si home si

"É unha pena que a estupidez non doa" (Anton LaVey)

Arquivo do tag ‘Publicidade’

Publicidade de ou para parvos

9 comentarios

Cando era insultantemente novo recordo unha campaña publicitaria que xerara unha grande polémica. “De fruta madre” era o slogan dun zume que a min me parecía brillante (o slogan, non a bebida) e tiveron que acabar retirando por ser considerado irrespectuoso. Logo fun dos que defendeu que os spots eran da mellor televisión que había. Agora os anuncios televisivos non é que me molesten por abondosos (son ben máis reiterativas as autopromocións de programas que son xa autopromocións en si mesmos) senón porque cheguei á conclusión de que hai algún idiota polo medio. E como están feitos a base de moitos cartos, hai que supoñer que os parvos non son os do lado de dentro. Os de fóra somos os parvos ou por iso nos toman.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

29 de Novembro, 2010 ás 10:32 p.m.

Gardado en Si home si

Tags:

Un novo mundo

13 comentarios

Posiblemente non se enteraron, mergullados na resaca das celebracións etílicas ou familiares, pero estamos nun mundo novo, completamente distinto ao que despedimos antonte, con máis rutina que consciencia de que estabamos a despedir unha maneira completa de entender a vida. Estamos no 2010 e, como dicía o outro, temos visto naves ardendo máis alá de Orión e raios-C brillar na escuridade cerca da Porta de Tannhäuser, pero non sei se estamos preparados para isto: a Televisión Española de toda a vida sen anuncios e os bares sen fume.

Lee o resto deste post »

Escrito por sihomesi

3 de Xaneiro, 2010 ás 7:49 p.m.

Cosmopolitismo publicitario

13 comentarios

Look moderneras e ideas recicladas, para anunciar caspa (unha feira de mostras en apuros, promocionada en castelán) e co gancho dun chiste verde de barra de bar (e con erros de puntuación).

semana-verde

Escrito por sihomesi

27 de Maio, 2009 ás 9:46 a.m.

Switch to our mobile site