si home si » Gürtel

Eu escuso
Eu, como os de Valença, en ocasións tamén quero ser español.

Incongruencias
“A ver se escribes algo do da miña aseguradora”. É conmovedora a fe que a xente ten nos medios de comunicación e/ou nos xornalistas como armas de denuncia de inxustizas, como se o feito de que non estean publicadas quitase que estean á vista de todos. E como se o feito de que se publiquen impedira que se seguiran cometendo. Pero, en fin, peor é calar, así que aló vamos: ese amigo que me require fíxose socio dun seguro médico hai tempo, e agora decidiu quitarse. Ben, agora non, a comezos de ano, así que chamou e dixéronlle que non se podía quitar ata outubro. Rosmou, pero aceptou. Agora dinlle que moi ben, que poña un fax, pero que terá que seguir pagando ata finais de ano. Danme ganas de pillar algo gordo para amolalos, dime. Supoño que esas condicións virían no contrato, díxenlle. Eu tamén o supoño, pero iso non quita que sexan manifestamente inxustas, contestoume. Tés razón, pero se che contara a de incongruencias que hai, respondinlle. Pois conta, retrucoume.

Así, sen pensalo, a máis rechamante é a reclamación, por parte da Xunta, dunha chea de competencias ao Goberno central, desde o control da costa ata a AP9. Ben certo que é unha reclamación coa boca pequena, por carta publicitada, en plan a culpa non é de quen pide, senón de quen dá, ou nega. Sen embargo, queda un pouco estraño que quen promove o adelgazamento da Administración autonómica, anula perigosos experimentos separatistas como a selección de fútbol que ata Murcia ten, e en xeral rosma ante calquera asomo identitario, se poña a pedir competencias. Non o fan porque a lóxica política determine que a costa galega e a autoestrada que atravesa Galicia se xestionan desde aquí, nin moito menos porque a esencia do poder é a insaciabilidade. Non. Fano pola súa fonda querenza autonomista, e porque se as cousas son boas ou malas, totalitarias e excluíntes ou democráticas e incluíntes dependendo de que as pide.

Tamén son incongruentes as técnicas zafatorias dos políticos cando se lles pregunta por asuntos que preferirían ignorar. Un exemplo é o do portavoz de Economía do PP e ex ministro, Cristóbal Montoro, que interrogado sobre o caso Gürtel, asegurou que “en un momento en que España está viviendo la crisis mayor de su  historia, en vez de estar dedicados todo el país a lo que hay que estar dedicados hay quien está dedicado a otra cosa”, co que non sei se suxire que os xuíces e a policía deberíanse dedicar a investigar e deter á crise, ou é un recado aos medios de comunicación. Consultado sobre o mesmo escorregadizo asunto, Núñez Feijóo asegurou que o que lle preocupa é o prezo do leite, e non a presunta corrupción, cando un home preparado coma el pode preocuparse por dúas cousas á vez, e quizais máis, sen ter que escoller unha soa.

Pero tamén se dan incoherencias no ámbito privado, non pensen. Por exemplo, o presidente da patronal, Antonio Fontenla, criticou hai pouco o concurso eólico, paralizado cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, cualificándoo de “especie de novela por entregas, en la que al final se descubre que tenía algo de ilegal”. O dirixente patronal debería recordar que no mesmo Tribunal –aínda que sen tanta presa- están imputados por un delito de tráfico de influencias un socio seu, Luis Castro Valdivia, porque un seu cuñado e ex director xeral de Industria da Xunta de Fraga, Ramón Ordás Badía, lles concedía a dedo parques eólicos e minicentrais a empresas nas que tamén estaba Francisco Vázquez, segundo destapara este mesmo periódico.

Que o mundo estea cheo de incongruencias seguro que non lle serve de consolo ao meu amigo, pero polo menos contei o seu caso.

