Aquí vivimos nun mundo católico, estructural, superestructural, cultural e socialmente católico. En canto nacemos, entramos de cabeza no seo da Igrexa Católica (IC), e boa parte dos pasos da especie humana (a iniciación á pubertade, o apareamento, as festas colectivas, o pasamento) dámolos seguindo as súas tradicións (ben é certo que a IC tivo o tino de apropiarse das tradicións anteriores). Sen embargo, esta é quizais das sociedades que menos practican as teorías coas que comulgan. Consecuentemente, a IC está traballando no asunto, e probablemente nuns anos esta sexa unha sociedade completamente laica.
Non é unha paradoxa, por moito que me gusten. España é o estado civilizado que mellor trata (polo menos economicamente) á IC, e no que a IC está máis sublevada. A manifestación do sábado pasado é o mesmo que se o Real Madrid convoca unha contra a conspiración arbitral e mediática que os está a fundir. As relixións, sobre todo as que non son a verdadeira, naceron para explicar por que caían raios, ou a xente morría, merecérao ou non. Que agora se impartan na escola é un anacronismo e outra paradoxa (¿quen saca mellor nota en relixión: un burro devoto ou un descrido intelixente?). Que por riba o proselitismo estea patrocinado polo estado é unha sinrazón e unha fonte de problemas pasada, presente e sobre todo futura (xa se considera dar clases de relixión musulmana, e se mañá Atochas-Monte Alto, por exemplo, se inza de mormóns ou de raelianos, a ver con que dereito se lles nega unha asignatura no instituto de Zalaeta).
Conscientes da cara que lle botan, de que manifestarse en defensa dos privilexios queda mal, e para darlle argumentos políticos ós socios de convocatoria, o sábado en Madrid tamén se protestou contra o fracaso escolar. Evidentemente, ninguén está a favor do fracaso escolar. O que está por demostrar é por que estudiar relixión axuda a mellorar o resto das notas. Descartando a ironía do malogrado Antonio Blanco (“claro que nos pasan las preguntas de la selectividad a los de colegios privados. Sólo faltaría, con lo que se paga”), e descontando que non aturan rapaces conflictivos, inmigrantes e similares gracias á famosa libertade de elección (a que consideran amenazada non, outra da que non falan), o fracaso hai que repartilo entre todos, privados e públicos, laicos e crentes, gobernos presentes e futuros.
Todo esto non é un ataque ós animosos manifestantes que encheron Madrid, líbreme dios. Ó revés, alégrame que se xunten todos, os que siguen ós bispos e os que consideran que son uns blandos, os pais que temen que lles obriguen a mandar ós seus fillos a colexios onde se blasfema, os que pensan que o poder se recupera nas manifestacións e os que se alegran de axitar a bandeira española sen necesidade de ser alcaldes da Coruña. Alégrame de que haxa xente disposta a defender o que consideran os seus dereitos amenazados, aínda que sexan os seus privilexios e non o estean. Outra paradoxa. A todo esto, o meu gusto por esta figura do pensamento débolla a G.K. Chesterton, un escritor que fundou nelas e na militancia católica a súa obra. Contaba que se convertiu un día que entrou nunha igrexa para gorecerse da chuvia. Escoitou o sermón e pensou que unha institución que sobreviviu dous milenios a pesar das parvadas que sostiñan os seus representantes, algo debía ter.
(luns 14 de novembro de 05)
O que había é que quitarlle todo o que o Estado lle dá á IC, para que teñan algo polo que protestar… Teñen unha gheta… O outro día dixo unha tipa dun colexio concertado comparou a situación dos colexios concertados cunha carnicería. Dixo que era como se tiveses unha carnicería e ó lado che poñen outra na que che regalan a carne. Está moi ben, iso de comparar a educación cun bisté. A min é que me crispan, e o malo é que son túzaros de carallo. Sempre empeñados en que lles coartas a libertade de: ter unha familia, agora estudar relixión… Pero bueno, quen lles quita das dúas cousas? Fascistas, iso é o que son. Por min podían ir todos á Misa e afogar co incienso.
Um apontamento do número de pessoas. Também falan da manifestaçom em renas e veados.
Coma sempre, xenial o seu artigo.
A min ademais indígname que se poña en dúbida, por parte dos manifestantes, que a educación sexa un servicio público.
Por certo, levo estos días preguntando, sen que ninguén me responda: ¿sabe alguén os pasos a seguir para facer apostasía?
Son profesora de Xornalismo na Universidade de Bos Aires (UBA), na Arxentina, a universidade mais grande, mais poblada e mais pública do país (os estudantes non pagan absolutamente nada, nem matrícula, nem permiso de examen, nem nada nunca xamais). Dou as miñas clases nun salon pequeno, coas paredes escritas e cheo de estudantes. Cada tanto, rio internamente co graffiti que alguen escribiu nunha desas paredes: “A única igrexa que ilumina é a que arde”. Claro, non estou de acordo coa violencia, pero gústame moito que a consigna “presida” as miñas clases!
