si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo do tag ‘literatura galega’

Queda inaugurada a web de Lois Pereiro

3 comentarios

(by appointment Alfredo&Tati)

Escrito por sihomesi

14 de Xullo, 2010 ás 12:07 p.m.

Novoneyra

10 comentarios

Hai días, remexendo papeis na casa familiar procurando outra cousa, atopei un cuestionario que lle mandara de rapaz, xa non lembro para que, ou mellor dito para ónde, a Uxío Novoneyra, co que daquela tiña amizade bastante para que me perdoara cousas como os erros de imprenta que se me escaparon cando deseñei os Poemas caligráficos que publicou na colección Cadernos da Gadaña de Brais Pinto. Atopei o cuestionario, que tiña tan esquecido como a súa finalidade, e as respostas, escritas coa aquela letra súa, grandeira coma el. Non atopei, e delas si teño memoria, as fotos que nos fixera Xurxo Lobato nunha noite de frío e viño en Lugo. O do achado de papeis parece un recurso estilístico para abarloarme ao Día das Letras, pero non o é.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

15 de Maio, 2010 ás 8:08 p.m.

Pregarias atendidas

3 comentarios

Quéixase Jaureguizar de que “ningún medio de Madrid ou Barcelona publica nada sobre un autor galego e ningunha institución chama a un autor galego para un acto de quitado os dous de sempre”. Un día despois, BABELIA publica un dispendio dedicado ó tema no que inclúe -ademais a de Jaure como esencial- a entrevista menos traballosa e máis satisfactoria da miña vida profesional recente, ou unha delas. Para que logo algúns digan que as eleccións non valen para nada

Escrito por sihomesi

11 de Xuño, 2005 ás 2:51 p.m.

Switch to our mobile site