Arquivo do tag ‘Touriño’
Eu escuso
Eu, como os de Valença, en ocasións tamén quero ser español.
Que hai do meu?
A columna de El País, sobre o traspaso de poderes.
O espectador 9: O debate que non foi
Ou como botamos de menos un debate que, de celebrarse, podiamos ter botado de máis
Aqueles marabillosos anos
A precampaña promete (ou a advertencia de Lord Chesterfield)
O meu contributo quincenal a mellorar o discernimiento dos castelán-lectores, que imaxino que seguirá sendo un tempiño de tema electoral…
A necesidade como virtude
A miña queixa contra que na Xunta non sexan ben levados
Mundo ocioso
Desde logo, hai semanas cunha intensidade informativa que ata dá medo saír da casa, ou poñerse a ler o periódico media hora máis tarde do habitual, por se nos perdemos algo. Así, de primeiras e sen pensalas, entre o máis destacado do que nos entra polos ollos ou polas orellas, segundo as estatísticas dos propios medios, está o caso de que Brad Pitt foi durmir unha noite a casa de Bono (o de U2, non do o Yak 42) logo de se mosquear coa muller, Angelina Jolie. Tamén o asunto da traballadora dunha fábrica de teléfonos iPhone á que os compañeiros lle sacaron unha foto cun dos móbiles. Esqueceron eliminala (a foto) e chegoulle como fondo de pantalla ó comprador do aparato, en Inglaterra, que se puxo a buscala como o príncipe de Cinsenta. Agora, unha vez atopada, é tremendamente famosa, a iPhone girl, chámanlle. Por non falar da nosa contribución autóctona ó serpentario de verao, ese famoso non adianto de eleccións.
Esperas reais
Os periodistas suponse que existimos -prefesionalmente para contar as cousas, preferiblemente como pasaron, ou alomenos como as vimos. Eu estiven presente na entrevista entre o noso presidente Touriño e o noso rei Juan Carlos, así que llelo conto como verdadeiramente foi.





