si home si » Parlamento de Galicia

Un pouco de educación
A educación, refírome ao ensino, non ás boas maneiras, estase convertendo en carne de reality show, con perdón. Nas últimas horas temos presenciado un tremebundo boureo no Parlamento galego por causa de a que colexios mandan as súas señorías os nenos (os seus de cada un), e por outro lado, hai un clamor indignado porque a OCDE, que é o club dos países aceptablemente desenvolvidos, ten a España clasificada nos últimos lugares pola formación que teñen os seus cidadáns. E contra o que poden estar pensando os mal pensados, o primeiro non deriva do segundo.

O primeiro, é dicir o pifostio no Parlamento do Hórreo (que, como saberán, chámase así pola rúa compostelá onde está situado, non porque sexa un símbolo enxebre) debeuse a que o conselleiro Vázquez (nesta lexislatura hai tanta sobredose de Vázquez que habería que numeralos), o de Educación, levou mal as críticas da oposición. Desde as que lle reprochaban que quitase o préstamo universal dos libros e o substituíse pola gratuidade aos menos, pero máis desfavorecidos, ata que subvencionase os colexios que separan aos nenos das nenas (que os separan en todo momento, en aulas distintas, non cando se aproximan entre si). Foi entón cando Jesús Vázquez (o conselleiro, non o presentador) acenou cuns papeis nos que, segundo el, figuraba a lista dos dirixentes da oposición que teñen os fillos neses colexios separatistas. A cousa acabou nese clásico “agárrame, que lles dou”, co deputado popular Negreira no papel do amigo que agarra. Sen ánimo de encirrar, en primeiro lugar, que fai un Vázquez coa lista dos colexios dos fillos dos seus compañeiros de cámara? En segundo, tentando poñer algo de sentido nesto, os promotores das segregación por xénero argumentan que nenos e nenas teñen procesos de maduración distintos, e polo tanto esixen educacións individualizadas. Procesos de maduración hai tantos como persoas, e sempre é máis doado formar a grupos homoxéneos: por nivel de intelixencia, por extracción social, sen inmigrantes polo medio aos que haxa que explicar de todo… pero na vida real non hai esa homoxeneidade, e a educación pública ten que garantir o acceso universal, non os caprichos, e máis se hai que mirar polos cartos. Se os pais queren que os seus fillos non anden mesturados, que os apunten a eses centros concertados que polo menos tentan homoxeneizar manobrando coas admisións.

O outro asunto, o habitual informe da OCDE que nos pon a caer dun burro, nunca mellor dito, tamén hai que quitarlle ferro. O que di o estudio é que por primeira vez, o número de xente con estudios superiores e medios supera aos que soamente teñen os primarios obrigatorios (51% a 49%), cousa que está ben. O que está mal é que a porcentaxe de xente con estudios superiores é lixeiramente maior da media da OCDE e da Unión Europea, pero a dos que teñen estudios medios (bacharelato ou FP) son a metade da media civilizada (unicamente se dá mais abandono dos estudios en México e Portugal), e os que soamente teñen os primarios son un 18% máis ca media. Sempre que sae este informe hai quen lle bota a culpa ás reformas educativas, e en concreto ás impulsadas polos socialistas. Teñen razón: se non houbera reformas como o ensino universal, obrigatorio e gratuíto, e unicamente estudaran os que queren e os poden (aquí podemos aplicar a teoría dos grupos homoxéneos de antes) e non todos, queiran ou non, habería moito menos fracaso escolar. Pero tamén hai outras causas que recolle ese mesmo informe pero que non levantan tanta indignación: España tamén é o antepenúltimo estado en gastos de educación. Destinou o 4,3% do PIB, mentres a media é do 5,2%, con cifras de 2006.

Non todo se amaña con cartos, pero investir máis na educación pública seguro que axudaría máis que medidas como a proposta polo Defensor del Pueblo, Enrique Múgica, nun dos seus esporádicos despertares, e que subscribe con entusiasmo o PP: que se acabe o tuteo nas clases. Non digo que non puidera ser efectivo, pero no Hórreo trátanse de vostede e miren o que pasa.

