Arquivo do tag ‘Montoro’
Incongruencias
“A ver se escribes algo do da miña aseguradora”. É conmovedora a fe que a xente ten nos medios de comunicación e/ou nos xornalistas como armas de denuncia de inxustizas, como se o feito de que non estean publicadas quitase que estean á vista de todos. E como se o feito de que se publiquen impedira que se seguiran cometendo. Pero, en fin, peor é calar, así que aló vamos: ese amigo que me require fíxose socio dun seguro médico hai tempo, e agora decidiu quitarse. Ben, agora non, a comezos de ano, así que chamou e dixéronlle que non se podía quitar ata outubro. Rosmou, pero aceptou. Agora dinlle que moi ben, que poña un fax, pero que terá que seguir pagando ata finais de ano. Danme ganas de pillar algo gordo para amolalos, dime. Supoño que esas condicións virían no contrato, díxenlle. Eu tamén o supoño, pero iso non quita que sexan manifestamente inxustas, contestoume. Tés razón, pero se che contara a de incongruencias que hai, respondinlle. Pois conta, retrucoume.


