si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo do tag ‘Murdoch’

O futuro da información

8 comentarios

Reflexión gremial. E outra sobre A caixa negra, que me pediron e non se publicou:

En primeiro lugar, non estamos a falar do lóxico dereito de calquera responsable dun medio de elixir que tipo de programación quere, senón de emitir un programa ou non segundo os temas que trate, e sen velo. En segundo, habería que despexar a certa confusión que hai sobre as razóns aducidas para a non emisión do programa, ou do adiamento da súa emisión. Se foi unha consideración sobre a delicada situación do sector gandeiro, a tal situación non parece que vaia cambiar en quince días ou un mes, e a crise do sector non ten nada que ver coa xa pasada das vacas tolas. E en segundo, se se toma esa decisión sobre un feito histórico, aínda que sexa da historia recente, que equilibrios non vai haber cando se trate dunha reportaxe sobre asuntos de actualidade? Se se fixo pola petición dun sindicato, é de agradecer a toma en consideración das opinións da sociedade civil, pero a maneira de facelo é incluir esas opinións, non retirar a reportaxe. A maiores, a decisión non é moi hábil desde o punto de vista profesional, porque pon no punto de mira un programa que ata o de agora non tiña connotacións políticas, como non as tivo a anterior reportaxe sobre o Cason, no que a Administración  daquela -socialista- quedaba bastante malparada.

Escrito por sihomesi

4 de Xuño, 2009 ás 8:19 a.m.

Queridos colegas

un comentario

O sábado tiven que endilgarlle unhas palabras ós que desde agora van ser colegas de profesión, aqueles que estes días se licenciarán na Facultade de Xornalismo de Compostela. Lamentable, pero sinceiramente, non tiven outra que expresarlles de entrada o meu máis sentido pésame pola elección que fixeron, aínda que sexa algo tarde (catro anos de carreira tarde). E de saída, deilles os meus parabéns porque non hai nada mellor que traballar no que a cada quen lle gusta, quitado o de non traballar en absoluto, a quen lle guste e o poida.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

11 de Maio, 2009 ás 10:38 a.m.

Switch to our mobile site