(La Opinión de A Coruña/Faro de Vigo, sábado, 10 de outubro de 09)

O esperpento de Garzón
Prefiro dicilo de entrada, para que saiban a que aterse: non teño unha especial predilección polo xuíz Garzón. Tampouco é que o teña enfilado, claro. Pásame con el o mesmo que me pasou con Victoria Abril: que nin tan boa me pintaba cando dicían que tan boa era, nin tan necia me pareceu cando se evidenciou que un pouco rallante si que era. Pero a que lle teñen preparada (a Garzón, non a Victoria Abril), ou na que o meteron, é como para pedir calquera outro pasaporte da UE (quitado o italiano, evidentemente), á espera de que, despois de que España entrara nas institucións europeas, Europa entre por fin nas institucións españolas.

Como o home sempre anda nos titulares, e ao mellor non están ao tanto polo que está agora de actualidade, explícolles por riba o asunto. A súa instrución sobre os crimes do franquismo foi denunciada por uns herdeiros ideolóxicos dos encausados. O Consejo General del Poder Judicial, que é quen entende en primeira instancia das posibles irregularidades procesais, non atopou ningunha, e tampouco a fiscalía. Pero os querelantes, uns coñecidos e promocionados demandantes das silveiras, seguiron teimando ata que atoparon un xuíz disposto a seguirlles a corrente, sorprendentemente. Sorprendentemente non porque non haxa xuíces que parecen recén desembarcados de Marte, senón porque o atopado é o pontevedrés Luciano Varela, a quen tiña por un señor asisado. O caso é que o que temos é a un xuíz da Audiencia Nacional que está imputado penalmente por prevaricación, a resultas de instruír un sumario con máis ou menos corrección. Para que comparen, este mesmo mes, unha xuíza de Motril que mantivo máis de 400 días en prisión a un home ao que absolvera foi inhabilitada por un ano, e o xuíz responsable de que estivese solto e sen cumprir condena o asasino de Mary Luz Cortés, multado con mil euros.  Ou sexa que esa teoría de que Garzón se senta no banquillo porque todos somos iguais diante da lei é tan falsa, ou máis, do que parece. Unha persecución así non se lle fai a calquera.

O que se evidencia é a infamia de boa parte da sociedade, que considera revanchismo que as familias dos asasinados queiran descubrir e honrar os seus restos, e o esperpento da utilización das máis altas institucións da Xustiza para resolver agravios persoais. Como se dous xenerais enemistados resolveran as súas diferenzas facendo combater os seus batallóns. Sei que en ambientes xudiciais Garzón ten fama de instruír azarapalladamente e non son quen para discutirlo, pero os resultados están aí. Posiblemente outro tería dado golpes máis certeiros ao narcotráfico, e desvelaría mellor o terrorismo de Estado dos GAL, ou tería conseguido que Pinochet ingresara en prisión e non quedara na casa, ou imputaría a máis torturadores militares arxentinos, ou faría unha demolición máis garantista do entorno etarra, ou ataría mellor a investigación da corrupción do caso “Gürtel”. Pero foi el só quen fixo todo iso, e non precisamente porque houbera carreiras entre maxistrados a ver quen o facía máis rápido e mellor.

Así que, independentemente de cómo nos caia a persoa, non hai máis que facerlle a ola ao seu traballo. E recoñecer tamén que o seu labor non consistiu en facer amigos ou xustiza de parte, e quizais por iso agora lle pasa o que lle pasa, porque, como dicía Lord Byron, un home que morreu loitando por unha causa que non era a súa, “a consecuencia de non pertencer a ningún partido será que os molestarei a todos”.

(La Opinión de A Coruña/Faro de Vigo, sábado 26 de setembro de 09)

Cariño e Cultura
«A. – Oye… que te sigo queriendo mucho.

B.- Y yo también… tenía que haberte llamado, te quería haber llamado, para contarte todo, cómo fue…

- Vale, me alegro, pero me han ido informando puntualmente de todo.

- Ya, ya lo sé, pero sobre todo para decirte que te quiero un huevo.

