si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo do tag ‘Magalena Álvarez’

Cuatro

9 comentarios

Momentos históricos nos medios de comunicación cada vez hai menos. E o que é peor, os que pensabamos que o eran desvanecéronse no tempo como gotas de chuvia, igual que os recordos do replicante de Blade Runner. Teño presente a aparición de El País (aínda que soamente fose porque o mundo da prensa daquela era aterrador) e a deste xornal (aínda que fose polo medo de ter que facer columnas cada dous días). Non lembro demasiado a irrupción das televisións privadas, e eso que supuñan un auténtico terremoto no panorama catódico (aínda que non imaxinaba o cataclismo que chegarían a ser). Moito me temo que a estrea de Cuatro non vai mudar demasiado o meu esquema de recordos. Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

8 de Novembro, 2005 ás 11:22 p.m.

Switch to our mobile site