Arquivo do tag ‘Ourense’
Quererse estatisticamente
«A estatística es una ciencia que demostra que se o meu veciño ten dous coches e eu ningún, os dous temos un», escribiu George Bernard Shaw a comezos do século pasado, cando xa había estatísticas e sondaxes, pero aínda non se facían sobre calquera cousa, desde as preferencias das mulleres polos debuxos na roupa íntima ata con quen lle apetece á xente tomar unha caña, por poñer dous exemplos reais. Segundo unha enquisa recentemente difundida, A Coruña ocupa o terceiro lugar na clasificación de 78 cidades españolas tendo en conta a opinión dos propios habitantes. 65 de cada escollerían a cidade para vivir se non viviran nela, mentres na media española non se mudarían a outro lado un de cada dous cidadáns.


