Non puiden ir a Láncara, á entrega do Premio Ramón Piñeiro-Facer País que argallan uns amigos da miña terra (con minúscula, da miña aldea, vamos) e que este ano lle deron a Xosé Manuel Beiras. Vino pola tele, nun bar, e cando lin en Vieiros o discurso do premiado, “A declaración de Láncara“, alucinei. Que o ex líder pero aínda símbolo do BNG se proclame independentista non mereceu nin unha liña nin un segundo nos medios de comunicación. Imaxino que os mal pensados coidarán que é un silencio imposto por razóns ideolóxicas. Desgraciadamente, nin eso.
Abeirando
24 Luns Out 2005
Posted Matrix Press
in
Non se me enfade pero…
ejem, ejem
http://www.lavozdegalicia.es/ed_lugo/noticia.jsp?CAT=118&TEXTO=4183524
cof, cof, cof
http://www.elcorreogallego.es/index.php?option=com_content&task=view&id=25961
En El Progreso do domingo foi portada con foto:
“BEIRAS DEFIENDE LA AUTODETERMINACIÓN. El ex líder del BNG Xosé Manuel Beiras, que ayer recibió en Láncara el Premio Ramón Piñeiro Facer País, defendió la autodeterminación de Galicia y recordó al bipartito la necesidad de sacar adelante el nuevo Estatuto.”
Con perdón
(aínda non acerto a poñer o “colorado” que mandou pero graciñas).
Vale, o acto social si que saiu, ata na tele. Falo da valoración política, o titular “Beiras aposta pola independencia”
E, por certo, unha cousa é a autodeterminación, e outra a independencia, por moito que no PP, e polo que se le, moitos periodistas, confundan os termos. Supónse, por exemplo, que a autodeterminación é a posibilidade de decidir o propio destino, cara a independencia ou non. E tamén hai quen sostén que soamente coa independencia previa pode haber autodeterminación.
🙂
E xa tempo lle era tamén, ho! que andaba un todo desubicado con este rollo da cosoberania, do estado plurinacional e do “non sabemos se somos ou non somos federalistas ou confederalistas ou se admitimos a constitucion pero non a compartimos”, que esto parecia o conto da subida e baixada da escaleira pero en plan moderno. Que dicías que eras independentista e tododios púñase a buscar o pendente e a camiseta de raias.
Mágoa que o Beiras teña agardado á súa xubilación para falar disto.
Agora só fai falla que saiamos á luz os independentistas monárquicos. Non vos preocupedes que estamos nelo.
…. ergue do fango da escravitú…..
Vale, é que eu era literal co de “non mereceu nin unha liña nin un segundo nos medios de comunicación”. Certo, valoración política cero, nula. E non podo estar máis que dacordo coas diferenzas que observa entre autodeterminación e independencia (e outras que se poderían engadir), aínda que nestes tempos de anuncios de amor constitucional sexa fiar moi fino para aqueles partidarios do mantra “rojo separatista terrorista”.
No seu caso, eSedidió, independentista, monárquico e empresario autónomo, eso si que é transversalidade.
e ademais zurdo, fillo de pasteleiro e ex-apego rabilongo coma vostede
…. patria da i-alma teus ceibes cantos ….
E ainda mais probe é ainda o apoio que se lle da no periódico con mais difusión (voz) a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugues.
http://mais.vieiros.com/patrimonio/
De tudo há na vinha do senhor, de tudo tem que haver
Movemento monárquico coroa galega.
osssstrassssss…. eu que pensaba que era un friqui por ser independentista monarquico e resulta que temos paxina gëb…. e ata hai un tipo que se autopostula para rei…
o meu era máis doadiño…. eu pensaba que tirando tirando da linaxe iríamos dar a un taxista pernambucano con bandullo cachaçeiro e mulato descendente colateral dos bragança…. se o casamos cunha topmodel e ten tres fillos: unha pija, outra pilingui e o terceiro… esto…. como dicir pra non ser incorrecto… matrimoniofóbico?… pois iso…. poderíamos montar un casino en SanGenJo e ata un premio de formula I… e seríamos felices para sempre
…. enchen o mundo de norte a sul …
sHs…. xa esta ben de escarallar o seu blog coas miñas paridas, corto e pecho… ate sempre… e Saúde e Terra
Eu non sei se ando desenfocado coma o outro ou é que teño un ordenador de pena, pero sempre que lle abro o blog apíñanseme as letras de arriba como cando vou ao oculista. Dígame se teño que tunear o maquinillo ou algo, que non hai maneira de lerlle as prosas sen deixar os ollos!
Baixe e instale Mozilla e pase do Explorer, aínda que supoño que haberá outros métodos que teñan que ver coa resolución de pantalla ou cousa parecida (expertos espertos valeille!). Se ten verdadeira ansia, tamén lle pode mandar as cousas por email, pero non poderá disfrutar dos comentarios, que son o máis ameno.
eso kamikaze, que mal ensinado o teño, parece mentira…
Ain pordior, eSedidió, non se me raje…