Etiquetas
Momentos históricos nos medios de comunicación cada vez hai menos. E o que é peor, os que pensabamos que o eran desvanecéronse no tempo como gotas de chuvia, igual que os recordos do replicante de Blade Runner. Teño presente a aparición de El País (aínda que soamente fose porque o mundo da prensa daquela era aterrador) e a deste xornal (aínda que fose polo medo de ter que facer columnas cada dous días). Non lembro demasiado a irrupción das televisións privadas, e eso que supuñan un auténtico terremoto no panorama catódico (aínda que non imaxinaba o cataclismo que chegarían a ser). Moito me temo que a estrea de Cuatro non vai mudar demasiado o meu esquema de recordos.E non por falta de aplicación. O luns ás 20,44 estabamos en perfecta formación diante da pantalla os elementos familiares que a esa hora non teñen que estar na cama ou en actividades formativas. Os presentes (a sub-unidade conxugal) estivemos tan de acordo coa declaración de principios que se non aplaudimos foi para non parecer que estabamos de público nun talk show. A presentación do cadro de persoal estivo correcta (moderna á par que contida), aínda que a excesiva presencia masculina e a sobredose do color corporativo nas garabatas lle dese un certo aire de voda familiar de Los Soprano.
Logo apareceu Gabilondo e dixo: “¡hola!”. Estaba máis nervioso do que lle teño escoitado nunca, e a presencia esmagadora do vermello dáballe ó informativo un aire maoísta (máis que o informativo da Cuatro parecía o da Banda de los Cuatro), pero o deseño do formato e da proposta gustoume por distinto: apostar polo que se considera noticia e non polo que se supón que chamará a atención. No negativo, que non parece que detrás do presentador-tótem haxa moitos vimbios para facer o cesto innovador que se pretende (a exclusiva do informe secreto de que sigue habendo perigo de atentados islamistas non é moita noticia: o raro é que despois do 11-M algún experto se atreva a poñer por escrito que non hai perigo). No positivo, os dous momentos estelares.
Un, a reportaxe do propio Iñaki en París, aínda que tivese un certo regusto radiofónico. Dous, a ministra Magdalena Álvarez como enviada especial ó lugar do accidente de Granada. Amigos maliciosos (entre outros) coinciden en que a ministra agarrando o micrófono é a mellor arma para os que aseguran que o Goberno deulle a concesión á Cuatro polas mesmas razóns que o de aquí á Cope (para ter unha cadea amiga para sempre, porque o afecto das públicas decídeos o electorado). Sen embargo, prefiro non facer sangue. Imaxino que a productora que se deron maña en buscar para cubrir o drama que se producira esa mesma tarde (ver aspectos negativos) non tiña siquera un micro de solapa. E agradécese a sobriedade expositiva de Magdalena nestes tempos nos que está de moda a xesticulación dos periodistas, como si se tiveran formado en Barrio Sésamo e non nunha facultade.
Desgraciadamente, despois tiven que ir rescatar ó pequeno dunha actividade formativa. Polo informe que me fixeron ó volver, non perdín gran cousa, e o mesmo opinou a audiencia, que lle deu un 15% de cota (nun día en que non houbo informativo de Tele5). Onde máis se viu esa proposta nova e urbana foi en Madrid e en Galicia, o que significa que hai esperanza (aínda que non sei de que).
(mércores, 9 de novembro de 05)
Si, tes razón no de que está ben apostar polo que se considera noticia e non polo que chame a atención. Pero tamén é verdade que non é exactamente unha cadea nova, os profesionais do informativo xa viñan rodados, e a verdade, parecían principiantes. Pero o informativo gústame (salvo o raro que queda que Iñaki sex á vez presentador e reporteiro). Agora ben, o resto da cadea apesta. “Haremos todo con mucho humor, con rigor, innovando”, tópicos que todos poñemos algunha vez para dicir que o noso produto é a hostia. Pero eles fixérono convencidísimos de que eran os reis do glamour, os máis modernos. Outra vez máis, unha posta en escea, un bluf baixo o que non hai contido. Pero é a miña opinión.
Eu tamén creo que é un bluf. Un refrito do peor de canal+, que xa daba bastante noxo ultimamente. Un canal+ sen fúrbol nin pinículas, é dicir, case nada.
O único que se salva é o telexornal maoísta. Poucas noticias, pero tratadas máis polo miúdo que no resto das cadeas (cando menos esa foi a miña impresión). Eu tamén vin a gabilondo moi nervioso, e demasiado só. O resto da programación (nestes dous días) bastante mal. O de friends xa comeza a ser como veranoazul.
Resumindo: o obxectivo é vender audiencia aos anunciantes. Nada máis.
Da programación non sei, porque non vin nada, estou a dieta de CSI e pouco máis. Pero no de vender, recordo o que dixo Ramonet nun almorzo do Colexio de Xornalistas: “antes os medios vendían anuncios ós lectores, agora venden lectores ós anunciantes”.
Claro, claro, a idea está sacada dun artículo de ramonet.
Como exemplo desta idea se contaba no artículo que, se te suscribías a Time durante un ano e non renovabas a suscripción, seguíanche enviando a revista. A razón que daba Ramonet era que, de cara aos anunciantes, a Time convíñalle ter unha carteira grande de suscriptores, aínda que éstes non pagaran (Time gañaba cartos por vía dos anunciantes, non dos suscriptores).
Non sei se esta historia é certa ou non. O que si sei é que hai sete anos, por facerme de solred, regaláronme unha suscripción a unha revista de coches durante un ano. Ata aí todo normal. O anormal é que, sete anos despois, sigo recibindo a revista cada mes. Sen pagar un peso nunca xamáis.
De todas formas, a min a publicidade de televisión gústame no que ten de creativa, e ódioa no que ten de acumulativo (que A3 encha cunha película 4 horas de programación). A violación dos informativos pola publicidade, un fenómeno relativamente recente, é particularmente desagradable no caso de 4, que a enchufan avisando menos do que avisaban en “Hoy por hoy”.
Ollei algo de Cuatro e pareceume moi cutre. Máis do mesmo.
Son as mesmas caras de sempre, parece que asilaron a tódolos de Crónicas. E o penoso pater Gabilondo sentando cátedra dende o púlpito comos e estivera na radio ou chupando cámara polos incendiados arrabaldes parisinos. Eu resintonizara o meu televisor e a puxera na catro pero visto o vsito voltou ao seis do vello plus.
Ogallá houbese máis “pater Gabilondo” nos medios estatais. Para púlpito o do ayatollah Jiménez Losantos.
hoxe vin un par de programas da nova cadea: o da deborah ombres
que me lembrou ao “máxima audiencia” da galega por parecer televisión doutra épocae o programa do carbonell sobre os que viven do lixo… a min paréceme unha versión hi-fi de localia