Que específicos e que idiosincráticos somos os galegos. Mesmo na política. Tardamos tempo en saber quen ganou e quen perdeu. Por fin, os do PP asumiron que perderan en canto tiveron que chamar á furgoneta das mudanzas. Pero non está aínda claro quen ganou. O outro día, nunha charla de terraza, un amigo de Monforte que me confesou que non era militante do BNG (debería apuntarse, é o seu tema de conversación favorito) comentoume que o que el chamaba “os históricos” debían estar moi cabreados, e que a ver si se atopaba con algún para comprobalo (tamén eu, pero o meu primo Marito anda por Venezuela). “Que cheguen ó poder outros é lei de vida, pero tamén o é que lles doa”, díxome. Frase igual de certeira, aínda que menos fina e máis descarnada, a dun concelleiro socialista de Vilagarcía: “Non ganamos as eleccións para darllas ós catedráticos”

Advertisements