Etiquetas
Homilía sobre o reparto eólico, os medios e as desculpas.
07 Xoves Abr 2011
Publicado en El País
Etiquetas
Homilía sobre o reparto eólico, os medios e as desculpas.
05 Domingo Set 2010
Publicado en Matrix Press, Si home si
Etiquetas
Supoño que moitos de vostedes se preguntaron que farían no caso de ser un deses 33 homes enterrados e encerrados nunha mina chilena. Como afrontarían a cousa a perspectiva de pasar uns tres meses nesa situación, e se a darían aguantado. Iso foi o segundo que me veu á cabeza cando souben do drama. O primeiro, quedar arrepiado polo destino deses homes. O terceiro foi acordarme dunha obviedade. Da película El Gran Carnaval (Ace in the Hole, 1951) de Billy Wilder, porque nela tamén hai mineiros atrapados e atención informativa. Na película é un só mineiro, e un só xornalista (Kirk Douglas) que convence ás autoridades de acometer o rescate non polo sistema máis rápido, que levaría apenas unhas horas, senón por outro, moito máis lento. Así, habería tempo para converter o que sería como moito un accidente laboral dunhas liñas, nun operativo de alcance nacional. E así é, desafortunadamente para o mineiro.
24 Xoves Xun 2010
Publicado en Si home si
Etiquetas
Imaxe de Galicia, Julia Otero, medios de comunicación, Onda Cero
Julia Otero, a quen podería chamar esa dama da radio se non fose por ese sorriso de rapaza encantada co que fai que ten e que tamén se lle aplicou a algunha que, máis que dama da radio era estrita gobernanta da micrófono, convidoume ao seu programa cando o fixo desde Santiago aproveitando que Onda Cero cumpre 20 anos (circunstancias que non sei se teñen relación). A cousa era falar da imaxe de Galicia nos medios de comunicación, enténdese que nos de fóra (nos de dentro, hai unha enquisa moi interesante do Colexio Profesional de Xornalistas sobre como os periodistas pensan que os seus medios reflicten a realidade galega). Algo que a ela lle preocupa, como galega que leva residindo toda a vida fóra e como comunicadora que sabe da importancia dos medios á hora de conformar a opinión da xente. Tamén é algo que preocupa aos galegos que levan dentro toda ou a maioría da vida, como se ve porque hai moitas cartas ao director que inclúen como argumento definitivo o parecer duns amigos de fóra. Se lles importa o meu, a min tanto me ten o que pensen por aí. Depender da aprobación allea é un síntoma de inseguridade tanto nas persoas como nas sociedades. Pero aló fun, a opinar, porque a indiferenza non deixa de ser unha opción.
04 Xoves Xun 2009
Publicado en Matrix Press
Etiquetas
A caixa negra, crisis, El País, internet, medios de comunicación, Murdoch, NYT, prensa, TVG
Reflexión gremial. E outra sobre A caixa negra, que me pediron e non se publicou:
En primeiro lugar, non estamos a falar do lóxico dereito de calquera responsable dun medio de elixir que tipo de programación quere, senón de emitir un programa ou non segundo os temas que trate, e sen velo. En segundo, habería que despexar a certa confusión que hai sobre as razóns aducidas para a non emisión do programa, ou do adiamento da súa emisión. Se foi unha consideración sobre a delicada situación do sector gandeiro, a tal situación non parece que vaia cambiar en quince días ou un mes, e a crise do sector non ten nada que ver coa xa pasada das vacas tolas. E en segundo, se se toma esa decisión sobre un feito histórico, aínda que sexa da historia recente, que equilibrios non vai haber cando se trate dunha reportaxe sobre asuntos de actualidade? Se se fixo pola petición dun sindicato, é de agradecer a toma en consideración das opinións da sociedade civil, pero a maneira de facelo é incluir esas opinións, non retirar a reportaxe. A maiores, a decisión non é moi hábil desde o punto de vista profesional, porque pon no punto de mira un programa que ata o de agora non tiña connotacións políticas, como non as tivo a anterior reportaxe sobre o Cason, no que a Administración daquela -socialista- quedaba bastante malparada.