si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo do tag ‘Prestige’

O perdón do ‘Prestige’

6 comentarios

Non sei a experiencia que teñen vostedes en sentencias xudiciais. Espero polo seu ben que pouca. Eu teño algunha, porque por razóns profesionais hai que ler de todo, e para min son unha das probas da existencia dos mundos paralelos, ou como moito tanxentes. Unhas máis ca outras, claro. O que normalmente se entende delas -en ocasións o único que se entende-, é a parte que comeza «Resolvemos» que vén sendo como dicir «Acabáramos». Do asunto do Prestige, do único que zafei foi precisamente da instrución do sumario xudicial, circunstancia que agradezo, así que non lles podo dicir a miña opinión, caso de que lles interesara, sobre a xusteza ou xustiza do auto do xulgado de Corcubión no que exculpa ó daquela director da Mariña Mercante, José Luis López Sors, e polo tanto ó Ministerio de Fomento, e no fondo, ó Estado. Que fixeron ben, vamos, mandando o petroleiro ó quinto pino.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

28 de Marzo, 2009 ás 5:25 p.m.

O sexto

4 comentarios

 

Tal día como hoxe hai seis anos, que é como se empeza canonicamente a escribir das efemérides, andaba un barco de acó para aló, vertendo fuel. Que queren que lles diga que vostedes non saiban. Cada un que escolla as súas imaxes preferidas do imaxinario que todos temos do Prestige. Para o que son os tempos estes, que devoran os acontecementos como un adolescente pipas, é ben curioso que aínda esteamos a recordar o tema. Non recordo celebración ningunha, máis aló do preceptivo primeiro ano, por exemplo do Cason, nin do Aegean Sea (que aquí demos en chamar Mar Egeo). Quizais porque o do Prestige foi distinto. Xa saben, que cada un escolla etc.

 

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

18 de Novembro, 2008 ás 9:38 p.m.

Gardado en Si home si

Tags:

Switch to our mobile site