Arquivo do tag ‘reforma laboral’
1, 2, 3… reforme outra vez
Non son precisamente un experto no mercado laboral, fóra da miña experiencia persoal e de varias alleas, e dalgunhas lecturas pilladas de aquí e de acolá. Pero xa o imaxinan e se soamente lles escribise do que son máis ou menos experto, seguramente os aburriría. Así que permítanme que comparta con vostedes as miñas dúbidas sobre a reforma laboral na que estamos inmersos, e tamén unha intuición: a tal reforma parécese moito ao mítico concurso de Televisión Española e da televisión española, que reinou nas pantallas de 1972 a 2004: Un, dos, tres… responda otra vez.
Os anos que vivimos estupendamente?
Agora vai resultar que os vellos tiñan razón. Os vellos aqueles que rosmaban que este non era xeito de vivir, e que así non se podía seguir. Os líderes europeos véñenlle dar a razón a aqueles predicadores apocalípticos que deseñaban un futuro de lume e cinza para a economía. Winston Churchill advertiu no seu día á cidadanía que chegaban tempos de sangue, suor e lágrimas. O seu sucesor, David Cameron, prometeu o mesmo e aforrou unicamente o sangue. Vivimos por riba das nosas posibilidades todos, incluído eu, a pesar dos consellos paternos de nunca deixar a deber nin comprar a prazos. Vale. Pero despois de facer os sacrificios que nos piden e os que nos impoñen, alguén nos pode asegurar que xa está? Non vai pasar outra vez iso de que o incendio provocado porque a Macroeconomía andou xogando con lume acabe carbonizando a nosa Microeconomía? Temo que non.
Maltrato de xénero laboral
Nisto da crise económica e como saír dela hai menos suspense sobre cal vai ser o resultado final ca nunha novela de Corín Tellado. E non é que vaia rematar precisamente cun bico apaixonado e profundo, pero o proceso si que ten asombrosos paralelismos co dunha relación amorosa. Primeiro viviamos nunha desas felicidades aparentes que soamente son posibles sen lle facer casos aos verdadeiros problemas de fondo. O mundo económico era como un matrimonio apacible, todo sorrisos. Uns ganaban cartos, algúns moitos, e outros tiñan traballo, moitos algún. Pero como pasa sempre, a seguridade de que todo vai seguir así, sen esforzos a maiores, acaba rachando. Algúns dos que ganaban moito conseguiron que as normas nas que se baseaba aquela estabilidade se relaxaran. O mercado regularase por si mesmo, dicían uns e acataban outros. Traducido ao mundo paralelo das relacións afectivas, ela sempre cría que el tiña que pasar traballando moitas noites. Ata que se descubriu que non, que no que el traballaba polas noites era, como se dicía antes, no alambre.
Sacando o seguro da pistola
Como reivindicar outra vez a cultura galega, coas súas sombras e as súas luces, dándolle de paso un toque aos criterios informativos.
- A Seitura, de onde saquei a información de UK
- A Ferdinand Von Galiztien, pola de Deustchland
- A Paola O., pola gabacha.
- A Gustavo Pernas, que me dixo que eu tiña razón



