Estou en Monforte, coa escusa das festas. Viña de esbardallar en calquera foro que me puxeran por diante da caspa das festas de María Pita, e atópome con que o concerto inaugural aquí é… Miguel Bosé. Un abarrote de xente e de duración (case dúas horas e media) que comentan favorablemente días despois ata a as amigas da miña mai. Mañá tocan Sca-P. Chego tarde para escoitar o pregón de Antón Patiño (O Fillo, tal como asina en Monforte) o que é unha vergonza (que chegue tarde eu, non como asine el), máis tendo en conta que tododiós e o propio Patiño me conta logo que falou de dous republicanos (o seu pai Antón Patiño Regueira, morto hai días e Paco Súarez, de Allariz, irmao do fotógrafo Pepe e do escritor Marcial e tío dos Suárez-Canal) e dun rockpublicano. Para que vexan o nivel desta cidade, unha pulpeira de Sober (para os monfortinos, o monte) declara a unha periodista que “es frecuente terminar la mañana saboreando el plato típico gallego”.