si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo do tag ‘prensa’

Especialistas

sen comentarios

O outro día pasei a maior e máis útil parte da xornada participando nun debate sobre que está a pasar co xornalismo (o resto da xornada, facendo esta columna). A maiores das habituais radiografías de cómo se achega a apocalipse, e das opinións sobre como evitala que se nos solicitan amablemente aos que non fomos capaces de facer un can que non viñera reflectido nunha nómina, chegouse máis ou menos á conclusión de que a salvación, de habela, está no xornalismo de calidade. Eu tamén participo dela, aínda que mencionei que escollemos un mal momento para apostar pola calidade, porque cada vez nas redaccións hai menos xornalistas, e peor pagados. En canto me subo a unha mesa –séntome nela, quero dicir- transfórmome nun ser aparentemente sensato, así que tamén concordei en que os periodistas profesionais somos os garantes desa credibilidade. O malo é que cheguei á casa, metinme en Internet –aí debeu estar o fallo- e dei cunha chea de contraexemplos.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

22 de Decembro, 2010 ás 4:57 p.m.

O futuro da información

8 comentarios

Reflexión gremial. E outra sobre A caixa negra, que me pediron e non se publicou:

En primeiro lugar, non estamos a falar do lóxico dereito de calquera responsable dun medio de elixir que tipo de programación quere, senón de emitir un programa ou non segundo os temas que trate, e sen velo. En segundo, habería que despexar a certa confusión que hai sobre as razóns aducidas para a non emisión do programa, ou do adiamento da súa emisión. Se foi unha consideración sobre a delicada situación do sector gandeiro, a tal situación non parece que vaia cambiar en quince días ou un mes, e a crise do sector non ten nada que ver coa xa pasada das vacas tolas. E en segundo, se se toma esa decisión sobre un feito histórico, aínda que sexa da historia recente, que equilibrios non vai haber cando se trate dunha reportaxe sobre asuntos de actualidade? Se se fixo pola petición dun sindicato, é de agradecer a toma en consideración das opinións da sociedade civil, pero a maneira de facelo é incluir esas opinións, non retirar a reportaxe. A maiores, a decisión non é moi hábil desde o punto de vista profesional, porque pon no punto de mira un programa que ata o de agora non tiña connotacións políticas, como non as tivo a anterior reportaxe sobre o Cason, no que a Administración  daquela -socialista- quedaba bastante malparada.

Escrito por sihomesi

4 de Xuño, 2009 ás 8:19 a.m.

Inchando cadelos (nunca deixes que a realidade che destrague unha reportaxe)

4 comentarios

Hoxe vivín unha experiencia especialmente esferolítica, dentro do esperpento que está infectando esta profesión. Tiven que cubrir en Lugo o que en teoría era un veciño atrincheirado no seu piso, que ameazaba voar coas bombonas de gas se o desaloxaban, o que provocou que os veciños foron durmir fóra do edificio. O tipo, segundo o publicado -recollido de referencias veciñais, sen contrastar con el- era un individuo de conducta excéntrica -dáballe de comer ás pombas desde a casa, facía pola ventá laces coa cana de pescar e en ocasións andaba espido, supoño que pola casa-. Non era un caso de -especial- inxustiza social: non era o desafiuzamento dunha familia á que lle embargan a vivenda, como debe suceder ançónimamente a diario, e máis que vai pasar, senón que ía ser desaloxado a instancias dunha irmá, propietaria do piso.

Eu agardaba un cordón policial, un negociador con megáfono tentando convencer a un tipo fóra de si berrando pola ventá. A única atracción foi a que fomos convocando os medios cos nosos ires e vires. Ás 12 era a hora H do día D. Unha veciña que estaba de parte del -»habían desaloxar a autros, como a miña veciña de abaixo, que me deixa a roupa negra coa saída do gas»- díxonos que o candidato a quedar sen piso -nun edificio máis que potable- saíra media hora antes, posiblemente a vender castañas. Apareceu o cerralleiro -»o meu é descerrajar, e logo cambiar as pechaduras… Ah?, que non está?, pois mellor»- subiu acompañado da policía local e o actuario xudicial ou como se chame, e santas pascuas. Non me puiden quedar a agardar se volvía o desaloxado e ver como reaccionaba. Logo entereime -enterámonos- que todo xurdira dun ruxe-ruxe veciñal sobre as posibles ameazas do home, que medrou ata que tres familias colleran medo e foran durmir a casas de quen puideron, e chegou a oídos dalgún sagaz gacetillero.

A próxima vez que a min se me escape algo tipo «como me volva tocar as bólas X (por exemplo un xefe) voulle poñer unha bomba lapa no coche», espero que non haxa sagaces nos arredores que acaben provocando o desaloxo do aparcamento da empresa e a intervención dos TEDAX.

  • [Aquí a versión publicada en La Opinión 18/10/08]
  • Aquí a versión publicada en Faro de Vigo 20/10/08]

Escrito por sihomesi

15 de Outubro, 2008 ás 9:03 p.m.

Switch to our mobile site