Hai xente pa tó. Como uns que ten unha web sobre os 80 (musicais), entre eles un rapaz de Oleiros ó que se lle meteu na cabeza que podían ter interese certas batallas antigas. Aproveito o momento nostalxia para preguntar se alguén ten gravacións, que hai outros chalados interesados en recopilalas e editalas. Dior mío, que tempos (e que resacas, mimadre)
R.O.
04 Venres Nov 2005
Posted Non sei eu...
in
O de Eurovisión deixoume KO. E logo foron os de Vaaa-len-ti-nooo… Mimadre, mimadre.
Por certo, acredito que o disco está na rede
Unha perla daqueles tempos tan lonxe ou tan preto… http://www.elpais.es/solotexto/articulo.html?xref=19841223elpepicul_12&type=Tes
Onde?
No eMule esta o disco orixinal:
Radio.Oceano-Nin.falta.que.fai+Portada.rar
Tamén circula unha versión de peor calidade (non dispoño da ligazón neste momento) mais contén outras gravacións. Seguiremos informando.
E falando de música… hoxe na Galega, ás 16:50 h, “Galicia Documental” coa produción galega “Pucho Boedo, un crooner na fin do mundo”, dirixida por Xurxo Souto, e “Bailando nas rúas (Dancing in the street)”, serie da BBC que durante 10 entregas relata a historia e os mitos da música que beberon das fontes do Rock&Roll. Que aproveite!
Eu o único asi rarito que teño é un LP dun grupo de por eiquí que se chamaba Metro. Ah…. e por algures o mp3 de “o galiñeiro” de goma 2.
Bueno, porque non creo que Xocaloma se poda considerar un grupo rompedor dos 80 (tiña ali un primo, e, claro, habia que ter os discos por se viña de visita)….claro que, vista a reivindicaçao do Boedo como o noso Bob Dylan debe ser que vale todo (coido que Ana Kiro debería ser a nosa Janis…)
A nostalxia está de moda. Non só en canto a música, tamén series da TV, xoguetes antigos,…
Alguén debería ir pensando en recuperar/recopilar/clasificar/documentar/ os traballos de todos estes grupos. Tampouco creo que se tambaleen os presupostos xerais da Xunta, digo eu.
Que tempos, eu era moi novo, pero aquelas casetes daqueles mozos da curuña tamén chegaban á nosa escola. Das cintas non quedaron pegadas, pero sempre nos quedará o emule
Eu era moooi pequeno, pero o disco de Radio Océano téñoo gravado nunha cassette que me pasou alguén e que agora non sei onde andará. Ou sexa que grazas pola información do emule.
Alucinante!
E non o digo só polo da entrevista a “Sir Johnny Rotring”.
O que non me esperaba era que, ademáis, tiveran na súa base de datos ou meu (extinto) grupo… Non dou creto!
Pois outra que che debo!
Por certo, que tempos aqueles dos primeiros Noroeste Pop-Rock…
Cal? (se non é moito preguntar)
Pois non é moito preguntar, non, aínda que (para min) xa pasaron 15 anos do asunto. Éste é (foi) o conto.
E non é por amolar, pero póñennos mellor que a vós
Vaia, non saíu o link. Síntoo.
Vai agora “a pelo”:
http://nekenmostru.iespana.es/grupos/los-dramaticos.htm
Vaia, non sae o carallo do link..
Vai agora:
http://nekenmostru.iespana.es/grupos/los-dramaticos.htm
Home, Los Dramáticos, un clásico, siseñor. Tomás, Pedro, Roco…
Agora que me dou conta, a portada do voso disco foi toda unha premonición: acabaremos tolos, co tempo, lembrando tanta catástrofe ecolóxica…
(Na semana do aniversario, luctuoso, máis recente).
A ver se alguen se lembra de unha banda de Vigo que se chamaba Outeiro, na que estaban os irmans Bordallo, que grabaron un LP “O Xaruto Violeiro”. Gustariame ter unha copia. Bicos
mil louvanzas ao mellor grupo galego da historia. Sihomesi, como case sempre, ten razon con viuda gomez. Os mundos piratas de High Mountain permitiron compilar, pa delirio sonoro diario, nun mesmo cedé, os incomparables lps de r.o. e de viúda. Que máis se pode pedir?
PS: teño na casa unha copia para vender a prezo d’ouro (never, never, never) de certo certame rock coruñés do último ano antes da era pacochetista no que r.o., ollo, rouban a friolera de catro frames aos grupos finalistas. O másemo.
E non sería posible unha copia, por caridá…? (máis vale pedir que roubar)