(La Opinión de A Coruña/Faro de Vigo, sábado 12 de setembro de 09)

Reunión de pastores no Parlamento
Na política sempre son máis agradecidos mediáticamente os desacordos que os acordos (os trasacordos nunca aparecen, porque non hai tempo de consultar se o que agora di Digo antes dixo Diego). Por iso os acordos que o Parlamento galego adoptou por unanimidade esta semana non tiveron a relevancia debida, pese á súa evidente importancia. Por exemplo, o de que Galicia avance na creación dunha Axencia Tributaria Galega, a reclamación da transferencia das autoestradas e elección do consello da CRTVG.

O da Axencia Tributaria é importante, supoño. Non porque implique que nos vaian baixar os impostos, senón pola propia coordinación do sistema fiscal. Xa que pagamos, que menos que a recadación sexa eficaz (que logo se administre ben ese diñeiro xa sería o demo). Así que hai que celebrar que agora o PP estea de acordo, logo de que dixeran que unha Axencia Tributaria en Cataluña era un sindiós que esfarelaba a caixa única da Facenda e rompía España, entre outras pragas bíblicas que asomaban polo horizonte.

O da transferencia das autoestradas, sobre todo a do Atlántico, que é a que dá cartos, tampouco é cousa miúda, aínda que o que se reclame é a titularidade, xa que Aznar se encargou de prorrogar a concesión ata unha data que non veremos nin eu nin a maioría dos presentes. Está ben que se reclamen estas cousas, aínda que como lle pasaba ós viños galegos antes da renovación enolóxica, as resolucións do Parlamento galego e o criterio dos partidos que as deciden viaxan mal, e cando chegan a Madrid non valen para case nada. Pasou co dos 60 millóns para a Lei da Dependencia que negociara Quintana, as transferencias de Tráfico e outras cousas que non paga a pena recordar para non amargarse.

Sen embargo, houbo unha decisión unánime que si tivo froitos concretos e inmediatos. A designación dos membros do Consello de Administración da CRTVG (hoxe, na web seguían os de antes). O CACRTVG é o órgano composto por doce persoas de acreditada profesionalidade que controla o funcionamento dos medios públicos. Iso na lei e na teoría, porque na práctica a súa misión é reproducir na RTVG os acordos, desacordos e trasacordos dos partidos políticos, e para iso está integrado por persoas, de profesionalidade contrastada ou por contrastar, que lle teñen que estar moi agradecidas a quen os puxo.

No que respecta á profesionalidade, no recén designado CACRTVG figuran periodistas, pero tamén un alcalde, un ex xefe provincial dun partido, dous dirixentes políticos doutro e un sindicalista afín ó terceiro. Non prexulgo nada. No pasado houbo integrantes alleos ó medio que fixeron un excelente traballo (como o falecido Lois Obelleiro) e profesionais que non a rascaron. O que pasa é que tanto ten que vaian profesionalizados da casa, se profesionalicen alí, ou nin unha cousa nin outra, porque o mesmo dá.

No que respecta ó control, o CACRTVG non ten nin as funcións nin –sobre todo- as responsabilidades que ten calquera consello de administración, quitado a de poñerse o salario que consideren, que é a parte pola que os elixidos teñen que estar agradecidos. Eu nunca entendín –e sempre envexei- como hai institucións, como os concellos, que se poden atribuír os soldos que estimen oportunos, co que hai alcaldes que cobran moito máis que o presidente do Goberno (o de Mijas, que non chega ós 60.000 habitantes, era de 126.000 euros ó ano, ata que o fixo dimitir o PSOE. O PP obrigou a alcaldesa de Sanxenxo a baixar o seu de 78.000 a 64.000). Cando os tempos remotos de Fraga, en 2005, houbo conselleiros (do CACRTVG) que ingresaron 143.000 euros, porque a maiores do salario, eles deciden cando hai consellos e comisións (que se pagan a maiores), ou a que actos sociais asistir (desde partidos de fútbol ata presentacións de libros), polos que cobraban dietas e kilometraxe. Todo iso nunha empresa que ten xente que leva case 20 anos sen contrato fixo, ou subcontratados.

Así que os consensos poden ser excelentes ou ter as mesmas consecuencias que unha reunión de pastores: unha ovella morta.

(Faro de Vigo/La Opinión de A Coruña, 13 de xuño de 2009)