Saudos dende Bos Aires e disculpade polos erros, o meu galego escrito é noviño.
O seu galego, torredebabel, quen llo dera a moitos que temos aquí na televisión e nas radios públicas.
Gracias! Kate, pero sei ben que é case que o galego que falaría un rapaz de 9 ou 10 anos. E, mais alá do idioma, os xornalistas temos un xeito nada bo de escribir ou falar. Usamos as palabras en vez de as coidar, sempre estamos a pensar que non é tan importante o xeito de decir senon o contido do que decimos. E de facelo rápido. E asi é que saen os xornais, as revistas, os telediarios e as audicións da radio, enchendo todo de palabras en inglés ou en francés que seica esas sí son palabras finas e delicadas… Un mal que
pensoten menos que ver có galego e mais coas ideias pouco craras sobre a importancia da lingua na conformación da identidade. Mais saudos!Como dicía o Mr Macnamara de Billy Wilder:
Un: Non sei se habería que retirar a relixión do ensino obligatorio, pero paréceme urxentísimo retirar del á política. Canto máis se alonxe ós políticos do traballo dos mestres, máis tranquilos estaremos.
Dous: Tamén habería que darlle para atrás a oportunistas e grupos interesados.
Tres: Sen abandonar a categoría de oportunistas e interesados, preocupante que haxa en torno a un millón de españoles dispostos a da-lo cante en Madrid, cada vez que eses grupos de interese botan man das ferramentas clásicas do cambio social, precisamente para impedir ese cambio.
Catro: ¿Pódeme dicir alguén si, desaparecido Salazar, quedou en Portugal unha dereita subxacente coma a que quedou en España tra-la morte de Franco?
Falando no idioma, esquecin unha historia arxentina. Fai un mes ou dous, o ministro de Saúde do país reclamou que as clases de educación para a sexualidade que a lei manda que se diten en toda-las escolas do pais, se deran como a lei manda (xa que a IC mete o nariz onde non debería e moitas veces
moitísimas!impede que esa información chegue aos estudantes). Moi ben, un bispo respondeu-lle que só por decir iso, merecía ser botado ao rio cunha pedra atada ao pescozo. Lembro que durante a última dictadura militar da Arxentina, os opositores eran torturados e botado ao Rio de la Plata drogados. Asi morreron centos de persoas, mulleres, homes, xovens, vellos, sempre co silencio e complicidade dos mais altos cargos da IC. ¿Alguen pode esperar algo bó desa institución? ¿Alguen con memoria e xuizo deixaría que a IC eduque aos seus fillos?PS: para quen quería apostatar, deixo esta web co formulario e as instruccións
http://www.pepe-rodriguez.com/Cristianismo/Apostatar_formulario.htm
Total a ironía de Toñito Blanco.
Tiña outra máis contundente: queremos cambiar el mundo pero sin perder el puesto de trabajo
O home de Alaska dixo un día nun debate destes sen trascendencia que dan en Localia ás nove, que prefería que o seu fillo estudase nun colexio católico ca nunha comunca hippie. (Non sei que será peor, pero desde logo, se podo escoller, non escollo ningún). Encántame a segunda ironía de Toñito, moi extendida, si. A primeira é seguramente unha crenza habitual en todos os colexios privados: “xa que pagas, que che pasen as preguntas”, (aplastante).
O problema é que non hai colexios concertados “alternativos” (ós que tampouco levaría ós pequenos: os máis aproximados fan participar excesivamente ós pais )
Para comezar, pódese pedir ao goberno q denuncia do Concordato coa “Santa Sede” de Roma en
http://www.concordato.org/index.php
O lamentable para mín é que os promotores da manifestación conseguiron que só se falase dos curas e do maltratada que está a igrexa polos sociatas, un río revolto (crispación) no que o pp espera pescar e así reavivar a súa esperanza (católica) de reinstalarse na moncloa canto antes.
Así, con tantos altavoces e a ver quen fala máis alto e enche máis páxinas nos xornais, perdeuse de vista o máis alarmante: o estudio europeo segundo o cal os nosos estudiantes son burros como araos.
Tanto uns coma outros só saben do cálculo da rendabilidade electoral; con lous, loces, loes, logses e san dios bendito están conseguindo que os profesorees toleen e que os estudiantes sexan cada vez máis parvos.
Solución? Ningunha no horizonte.
Menos mal, peor sería que a houbera e non se nos ocurrira a nós
o peor de todo é que no medio de tanta bronca xa non se está a falar de relixión(s) si ou non na escola pública, o que parece que preocupa e CANTA
Agora imaxinemos o típico claustro dun colexio calquera máis o/a profe de relixión católica, o (aquí xa non poño o A) imán, máis o pastor
ou como se chamedos testigos de geová, outro dos adventistas do día que sexa, o dos pastafaris, etc.. ¿Isto pode ser posible ou é que o tabaco que estou fumando está caducado?