Etiquetas
Celta, David Reboredo, forofismo, futbol, indulto, Julián Ruiz, perdón, prisión, Real Madrid, rehabilitación, reinserción
“A rapaza suspirou e apertou contra o seu peito o papel que acababa de recibir do seu amado…” O meu desde logo non é adiviñar o futuro, e aínda menos practicar a crítica literaria, pero se a literatura acaba reflectindo a sociedade na que se produce, temo que volveremos ao folletín do século XIX, no que os amores eran idealizados, pero as rastrerías tremendamente reais. Véñenme a cabeza dúas circunstancias que, sen pretender comparalas en importancia, si son símbolos, unha frívola e outro tráxica, de como a desigualdade, que nunca deixou de existir, agora pásannola polos fociños tan tranquilamente.