En Fene, unha madrugada hai uns anos un ionqui rouboulle un coche a unha muller que o deixara prendido mentras baixaba a devolver unha película a un videoclub. No asento traseiro do coche durmía unha nena de tres anos. A muller e un irmao buscaron o coche e atopárono pola Gándara, pero o rateiro despistounos. Logo de chutarse, foise, deixando coche e nena. A policía localizou á nena seis horas despois. Hoxe, no xuizo, eu estaba detrás do acusado, que daba as habituais respostas inverosímiles, quitado -probablemente- a de que non se enterara de que estaba a nena cando colleu o coche. Además de culpable, non parecía demasiado listo, e eu estaba pensando que pedazo de besta por non deixar o coche nun lugar transitado en canto se decatou de que non estaba só. Nese momento, volveuse, chiscou un ollo e por un momento converteuse nun rapaz normal, mesmo tenro. Eu tamén mirei cara atrás, e alí estaba, toda traballadiña e desfeita polos anos e os padeceres, a súa mai.

Advertisements