- Bueno, qué… contarás durante muchos años con mi lealtad, ¿vale?

- Perdona, ¿durante muchos años? No, hijo de puta, durante toda tu vida. Ja, ja…»

Hai mañás que a prensa nos alegra o día. Hoxe (o meu hoxe, non o sábado de vostedes) foi un deles. Este diálogo, este tsunami de amor entre dúas persoas, non está sacado de Sin tetas no hay paraíso. A é Álvaro Pérez, un dos imputados no caso Gürtel, agora en prisión, e B Francisco Camps, presidente da Generalitat de Valencia, tamén imputado, pero menos. Lida a conversa, eu non sei se na trama investigada polo xuíz Garzón hai corrupción e tráfico de influencias entre empresas organizadoras de eventos para o PP e cargos do partido, pero desde logo, cariño hai, que é o importante, tanto ten se veu do trato, dos contratos, ou foi frechazo.

Tampouco sei se cariño, pero desde logo unha hemorraxia de complicidade entre cosmopolitas que se recoñecen como tais era o que destilaba a entrevista ó novo conselleiro de Cultura, Roberto Varela, neste periódico. Soamente así, desde a obnubilación pasaxeira que se produce nestes casos, se entende que un home feito e dereito, formado e viaxado, espete iso de: «La cultura gallega está muy bien, pero limita, prefiero la cultura hecha en Galicia». Home, por un lado, ninguén dubida da experiencia e da capacidade do diplomático Varela para dirixir o Instituto Cervantes, o Ministerio de Cultura ou a Unesco, pero para o que o designaron é precisamente para xestionar esa cultura, limitada ou non. E por outro, xa nos desvelará a diferenza entre «cultura de Galicia» e «cultura galega» (RAE: «gallego-a: Natural de Galicia. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España»). Unicamente que o matiz signifique expulsar da nosa cultura a obra pictórica de Antón Patiño ou a escultórica de Francisco Leiro, galegas por orixe e raíz, polo feito que se producen en Madrid e New York, respectivamente.

No único caso en que galego e feito en Galicia non coinciden é no caso da literatura. Os sistemas literarios están configurados polo idioma, e non pola xeografía. A obra de Camilo José Cela non se pode inscribir na literatura galega porque (ademais da que montarían en Madrid polo atrevemento das provincias) figura en letras grandes na castelán. Pola mesma razón o checo Kafka é un autor da literatura alemá, e Conrad e Nabokov da inglesa, aínda que naceran en Polonia e Rusia. A obra de Arcadio López Casanova está na literatura galega/de Galicia aínda que viva en Valencia e tamén fan parte dela Úrsula Heinze ou Frank Meyer, a pesares da orixe xermana que evidencias os seus nomes. Se é por cartos, non haxa pena, que os contribuíntes de aquí achegamos dez ou cincuenta veces máis fondos para a promoción do idioma español que do galego.

O responsable da cultura afirma estar empeñado na promoción exterior da cultura galega, e fai ben. Sobre todo porque os que chegaron ó cargo desde o mesmo partido que el entendían por proxección darlle 300 millóns de pesetas a Julio Iglesias polo cargo sen cargas de «embaixador» de Galicia. Como Roberto Varela tiña un bo cartel antes de que falara, direille que, por moito que lle conten, foi a súa antecesora, a pouco cosmopolita Ánxela Bugallo, a que mudou a tradicional política de organización de verbenas nas prazas maiores pola tal proxección internacional. Crucificárona precisamente por cousas como ser Galicia o país invitado na Feira do Libro da Habana, non se sabe se porque se celebra en Cuba (por certo, lugar relevante de peregrinación institucional do ante-anterior presidente da Xunta, Manuel Fraga) ou polo gasto (arredor de dúas veces o que meteu Esperanza Aguirre só no bufet de presentación do Teatro del Canal de Madrid). Pode que o nacionalismo se quite viaxando, pero os prexuízos deben ser máis resistentes.

(sábado, 25 de abril de 09)