa a outro (eses somos a maioría dos homes). E hai quen sabe que se equivoca pero tanto lle ten porque nunca choveu que non escampara (eses son algúns políticos). Cando hai catro anos me refería ó Machu Pichu de Compostela como “un deses despliegues faraónicos que obedecen ó principio de ti crea primeiro o órgano e malo será que logo non haxa función”, aseguraba sen arriscar case nada que o importante era erguer unha pirámide vistosa, e logo xa se vería se dentro se mete un morto ou unha chea de vivos.

Pero co que non contaba era con que se triplicase (de momento e xa veremos) o presuposto, porque na miña inxenuidade consideraba que estas cousas nunca saen por máis do doble do que se di ó principio. Chegados a este punto, non teño outra que recoñecer o mérito de Javier López Chaves, portavoz de Cultura do PP, un heroe que sostivo en público dúas afirmacións que a un home de menos temple o precipitarían chorando no colo da súa nai: A.- O gasto da CdC non se disparou. B.- A CdC tiña e ten un sólido proxecto de contidos (“teñe”, dixo na versión orixinal, o que me suxire un contido concreto: destinar o sitio máis agachado das catacumbas de Gaiás para seminario diocesano de inmersión lingüística, onde os novicios vivan enclaustrados e rodeados de paisanos chulamente monolingües e animadores socioculturales d’A Mesa).

Claro que a Terra Mítica santiaguesa non é o único descubrimento científico que asombra a este país. O Consello Económico e Social, organismo non por pouco coñecido menos importante, acaba de concluír que, contra o vento e a marea oficial (“Galicia-vai-como-unha-moto”), non converxemos ni con España nin con Europa. Non é que sigamos viaxando no furgón de cola, é que imos cara atrás como escapando do revisor porque non temos billete. Manuel Fraga despexou onte esa pelota asegurando que “hai outros informes máis serios”, pero este debe selo bastante porque lles levou 16 anos facelo. Como dixo o líder da oposición na mesma sesión parlamentaria, “este é o famoso cambio”. Efectivamente, agora non soamente se pode criticar ó goberno. Incluso se pode pregoar o obvio.

(para xoves, 27 de outubro de 05)