Arquivo do tag ‘Zapatero’
1, 2, 3… reforme outra vez
Non son precisamente un experto no mercado laboral, fóra da miña experiencia persoal e de varias alleas, e dalgunhas lecturas pilladas de aquí e de acolá. Pero xa o imaxinan e se soamente lles escribise do que son máis ou menos experto, seguramente os aburriría. Así que permítanme que comparta con vostedes as miñas dúbidas sobre a reforma laboral na que estamos inmersos, e tamén unha intuición: a tal reforma parécese moito ao mítico concurso de Televisión Española e da televisión española, que reinou nas pantallas de 1972 a 2004: Un, dos, tres… responda otra vez.
Os cuñados da patria
Permítanme un desafogo persoal. Cada estou máis desanimado cando me vexo na obriga moral de comentarlles cousas que considero que debe comentarlles. Falo dos debates parlamentarios cruciais e decisivos para o estado da nación ganadora da Copa Mundial de Fútbol. E aos protagonistas, pese a que no envite lles vai algo aínda máis que o soldo, tampouco é que se lles vexa moi animados, tal e como se comportan nel. Sinceramente, dos debates dos que levo falado –non vou ser tan hipócrita como para dicir que aturado- non vin outro tan comentado, e que tan decepcionados deixou aos que o seguiron.
Nada de pactos
Miren que levo tempo afrontando resignada e gallardamente ese formato de loita libre parlamentaria que son as porfías entre presidente do Goberno e líder da oposición, e cada vez estou máis convencido de que son ao debate político máis ou menos o que as películas de Jean Claude Van Damme ao cine de acción: que tamén haxa moita labazada non quita que as interpretación sexan discretas tirando a malas e que a trama sexa máis que previsible. E iso que, desta vez, o macht ía de algo de importancia vital e xeral: a crise económica e como saír dela. Como intuïamos todos, a cousa rematou sen unha conclusión clara, quitado a de que a Zapatero interésalle ter algún socio como burro dos paus e Rajoy non lle interesa nada que non sexa a rendición incondicional. Dise que dous non pelexan se un non quere, pero tamén que para bailar fan falta dous (ou polo menos debíase dicir cando o apoxeo do baile agarrado).
Adolescencia privada, adolescencia pública
Hai pouco dei un dos maiores esvaróns profesionais que recordo, e non porque recorde poucos. Chamáronme dun xornal pra que opinara da polémica da foto das fillas de Zapateo en Washington, xa saben, esa aparentemente inocente foto de familia que deu a volta mundo. Eu dixen que non lle vía a tal polémica, porque a lexislación española establece de forma tallante que a difusión de imaxes de menores de idade está suxeita ao permiso paterno/materno, e polo tanto, se os señores Rodríguez Zapatero-Espinosa Díaz estimaban conveniente non expoñer as súas fillas á curiosidade xeral, non había nada máis que discutir, e menos falar de censura. Tamén observei que, como pasa en todos eses casos, o remedio –tentar evitar a súa difusión- soe ser peor ca enfermidade –a difusión- porque centra o foco nela. En conclusión, que non lle vía á foto interese informativo bastante pra que o feito de publicala fose un asunto de liberdade de expresión.
Qui va piano, va lontano
O primeiro síntoma de facerse maior é darse conta interiormente de que os pais tiñan razón en máis ocasións das que nos gustaría admitir publicamente. Por exemplo, naquilo de que era mellor pensar as cousas dúas veces antes de facelas. Nesta semana vin dous casos que demostraban a eficacia daquel consello contra o impulsividade xuvenil. Un, os nomeamentos do último consello da Xunta. O outro, o debate do estado da nación.
As maos nas que estamos


Vexan atentamente estas dúas excelentes fotografías de Maite Costa [Uly Martin, EL PAIS] , presidenta da Comisón Nacional de la Energía (aquí a súa imaxe anterior) e a David Taguas [Gorka Lejarcegi, EL PAIS] , ex director da Oficina Económica de Zapatero antes de ser director da patronal de grandes construtoras. Vendo as imaxes, extrañalle a alguén que a primeira propuxera no seu momento, por exemplo, subir os recibos da luz nun 31%?, ou que ó segundo o repescaran para xefe das grandes construtoras sendo o gurú económico do Presidente?
Agora entendo determinados síndromes (como da Moncloa) e necesidades como a de «conectar con la calle»
Famosos e vítimas
Acaba de saír un libro sobre Jesús Neira, o profesor que recibiu unha malleira ó interpoñerse entre un besto que maltrataba á muller, e que a resultas da súa acción quedou en coma e leva cinco meses internado nun centro médico. Estase recuperando pouco a pouco, e aínda non recorda de todo o que lle pasou. Tamén José Cendón, o fotógrafo galego secuestrado por bandidos somalís, está na súa casa de Adís Abeba preparando un libro que sairá en breve sobre a súa aventura.


